599 [= RM 25,91]
Que coita ouvestes, madr’e senhor

Que coita ouvestes, madr’e senhor,
de me guardar que non possa veer
meu amig’e meu ben e meu prazer!
Mais, se eu posso, par Nostro Senhor,
que o veja e lhi possa falar,
guisar-lho-ei, e pes a quen pesar.
Vós fezestes todo vosso poder,
madr’e senhor, de me guardar que non
visse meu amig’e meu coraçon;
mais, se eu posso, a todo meu poder,
que o veja e lhi possa falar,
[guisar-lho-ei, e pes a quen pesar].
Mia morte quisestes, madr’, e non al,
quand’aguisastes que per nulha ren
eu non viss’o meu amig’e meu ben;
mais, se eu posso, u non pod’aver al,
que o veja e lhi possa falar,
[guisar-lho-ei, e pes a quen pesar].
E, se eu, madr’, esto poss’acabar,
o al passe como poder passar.
 
 
 
 
5
 
 
 
 
10
 
 
 
 
15
 
 
 
 
20

Manuscrits


B 582, V 185

Éditions


I. Edicións críticas: Lang (1972 [1894]: 86 [= LPGP 219]); Nunes (1973 [1928]: 34-35); Cohen (2003: 618); Littera (2016: I, 229-230).
II. Outras edicións: Moura (1847: 163-164); Monaci (1875: 74); Braga (1878: 37); Machado & Machado (1952: III, 215-216); Cohen (1987: 80-81); Júdice (1997: 42); Montero Santalha (2004).
III. Antoloxías: Tavares (1943 [1923]: 48); Oliveira & Machado (1959: 123); Tavares (1961: 43-44).

Variantes manuscrites


5 falar] falhar V   6 guisar-lho-ei] guisarlhey V   11 o] om. B   13 Mia] M\h/a B   14 quand’] quant V   19 madr’, esto] madrstro V   20 passe] posse B

Variantes éditoriales


13 quisestes, madr’, e] quizestes, madre, Lang

Paraphrase


(I) Que coidado tivestes, nai e señora, de me vixiar para que non poida ver o meu amigo e meu ben e meu pracer! Mais, se eu podo, por Noso Señor, arranxareillo para que eu o vexa e lle poida falar, e péselle a quen lle pesar.

(II) Vós fixestes todo canto puidestes, nai e señora, para impedir que vise o meu amigo e meu corazón; mais se eu podo, con todo o meu empeño, arranxareillo para que eu o vexa e lle poida falar, e péselle a quen lle pesar.

(III) A miña morte quixestes, madre, e non outra cousa, cando dispuxestes que por nada do mundo eu vise o meu amigo e meu ben; mais, se eu podo, e nada poderá impedilo, arranxareillo para que eu o vexa e lle poida falar, e péselle a quen lle pesar.

(1) E se eu, madre, podo levar isto a cabo, o resto que pase como puider pasar.

Métrique


Esquema métrico: 3 x 10a 10b 10b 10a 10C 10C + 10c 10c (= RM 160:27)

Encontros vocálicos: 10 posso,a; 16 posso,u

Notes


Texte
  • 3

    Os termos da referencia tripartida para aludir ao amigo (meu amig’e meu ben e meu prazer), xunto coa fórmula de Joan Airas (Meu amig’e meu ben e meu amor; 1050.1), sobrancean no corpus trobadoresco, onde a fórmula dominante é meu amig’e meu lum’e meu ben (693.3, 823.1, 1043.10, 1195.20, 1220.r1, 1265.7).

  • 5

    Fronte á moi rara grafía <nh> por <n> (véxase nota a 1015.7), o erro gráfico <lh>/<l> aparece con algunha frecuencia ao longo dos dous cancioneiros italianos apógrafos (con maior incidencia en V), e moi especialmente nun pequeno número de voces: ali <ali> A, <alhi> B (313.10); <alhy> B (466.19); <a(lhy)ly> B, <aly> V (1317.15); <aly> B, <alhy> V (1473.15); <ali> B, <alhi> V (1479.3); o pronome persoal tónico de P3: eles <elhes> B, <elles> V (489.17); ela <elha> B, <ela> V (632.18); elas <elhas> BV (1205.7); elos <elhꝯ> BV (1205.10); o verbo falar, con diversas flexións: falar <falar> B, <falhar> V (599.5); <falar> AB, <falhar> V (996.17); <falhar> V (1010.13); <falar> B, <falhar> V (1033.7); fala <fala> B, <falha> V (958.19); fale <fale> B, <falhe> V (722.11); e no substantivo vassalo(s): <uassalos> B, <uassalhos> V (925.13); <vassalo> B, <ua ssalho> V (1503.10). Noutros vocábulos, a aparición de <lh> por <l> é moito máis esporádica: ala <alha> B, <ela> V (1252.27); camela <camelha> V (1449.16); olas <olhas> B, <olas> V (1634.8); velida <uolhi da> BV (676.12) etc.

  • 16

    A frase formularia u non pod’aver al ‘sen dúbida, certamente’ (tamén en 597.13 e 724.3) utiliza o complexo verbal pod’aver a diferenza doutras alternativas textuais construídas arredor de aver (u al non á, non á i al etc.) ou jazer (u non jaz al, u al non jaz). Véxase nota a 25.11.

Rechercher
    Aucun résultat trouvé

    Nous utilisons des cookies de tiers à des fins analytiques pour pouvoir connaître les habitudes de navigation (par exemple, les pages visitées). N'oubliez pas que si vous acceptez les cookies de tiers, vous devrez les exclure des options de votre navigateur ou du système proposé par des tiers.
    Cliquez sur le bouton correspondant pour accepter ou rejeter les cookies :

    ParamètresAccepter