1315 [= RM 38,6]
Que adubastes, amigo, ala en Lug’u andastes

– Que adubastes, amigo, ala en Lug’u andastes,
ou qual é essa fremosa de que vos vós namorastes?
– Direi-vo-lo eu, senhora, pois m’én tan ben preguntastes:
o amor que eu levei de Santiago a Lugo,
esse me aduz, e esse mi adugo.
– Que adubastes, amigo, u tardastes noutro dia,
ou qual é essa fremosa que vos tan ben parecia?
– Direi-vo-lo [eu], senhora, pois i tomastes perfia:
o amor que eu levei [de Santiago a Lugo,
esse me aduz, e esse mi adugo].
– Que adubastes, amigo, lá u avedes tardado,
ou qual é essa fremosa de que sodes namorado?
– Direi-vo-lo eu, senhora, pois me avedes preguntado:
o amor que eu levei de [Santiago a Lugo,
esse me aduz, e esse mi adugo].
 
 
 
 
5
 
 
 
 
10
 
 
 
 
15

Manuscritos


B 1299, V 903

Edições


I. Edicións críticas: Nunes (1973 [1928]: 454-455); Toriello (1976: 112 [= LPGP 279]); Cohen (2003: 531); Littera (2016: I, 298).
II. Outras edicións: Monaci (1875: 307); Braga (1878: 169); Machado & Machado (1958: VI, 22); Vieira & Morán Cabanas & Souto Cabo (2015: 45); Cousillas Pena (2019: 51).
III. Antoloxías: Seoane (1941: 64); Nemésio (1961 [1949]: 213); Álvarez Blázquez (1975: 102); Landeira Yrago (1975: 204-205); Torres (1977: 279); Alvar & Beltrán (1989: 388); Pena (1990: 180); Jensen (1992: 106); Alonso Girgado (1992: 34); Ferreiro & Martínez Pereiro (1996a: 68).

Variantes manuscritas


1 Que] Q(e)ue B   2 vós] om. B   4 o amor] damor V; Lugo] lugu BV   5 aduz, e] adugu e BV; mi adugo] mħa dugo V   6 adubastes] adoubastes B   7 essa fremosa] esse fremossa B : essa fremossa V   9 o amor] E amor B : damor V   11 adubastes] adoubastes B; u] ou B   12 fremosa] fremossa V   14 o amor] E amor B : damor V

Variantes editoriais


En Nunes os versos do corpo da estrofa dívidense en heptasílabos graves.

2 vos vós] vós vos Nunes : vós vus Toriello   3 m’én] me Nunes, Toriello   5 me aduz, e] m’aduss’e Nunes : me aduss’e Toriello : mh adux’e Cohen : me aduga e Littera   6 adubastes] adoubastes Toriello   7 vos] vus Toriello   10 me adug’, e] m’aduss’e Nunes : me aduss’e Toriello : mh adux’e Cohen : me aduga e Littera   11 adubastes] adoubastes Toriello   13 me] m’ Nunes   15 me adug’, e] m’aduss’e Nunes : me aduss’e Toriello : mh adux’e Cohen : me aduga e Littera

Paráfrase


(I) –Que estivestes facendo, amigo, aló en Lugo, onde andastes, ou quen é esa fermosa de quen vós vos namorastes?
–Diréivolo eu, señora, pois sobre iso tan ben me preguntastes: o amor que eu levei de Santiago a Lugo, ese me trae (de volta), e ese traio comigo (de volta).

(II) –Que estivestes facendo, amigo, cando vos demorastes tanto o outro día, ou cal é esa muller que tan fermosa vos parecía? 
–Diréivolo eu, señora, pois porfiades niso: o amor que eu levei de Santiago a Lugo, ese me trae (de volta), e ese traio comigo (de volta).

(III) –Que estivestes facendo, amigo, aló onde tardastes, ou cal é esa muller fermosa de quen estades namorado? 
–Diréivolo eu, señora, xa que me preguntastes: o amor que eu levei de Santiago a Lugo, ese me trae (de volta), e ese traio comigo (de volta).

Métrica


Esquema métrico: 15’a 15’a 15’a 14’B 9’B (= RM 16:1)

Encontros vocálicos: 4 San·ti·a·go; 5 meaduz, miadugo; 9 San·ti·a·go; 10 meaduz, miadugo; 13 meavedes; 14 San·ti·a·go; 15 meaduz, miadugo

Notas


Texto
  • 2

    A secuencia manuscrita <uꝯ uos> (coa ausencia de <uos> en B) só permite unha lectura vos vós, tal como acontece sempre ao longo do corpus, onde sempre vai en primeiro lugar a forma átona (...de que vos vós namorastes).

  • 3

    O feminino analóxico senhora é aínda na lingua trobadoresca excepcional con relación á forma invariábel senhor, xa que só se atesta en Afonso Sanchez (383.27), Estevan Faian (402.16), Don Denis (551.24), Martin de Caldas (1211.9) e Gil Perez Conde (1546.23, 1547.16).

    Por outra parte, nalgúns editores (Nunes e Toriello nesta ocasión) percíbese unha certa resistencia a non recoñecer o pronome én na parte final de secuencias que deben ser segmentadas (véxanse, por exemplo, 37.28, 274.21 e 854.14). Cfr. nota a 37.28.

  • 4

    Alén dos nomes coa terminación en ditongo, é certamente extraordinaria a forma <lugu> Lugo en BV, coa confusión <u>/<o>, que ao longo dos cancioneiros só se rexistra como produto de erros gráficos: cuido <cuydu> B (115.17, 1626.5), vi-o <uyu> BV (943.9), amigo <amigu> B (1212.1), vivo <uiuu> B, <uyuu> V (1312.13), feito <feytu> BV (1400.18), vinho <uinhu> V (1682.8).

  • 5

    Todos os editores realizan emendas no texto do segundo verso do refrán, sen que ningunha delas sexa plenamente satisfactoria.

    O texto dos manuscritos remite para unha forma adug(a) do presente de subxuntivo, de modo que, no caso de o mantermos (esse me adug’, e esse mi adugo), o refrán habería que o interpretar do seguinte modo: ‘o amor que eu levei de Santiago a Lugo, ese (amor) eu traia, e ese (amor) eu traio’. Porén, non resulta convincente tal interpretación, e non por acaso a maioría dos editores (coa excepción de Littera, que interpreta a forma verbal como presente do indicativo) emendan <adugu> para a converter nunha forma de pretérito (adusse, en Nunes e Toriello; aduxe, en Cohen).

    Perante a necesidade dunha emenda, achamos que dous son os camiños máis xustificadamente acaídos para, a partir da lección dos manuscritos, acadar pleno sentido no refrán:

    a) considerar un erro <g>/<b> (que non achamos no corpus) na transmisión de adug(o), explicábel pola influencia do adugo final de verso, que xustificaría tamén a acomodación con <u> perante a vogal palatal: adub’e ... adugo > adugu’e ... adugo (‘o amor que eu levei de Santiago a Lugo, / ese (é o que) trato, e ese (é o que) traio comigo’):
              o amor que eu levei de Santiago a Lugo
              esse me adub’, e esse mi adugo.

    Así, o amigo respondería directamente á pregunta formulada pola amiga no primeiro verso da estrofa.

    b) a hipótese máis económica talvez sexa que considerar que houbo un erro de copia <adug> por <aduz> que orixinase a posterior grafía <adugu> seguido da vogal palatal, inducida polo final adugo (‘o amor que levei de Santiago a Lugo me trae de volta, e esse amor eu traio de volta’):
              o amor que eu levei de Santiago a Lugo
              esse me aduz, e esse mi adugo.

    A confusión <g>/<z> podemos documentala en B e V ao longo do corpus: azemela <azemela> B, <agemela> V (876.6); prazer <prager> B, <prazer> V (877.12); diz o <dizo> B, <digo> V (1156.14); narizes <narizes> B, <narig̃s> V (1471.8).

Procurar
    Não foram encontrados resultados