1025 [= Tav 63,65]
Queixos’andades, amigo, d’Amor

Queixos’andades, amigo, d’Amor
e de mí, que vos non posso fazer
ben, ca non ei sen meu dan’én poder;
e por én guise-mi-o Nostro Senhor
que vos faça eu ben en guisa tal
que seja vosso ben e non meu mal.
Queixades-vos que sempre fostes meu,
amig’, e vos leixo por mí morrer;
mais dizede-mi como vos valer
possa sen meu dan’e guisa-lo eu
que vos faça eu ben en guisa tal
[que seja vosso ben e non meu mal].
Sõo guardada como outra molher
non foi, amigo, nen á de seer,
ca vos non ous’a falar nen veer;
e por én guise-mi-o Deus, se quiser,
que vos faça [eu ben en guisa tal
que seja vosso ben e non meu mal].
 
 
 
 
5
 
 
 
 
10
 
 
 
 
15
 
 
 

Manuscritos


B 1021, V 611

Ediciones


I. Edicións críticas: Nunes (1973 [1928]: 270-271); Rodríguez (1980: 192 [= LPGP 402]); Cohen (2003: 554); Littera (2016: I, 450-451).
II. Outras edicións: Monaci (1875: 218); Braga (1878: 117); Machado & Machado (1956: V, 14-15); Fernández Pousa (1959: 244).
III. Antoloxías: Ferreiro & Martínez Pereiro (1996a: 84).

Variantes manuscritas


5 faça] faca B : faza V   8 morrer] moirer B   10 meu] men B   13 Sõo] Sc̄o B   16 én] eu B   17 faça] faca B

Variantes editoriales


1 Amor] amor Littera   7-8 fostes meu, / amig’] fostes meu / amigu’ Nunes

Paráfrasis


(I) Andades queixoso, amigo, de Amor e de min, que non vos podo facer ben, pois non teño poder para iso sen dano para min; e por iso que Noso Señor me dispoña que vos faga eu ben de tal maneira que sexa o voso ben e non (sexa) o meu mal.
(II) Queixádesvos de que sempre fostes meu (servidor), amigo, e que vos deixo morrer por min; mais dicídeme como vos podo socorrer sen dano para min e (como podo) eu arranxar que vos faga eu ben de tal maneira que sexa o voso ben e non (sexa) o meu mal.
(III) Estou vixiada, amigo, como outra muller nunca estivo nin ha de estar, pois non me atrevo a vos falar nin a vos ver; e por iso, Deus me dispoña, se quixer, que vos faga eu ben de tal maneira que sexa o voso ben e non (sexa) o meu mal.

Métrica


Esquema métrico: 3 x 10a 10b 10b 10a 10C 10C (= Tav 160:94)

Encontros vocálicos: 4 -mi͜-o; 13 como‿outra; 16 -mi͜-o

Notas


Texto
  • 7

    Nótese como a amiga expresa directa ou indirectamente ‘posesión’ do amigo (ja todas saben que sodes meu), dun modo similar a diversas formulacións que aparecen noutras cantigas: 744 (Afonso Meendez de Beesteiros), 1004 (Roi Martiinz d’Ulveira), 1008 (Joan Airas), 1012 (Joan Airas), 1024 (Joan Airas), 1098 (Pedr’Amigo de Sevilha), 1192 (Juião Bolseiro). Na realidade, a composición trata o mesmo motivo que noutra cantiga do mesmo autor, mais desde unha diferente perspectiva narratolóxica, pois naquel caso a namorada diríxese á amiga confidente para lle falar das queixas do amigo:

    Queixa-s’el e diz que sempre foi meu/
    e diz gran dereito, ... (1024.13-14).

    Neste sentido, a edición de Nunes presenta unha diferente interpretación ao estabelecer o sintagma meu amigo, sen considerar a existencia dun vocativo: ‘Queixádesvos que sempre fostes meu / amigo, e déixovos morrer por min...’. A mesma cuestión interpretativo-editorial pode verse en 1012.7: Pero que vos [c]hamades meu, / amigo, non soubestes ren / quando me levaron d’aquen.

  • 9-10

    A elipse do verbo poder pode escurecer a comprensión da pasaxe: «mais dizede-mi como vos possa valer sen meu dan’e [como vos possa] guisa-lo eu que vos faça...».

  • 15

    Na lingua trobadoresca o verbo ousar aparece en complexos verbais (ousar + infinitivo) mais tamén en estruturas equivalentes coa preposición a como nexo (véxase tamén 167.11, 293.5, 373.6, 448.8, 553.1 e 11, 602.3, 882.28, 1468.6). Cfr. nota a 3.17.

Buscar
    Sin resultados