104 [= RM 104,5]
Quer’eu agora ja dizer

Quer’eu agora ja dizer
o que nunc’a dizer cuidei,
con sanha, porque moir’assi
e porque me vejo perder:
e que mi val d’assi morrer?
Nulh’omen non se dol de mí
nen sab’a coita que eu ei,
nen a dig’eu a mia senhor!
Provar quer’eu de lho dizer
a mia senhor aqueste ben
que lhi quer’e que non á par,
camanho [lhe] posso querer:
pero que sén cuid’a fazer
por en tan gran vergonha entrar,
de lh’aver [r]en a dizer én
quand’eu ant’os seus olhos for?
E[n] mui gran coita per-serei
u lh’eu ma fazenda disser
e m’ela dos olhos catar:
Nostro Senhor, e que farei?
Conselho no’me saberei
con medo de xi m’assanhar;
pero faça como quiser,
ca máis non o[u]s’assi viver.
Mui sen ventura per-serei
se lho agora ja negar,
pois vejo que moiro d’amor:
e máis por que lho negarei
ou que é o que temerei?
Ca ja me non pode maior
mal fazer, nen se me matar,
daqueste que me faz aver.
Todo o mund’eu leixarei
e perder-m’-ei, u non á al,
se m’ela de sí alongar.
 
 
 
 
5
 
 
 
 
10
 
 
 
 
15
 
 
 
 
20
 
 
 
 
25
 
 
 
 
30
 
 
 
 
35

Manuscrits


B 131

Éditions


I. Edicións críticas: Michaëlis (1990 [1904]: I, 756-757 [= LPGP 678]); Littera (2016: II, 166-167); González (2018: 103).
II. Outras edicións: Molteni (1880: 48-49); Machado & Machado (1949: I, 186-188); Rios Milhám (2017: I, 104).

Variantes manuscrites


5 morrer] moirer B; Nulh’omen] Nullomen B   15 aver [r]en] au’em B   18 u] He u B   21 saberei] saberer B   24 o[u]s’] oss B

Variantes éditoriales


2 nunc’a] nunca Michaëlis, Littera, González   12 [lhe]] [lh’o] Michaëlis   14 vergonha entrar] vergonh(a) entrar Michaëlis : vergonh’entrar Littera   15 de lh’averen a dizer én Michaëlis : de lhi haver a dizer en Littera : de lh’aver én a dizer [r]en González   18 u] se Michaëlis, Littera; ma] m[i]a Littera   21 no’me] non me Michaëlis, González : nom me Littera   28 máis] mais González

Paraphrase


(I) Quero eu dicir agora xa, con ira, o que nunca pensei dicir, porque me vexo así morrer e porque me vexo perder: e de que me vale morrer así? Ninguén se apiada de min nin sabe a coita que eu teño, nin eu a digo á miña señora!

(II) Quero eu probar a dicir á miña señora o moito que a amo e que non ten par, tanto a podo querer: mais coido realmente facer algo asisado ao ter que me pór na vergoña de lle deber falar diso cando estiver ante os seus ollos?

(III) Caerei nunha gran coita cando eu lle fale dos meus sentimentos por ela e ela me fite cos seus ollos: Noso Señor, e que farei? Non saberei como actuar por medo a que se asañe comigo; mais que faga como quixer, pois eu non me atrevo a vivir máis así.

(IV) Moi infeliz serei se llo agora ocultar, pois vexo que morro de amor: e mais por que llo hei de ocultar ou que é o que hei de temer? Porque xa non me pode facer un mal maior, aínda que me matase, deste que me fai sufrir.

(1) O mundo todo abandonarei e estarei condenado, sen remedio, se ela de si me afastar.

Métrique


Esquema métrico: 4 x 8a 8b 8c 8a 8a 8c 8b 8d + 8a 8b 8b (= RM 209:1)

Encontros vocálicos: 14 vergonhaentrar

Notes


Texte
  • 1-3

    Con sanha (v. 3) está deslocado e provoca un hipérbato no período: ‘Quer’eu agora ja dizer con sanha o que nunca cuidei a dizer’.

  • 2

    A diferenza de Michaëlis, Littera e González, segmentamos a preposición a en nunca como elemento que liga cuidar co infinitivo, dado que esta é  a construción maioritaria na lingua trobadoresca.

  • 6

    A utilización da grafía <ll> (vs. <lh>) de B para a lateral palatal sonora no corpus das cantigas só se rexistra esporadicamente nos cancioneiros apógrafos italianos no indefinido nulho/a; noutras voces a súa aparición é un fenómeno extraordinario, pois só se rexistran cinco ocorrencias dese tipo. Cfr. nota a 199.33.

    A forma verbal dol é P3 do presente de indicativo de doer (< dolet), con evolución fonética regular (cfr. outras formas verbais como sal, fer, quer etc.; véxase Ferreiro 1999: §180a). Modernamente foi regularizada (doe ~ doi) conforme o paradigma xeral do verbo. Cfr. nota a 485.9, 1540.3.

  • 12

    A voz camanho, que ten un significado conforme á súa orixe no lat. quam magnum ‘que grande, tan grande’, funciona como un adxectivo cualificativo na lingua medieval, e nunha ocasión forma estrutura correlativa con tamanho (< tam magnum):

    Non creo que tamanho ben
    mi vós podessedes querer
    camanh’a mí ides dizer (594.7-9).

  • 15

    Dado que o protagonista é o suxeito, parece obvia a necesidade de emendar a lección do manuscrito na dirección tomada por González, que xustifica abondosamente a corrección; nese sentido apunta tamén o texto proposto por Littera, cun insólito hiato lhi | haver. Porén, coidamos que é preferíbel respectar a crase lh’aver e mais a palabra rimante én para evitar a presenza desta variante apocopada de ende perante vogal, feito inusual no corpus (véxase nota a 93.8), ao tempo que se introduce ren nun contexto paleograficamente tamén xustificado.

  • 18

    Eis outra pasaxe máis dos apógrafos italianos coa presenza espuria da forma verbal é, que tamén debe ser expunxida en 830.9, mellor solución do que a emenda michaëliana (seguida máis unha vez en Littera).
    Neste verso e mais en 465.2 aparecen as dúas únicas ocorrencias da forma feminina reducida ma do posesivo mia, en liña con ta (que non se atesta no corpus trobadoresco profano) e sa (moi frecuente). Véxase nota a 609.1.

  • 21

    Nos textos transmitidos por A é frecuente a asimilación do adverbio non co pronome me ~ mi (> no’me ~ no’mi; cfr. a evolución regular -nm->-m-), face a BV que, en xeral, presentan a lección non me ~ non mi con manutención da integridade morfolóxica do adverbio negativo (66.13, 90.9, 223.r2, 239.7, 243.14, 258.9, 283.10, 285.13, 421.5, 423.20, 430.8). Na realidade, nos apógrafos italianos só se rexistra en tres ocasións (906.12 e 1482.5). A diferenza dos demais editores, mantemos tal asimilación, que chega até hoxe (Ferreiro 1999: §101c).

  • 28

    En González máis é explicitamente interpretado como conxunción copulativa, a facer parte da locución e mais, moi frecuente no galego moderno. Porén, preferimos considerar máis como adverbio de cantidade antecipado por hipérbato; isto é: ‘e por que lho negarei máis / ou que é o que temerei?’ (cfr. nota a 105.2-3). De feito, non achamos documentación firme para e mais, locución conxuntiva de carácter copulativo, nos textos do período trobadoresco, por máis que se rexistre algunha ocorrencia tardía, sempre en período postrobadoresco. Así, por exemplo, en territorio galego (cfr. TMILG, s.v.):

    Et eles por lo acõpanar et mais por amor de Santiago, leuarõ cõsigo et dauãlle o que avia mester (Miragres de Santiago).

    E no alén-Miño, véxase a Crónica de Dom Pedro I de Fernão Lopes (cfr. CGPA, s.v.):

    primeiramente que lhe emtregasse aquel cavalleiro, pera del fazer justiça omde el quizesse, e que lamçasse fora do reino o Iffante Dom Fernando marques de Tortosa seu irmaão, e mais Dom Anrrique, e todollos outros que veherom em ajuda da guerra, e que lhe desse os castellos Douriolla e Alicamte, e outros logares que forom de Castella amtiigamente, e mais por as despesas que fezera na guerra lhe tornasse quinhemtos mil floriins.

  • 34

    Obsérvese a frase formularia u non á al, variante de u al non á ‘certamente, sen dúbida’ (25.11, 170.23, 358.27, 685.10, 1017.2 e 1231.21) concorre con outras variantes ao longo do corpus, co mesmo verbo aver (non á i al etc.) ou co verbo jazer (u non jaz al ~ u al non jaz). Idéntico comentario pode facerse para as Cantigas de Santa Maria, en que se detectan os mesmos grupos fraseolóxicos (u al non averá ~ u non averá al, u al non jaz, u non aja al, u non ouvess’al, u outra ren non jaz etc.; véxase Mettmann 1959-1972: IV, s.v. al, aver, jazer, u). Véxase nota a 597.13.

  • 34-35

    Nestes dous versos aparece a nivelación /l/:/ɾ/ na rima al - alongar (retomando a rima -ar da estrofa anterior), en liña con moitas outras ocorrencias desta equivalencia. Véxase 144.1-6 (amar : al), 541.2-3 (amor : frol), 971.17-21 (souber : segrel), 975.12-21 (amar : dar : al : val), 1202.9-10 (atal : guaanhar), 1207.1-2 (bailar : brial), 1207.11-12 (brial : pesar), 1207.16-17 (vestir : min)1 1292.r1-r3 (Soveral : estar : Soveral), 1356.1-2 (Natal : dar), 1359.2-6 (cantar : mal : brial), 1369.2-8 (Soveral : atal : falar : Corral), 1379.8-10 (mal : Albar- : tal), 1430.12-13 (priol : melhor), 1495.5-6 (segrel : molher), 1507.13-17 (dar : ferrar : lamaçal : ar), 1515.1-7 (rascar : pesar : Juncal), 1519.8-14 (maenfestar : mal : maenfestar), 1519.15-24 (falar : cuidar : falar : val), 1533.15-18 (disser : segrel), 1534.7-12 (segrel : quiser), 1659.12-13 (taful : algur), 1616.2-4 (Elvas : ervas), 1617.8-12 (cervas : Elvas : relvas), 1617.32-36 (ervas : Elvas : relvas), 1664.9-11 (segrel : mester), 1659.12-13 (taful : algur). Cfr. notas a 206.4-6, 383.19-20, 427.5-6, 453.5-6, 698.5-6 e 877.1-7.

  1. ^

    A equivalencia acústica /l/:/n/ é similar a /l/:/ɾ/, todas elas consoantes líquidas.

Rechercher
    Aucun résultat trouvé