536 [= RM 25,116]
Senhor fremosa, por qual vos Deus fez

Senhor fremosa, por qual vos Deus fez
e por quanto ben en vós quis poer,
se m’agora quisessedes dizer
o que vos ja preguntei outra vez,
tenho que mi fariades gran ben
de mi dizerdes quanto mal mi ven
por vós, se vos éste loor ou prez,
ca, se vos fosse ou prez ou loor,
de me matardes seria razon,
e non diria eu por én de non;
mais d’atanto seede sabedor:
que nen un prez nen loor non vos é,
ant’errades muito, per bõa fe,
de me matardes, fremosa senhor.
E saben quantos saben vós e min
que nunca cousa come vós amei;
des i, saben que nunca vos errei
[e] er saben que sempre vos servi
o melhor que pud’e soubi cuidar;
e por én fazedes, de me matar,
mal, pois vo-l’eu, senhor, non mereci.
 
 
 
 
5
 
 
 
 
10
 
 
 
 
15
 
 
 
 
20
 

Manuscrits


B 519b, V 122

Edicions


I. Edicións críticas: Lang (1972 [1894]: 40-41 [= LPGP 231]); Nunes (1972 [1932]: 138-139); Littera (2016: I, 189).
II. Outras edicións: Moura (1847: 62-63); Monaci (1875: 52); Braga (1878: 25); Machado & Machado (1952: III, 98); Júdice (1997: 117); Montero Santalha (2004).

Variants manuscrites


1 vos Deus] ds̄ uꝯ B   8 loor] leor V   10 de] đ V   13 errades] eirades B; bõa] boa B   14 senhor] mha senhor BV   17 errei] eirey B

Variants editorials


4 preguntei] perguntei Lang   7 éste] est’é Lang   10 por én de] porende Lang   12 nen un] nenhum Lang : nẽum Littera   15 min] mi Lang, Nunes, Littera

Paràfrasi


(I) Señora fermosa, por cal Deus vos fixo e por canto ben en vós quixo pór, se me quixésedes dicir agora o que xa vos preguntei outra vez, coido que me fariades un gran ben en me dicirdes se canto mal me vén por vós é causa de louvor e prez para vós, (II) porque, se fose causa de prez ou de louvor, matárdesme sería o xusto, e eu non diría que non; mais sabede unha cousa: que ningún prez nin louvor vos causa, antes errades moito, abofé, en me matardes, fermosa señora.

(III) E saben cantos nos coñecen a vós e a min que nunca amei nada como a vós; alén diso, saben que nunca vos faltei e saben tamén que sempre vos servín o mellor que puiden e que souben; e por iso facedes mal en matarme, pois eu, señora, non volo merecín.

Mètrica


Esquema métrico: 3 x 10a 10b 10b 10a 10c 10c 10a (= RM 161:19)

Notes


Text
  • *

    Sobre o carácter de cantiga próxima ás cantigas ateúdas, cunha ligazón copulativa das dúas últimas estrofas, véxase nota á cantiga 55.

  • 1

    Aínda que ambas as leccións de B e V son correctas, é máis frecuente a expresión interpolada do pronome, que neste caso subministra o Cancioneiro da Vaticana.

  • 5-7

    Repárese en que quanto mal mi ven por vós é o suxeito de éste; o sentido fica máis claro cunha reordenación de elementos no período: «fariades gran bende mi dizerdes se vos éste loor ou prez quanto mal mi ven por vós».

  • 7

    A segmentación langiana da secuencia <este> é forzada, pois a presenza do demostrativo semella redundante.

    Ademais, obsérvese que loor (tamén nos vv. 8 e 12) é variante única no corpus das cantigas profanas, fronte a formas do tipo louvar que concorren con loar (véxase nota a 618.10); ademais, agás pola aparición en 993.6, de Pero da Ponte, loor só se rexistra na poesía de Don Denis (véxanse tamén 496.17, 537.16, 538.24, 568.14 e 19, sempre asociado a prez nestas ocorrencias).

  • 10

    Lang interpretou erradamente (e de aí a forma ende) a construción dizer de non 'negar, dicir o contrario' (véxase nota a 153.11). Lang interpretou erradamente (e de aí a forma ende) a construción dizer de non ‘negar, dicir o contrario’: esta construción, en que de cumpre a función da conxunción que, aparece esporadicamente no corpus profano (153.11, 328.4, 400.3, 759.8, 971.26, 989.10, 1420.3, 1488.9, 1636.13 e 1648.16-17).

  • 14

    Nótese como a frecuencia da secuencia fremosa mia senhor induce o erro de copia en BV.

  • 15

    Neste verso converxen dous usos semánticos de saber, que noutros textos non se diferencian: ‘ter coñecemento’ e ‘coñecer’. 

    Por outra parte, os pronomes vós e min, como as restantes formas pronominais tónicas oblicuas (mí ~ min, ti, nós, vós, el ~ ela), pode aparecer como complemento directo sen preposición, como forma libre, con algunha frecuencia na lingua trobadoresca.

  • 18

    É necesaria a copulativa inicial do verso para a correcta contaxe métrica do verso: nesta posición é moi frecuente omisión da copulativa por erro de copia (nótese a facilidade de erro por contigüidade), como mostran os abondosos casos en que algún dos manuscritos ofrece a lección correcta: A vs. B (65.29, 117.12, 165.10, 174.12 etc.), B vs. V (424.14, 1195.16 etc.), V vs. B (403.6, 1614.20 etc.).

Cercar
    No s'ha trobat cap resultat