I. Edicións críticas: Nunes (1972 [1932]: 450-451 [= LPGP 801]); Reali (1964: 77); Fernández Campo (2012: 89); Littera (2016: II, 320).
II. Outras edicións: Monaci (1875: 238); Braga (1878: 129); Machado & Machado (1956: V, 112).
III. Antoloxías: Torres (1977: 82); Ferreiro & Martínez Pereiro (1996b: 183); Ferreiro (2023a: 29).
5 en ... en] eu ... eu B 7 Santa] sancta V 8 no coraçon] eno coracon B : e no coraçō V 10 morrer] moirer B 11 en] eu B : e V 13 querria] queiria B : q̅irya V 14 com’eu] cōmen B 15 seria] serai V 17 en] eu B
2 vos] vus Reali 8 ca] que Reali; no] eno Reali, Fernández Campo 13 ja [a] morte] ja [mha] morte Nunes : ja morte Fernández Campo : já [mia] morte Littera 17 cuidand’] cuydando Reali 20 per] por Nunes, Reali
(I) Señora fermosa, desde aquel día en que vos vin por vez primeira, desde entón nunca durmín como antes durmía nin tampouco estiven ledo, e vede por que non: pensando en vós, e non noutra cousa, e desexando sempre o voso ben.
(II) E Deus sabe, e Santa María, que eu non amo tanto ningunha outra cousa no meu corazón como vos amo a vós, nin tampouco podería, e se morro por iso farei ben pensando en vós, e non noutra cousa, e desexando sempre o voso ben.
(III) E antes querería eu xa a morte que vivir como eu vivo desde hai moito tempo, e a miña morte mellor me sería que vivir máis, así Deus me perdoe, pensando en vós, e non noutra cousa, e desexando sempre o voso ben, (1) porque vós sodes a miña coita e o meu ben, e por vós teño canta coita me vén.
Esquema métrico: 3 x 9’a 10b 9’a 10b 10C 10C (= RM 99:41) + 10c 10c
O verso, tal como foi transmitido por BV, é hipermétrico a partir da presenza de eno (coraçon). Ora ben, os datos tirados dos erros e da variación nos cancioneiros mostran como a aglutinación eno debe ser emendada para no. Por unha banda, son varias as pasaxes en que se detecta a mesma confusión (16.4, 99.18, 1588.20 etc.), mesmo en contextos en que non pode existir dúbida sobre tal emenda: a repetición paralelística en 813.11 esixe a emenda das leccións <ēno> B, <enō> V para no (Briosas van no navio). Por outra parte, a concorrencia (inversa) das leccións <eno> A / <no> B é frecuente ao longo do corpus: 66.9, 164.12, 227.4, 278.21, 355.8.
O pronome persoal oblicuo vós, tónico, aparece como complemento directo sen preposición (amo vós), construción frecuente na lírica trobadoresca.
Existen dúas posibilidades de puntuación neste verso, de modo que por én pode ser ligado a morrer (Nunes, Fernández Campo) ou a farei razón (Reali). Os datos do corpus levan á primeira posibilidade:
e, se morrer por én, gran dereit’é (807.10);
se eu a molher oje quero ben
senon a vós, quero morrer por én (938.r2);ouvi a morrer por én,
cuidand’, amiga, qual era melhor (943.10) etc.
A restauración do artigo de morte, omitido na copia por contigüidade (ja [a] morte), aparece como posesivo en Nunes e Littera (ja [mha] morte) e foi directamente omitido na edición de Fernández Campo.
A forma <cõmo> de B, mostra un formato latinizante que aparece esporadicamente nesta conxunción nos apógrafos italianos, mais que é moi frecuente na prosa galego-portuguesa. Véxase nota a 63.2.