989 [= RM 120,41]
Que ben se soub’acompanhar

Que ben se soub’acompanhar
Nostro Senhor esta sazon,
que filhou tan bon companhon,
de qual vos eu quero contar:
rei Don Fernando, tan de prez,
que tanto ben no mundo fez
e que conquis de mar a mar!
Tal companhon foi Deus filhar
no bon rei, a que Deus perdon,
que ja máis non disse de non
a nulh’ome por lh’algo dar
e que sempre fez o melhor:
por én xo quis Nostro Senhor
põer consigo par a par!
E quant’ome en el máis falar
tant’achará melhor razon,
ca dos reis que foron nen son
no mundo, por bon prez guaanhar,
este rei foi o melhor rei,
que soub’eixalçar nossa lei
e a dos mouros abaixar.
Mais, u Deus pera sí levar
quis o bon rei i, log’enton
se nembrou de nós, poi-lo bon
rei Don Afonso nos foi dar
por senhor; e ben nos cobrou,
ca, se nos bon senhor levou,
mui bon senhor nos foi leixar.
E Deus bon senhor nos levou,
mais, pois nos tan bon rei leixou,
non nos devemos a queixar.
Mais façamos tal oraçon:
que Deus, que prês mort’e paixon,
o mande muito ben reinar.
Amen! Alleluya!
 
 
 
 
5
 
 
 
 
10
 
 
 
 
15
 
 
 
 
20
 
 
 
 
25
 
 
 
 
30
 
 
 
 
35

Manuscritos


B 986, V 574

Ediciones


I. Edicións críticas: Michaëlis (1990 [1904]: 898-899); Panunzio (1992 [1967]: 116-117 [= LPGP 785-786]); Littera (2016: II, 291-292).
II. Outras edicións: Monaci (1875: 206); Braga (1878: 110); Machado & Machado (1953: IV, 369-371); Fernández Pousa (1956: 815-816); Juárez Blanquer (1988: 156-157).
III. Antoloxías: De la Iglesia (1886: II, 217-218); Tavares (1943 [1923]: 64-65); Nemésio (1961 [1949]: 67-68); Oliveira & Machado (1959: 77-78); Álvarez Blázquez (1975: 46-47); Torres (1977: 392-393); Dobarro Paz et alii (1987: 40); Alvar & Beltrán (1989: 161-162); Sansone (1990: 162-164); Jensen (1992: 298-300); Mongelli & Maleval & Vieira (1995: 104); Alvar & Talens (2009: 412-414).

Variantes manuscritas


6 no] nō V   9 no] Non B   11 lh’algo] lalgo B   16 tant’] Cant B : cāc V   18 guaanhar] guaa\n/har V   20 eixalçar] eyxalzar V; nossa lei] anossa ley BV   24 nembrou] nebrou V; nós] uos B   25 Afonso] Alfonsso B   26 nos] uꝯ V   27 nos] uꝯ B   28 nos] uꝯ B   29 Deus] des V   30 leixou] lexou B; nos] uꝯ BV   32 façamos] fazamus V   33 prês] prez B

Variantes editoriales


4 vos] vus Michaëlis, Panunzio   11 ome] omen Michaëlis : om[e] Panunzio, Littera   15 ome] om(e) Michaëlis; el] ele Littera   17 dos] dus Panunzio   18 guaanhar] ganhar Littera   21 dos mouros] dus mourus Panunzio   25 Afonso nos] Affonso nus Michaëlis : Alfonsso nus Panunzio   26 nos] nus Michaëlis, Panunzio   27 nos] nus Michaëlis, Panunzio   28 nos] nus Michaëlis, Panunzio   29 nos] nus Michaëlis, Panunzio   30 nos] nus Michaëlis, Panunzio; leixou] lexou Panunzio   31 nos] nus Michaëlis, Panunzio; devemos] devemus Panunzio   32 façamos] façamus Michaëlis, Panunzio   33 prês] prez Panunzio

Paráfrasis


(I) Que ben se soubo acompañar Noso Señor esta vez, que tomou tan bo compañeiro, do cal vos quero eu contar: o rei Don Fernando, con tanto prez, que tanto ben fixo no mundo e que conquistou de mar a mar.
(II) Tal compañeiro foi Deus encontrar no bo rei, a quen Deus perdoe, que xamais dixo que non a ninguén (á hora de) lle dar algo e que sempre fixo o mellor: por iso o quixo Noso Señor pór consigo ao seu carón.
(III) E canto máis alguén falar del tanto mellor razón achará (para o facer), pois dos reis que houbo e hai no mundo, por gañar boa fama, este foi o mellor rei, que soubo enxalzar a nosa fe e abaixar a dos mouros.
(IV) Mais cando Deus quixo levar o bo rei para xunto de si, alí mesmo se lembrou entón de nós, porque o bo rei don Afonso nos foi dar por señor; e ben nos compensou, pois se nos bo señor levou, moi bo señor nos foi deixar.
(1) E Deus bo señor nos levou, mais, pois nos tan bo rei deixou, non nos debemos queixar.
(2) Mais fagamos tal oración: que Deus, que sufriu morte e martirio, o mande moi ben reinar.
(3) Amén! Aleluia! 

Métrica


Esquema métrico: 4 x 8a 8b 8b 8a 8c 8c 8a (= RM 161:272) + 8c 8c 8a + 8b 8b 8a + 5’d

Encontros vocálicos: 15 omeen; 18 gua͜a·nhar

Notas


Texto
  • *

    Esta composición constitúe outra mostra de pranto, un subxénero pouco representado na nosa escola, con só seis composicións, das cales cinco, unha delas paródica, son da autoría de Pero da Ponte e a sexta pertence ao xograr Joan, morador en Leon. O presente texto é un laio pola morte de Fernando III, o pai de Afonso X (véxase o seu louvor na cantiga 987).

  • 3

    A voz companhon, en claro retroceso na Idade Media, aínda aparece de novo no v. 8, e tamén noutras dúas cantigas (493.16, 1489.21); porén, xa companheiro/-a se rexistra noutras dúas cantigas (480.21, 1477.4 e 15). Neste sentido, os datos subministrados polo CGPA van na mesma dirección, cunha presenza de companhon ~ compannon ~ companon que chega a inicios do século XIV mais que non ultrapasa esa cronoloxía, en face do companheiro/a que vai ocupando o seu lugar.

  • 5-7

    Esta composición reitera a idea das conquistas do rei Fernando III de mar a mar:

    rei Don Fernando, bon rei que conquis
    terra de mouros ben de mar a mar (987.56).

    A mesma expresión adverbial de mar a mar (véxanse diversas atestacións desta expresión no CGPA, s.v.) reaparece agora nesta composición por mor dos mesmos feitos históricos:

    rei Don Fernando, tan de prez,
    que tanto ben no mundo fez
    e que conquis de mar a mar.

    Tamén, de maneira máis xeral, nunha cantiga de amigo de Lopo (Polo meu mal filhou-[s’ora] el-rei / de mar a mar 1265.1). Endebén, a formulación concreta de Pero da Ponte cando fala do «bon rei que conquis / terra de mouros ben de mar a mar» pode acharse en obras cronísticas nos capítulos dedicados a Fernando III. Así, na Crónica Geral d’Espanha de 1344, rexístrase o seguinte parlamento do rei Fernando III a seu fillo, o futuro Afonso X:

    Filho, rico ficas de terra e de muitos bõos vassalos mais que rey que na cristaindade aja: trabalha por seeres bõo cavaleiro e esforçado, ca ben teens con que. Senhor te leixo de toda a terra, des o grande mar Oceano ataa o mar Mediterreno, assi como a perdeo el rey Rodrigo (Cintra 1990: IV, 494).

  • 10

    A construción dizer de non ‘negar’, en que de cumpre a función da conxunción que, aparece esporadicamente no corpus profano (153.11, 328.4, 400.3, 536.10, 759.8, 971.26, 1420.3, 1488.9, 1636.13 e 1648.16-17).

  • 20

    Nótese a presenza da voz eixalçar, sen máis documentación no corpus das cantigas, mais que convive coas solucións exalçar e mais enxalçar na produción medieval (cfr. CGPA, s.v. exalçar ~ eixalçar ~ enxalçar), en liña coa concorrencia de exerdado ~ eixerdado ~ enxerdado nas cantigas profanas (véxase Ferreiro 1999 [1995]: §§25d.2, 95b).

    Co artigo de a nossa lei o verso resulta hipermétrico: é por isto que semella axeitada a expunción do mesmo, como noutras pasaxes do corpus en que a súa presenza é claramente espuria, pois son casos de estruturas paralelísticas ou de repetición do refrán. Véxanse, por exemplo, 943.17 (V vs. B), 1081.5 (BV) ou 1298.4 (BV).
    A nossa lei é a (nosa) ‘relixión’ (isto é, a cristiá), voz tamén utilizada na outra composición de Pero da Ponte dedicada a Fernando III:
              e máis vos dig’: en todas tres-las leis,
              quantas conquistas foron d’outros rei[s],
              apos Sevilha todo non foi ren! (987.19).

  • 22-34

    Estes versos constitúen unha louvanza de Afonso X (cfr. rei Don Afonso, v. 25), o herdeiro de Fernando III.

  • 23

    A puntuación de Littera é diverxente, pois liga sintacticamente i á expresión adverbial log’enton, cunha inusual presenza do adverbio após unha pausa sintáctica:
              Mais u Deus pera si levar
              quis o bom rei, i log’entom
              se nembrou de nós, ...

  • 30

    A lección <lexou> de B constitúe un lapso de copia, como demostra a correcta lección <leixou> de V, o mesmo que ocorre noutras pasaxes, pois le[i]xar e que[i]xar, con aparente absorción da vogal palatal por parte de /ʃ/, son certamente esporádicas no corpus (só en 38.6; 371.27; 637.1, 721.1, 791.6, 1319.3, 7 e 14; 1547.20), e son produto de omisións por parte dos copistas: <quexume> A, <queixume> B queixume (238.3); <lexedes> A, <leixedes> BV leixedes (387.9); <quexume> B, <queixume> V queixum’e (785.2); <lexou> B, <leixou> V leixou (989.30); <lexou> B, <leyxou> V leixou (1319.7); <lexad> B, <leixad> V leixad[e] (1365.2).

  • 32

    A aparición da grafía -us (<fazamus>) en voces diversas no Cancioneiro da Vaticana aparece case exclusivamente en formas verbais de P4 e nomes masculinos plurais. A súa esporádica presenza, limitada aos apógrafos italianos en xeral –a V partirculamente–, mostra que é produto do desenvolvemento da abreviatura <9> en posición final, abreviatura herdada do latín, onde funcionaba como desinencia de nominativo nos nomes da segunda declinación, rematados en -us.

  • 32-33

    A fórmula de chamada á oración está presente tamén con variacións na cantiga seguinte de Pero da Ponte, tamén do xénero do pranto. Neste caso, chamada a pedir pola persoa que sucede no trono ao defunto, para que sexa favorecida e guiada por Deus no exercicio do seu poder. No caso da cantiga 990 para que salve a súa alma:
              Mais façamos tal oraçon:
              que Deus, que prês mort’e paixon,
              o salve, que én poder á (990.23-25).

  • 33

    Nótese a confusión gráfica de B (<prez>), ás veces presente en voces que poden sofrer contaminación gráfica (ou, quizais, fónica), do tipo fis / fiz etc.

  • 35

    Esta peculiar fiinda exemplifica o emprego de fórmulas latinas “sin mayor justificación que el ornato, o la ósmosis del prestigio de la lengua litúrgica” (Díez de Bustamante 2005: 406).

Buscar
    Sin resultados