811 [= RM 114,23]
Senhor, sempr’os olhos meus

Senhor, sempr’os olhos meus
an sabor de vos catar,
e que os vossos pesar
nunca vejan, e, por Deus,
non vos pes, e catarán
vós, que a desejar an
sempr’enquanto vivo for,
ca nunca poden dormir
nen aver ben, senon ir
u vos vejan; e, senhor,
non vos pes, e catarán
vós, [que a desejar an]
sempre, mia senhor, ca prez
non é fazerde-lhes mal;
mais, por Deus, e non por al,
que os vossos taes fez,
non vos pes, e catarán
vós, [que a desejar an].
 
 
 
 
5
 
 
 
 
10
 
 
 
 
15
 
 
 

Manuscritos


B 815bis, V 399

Ediciones


I. Edicións críticas: Nunes (1972 [1932]: 253-254); Cunha (1999 [1945]: 114); Monteagudo (1984: 331 [= LPGP 723]); Littera (2016: II, 217-218).
II. Outras edicións: Monaci (1875: 150); Braga (1878: 75); Cotarelo Valledor (1934: 190); Machado & Machado (1953: IV, 121).
III. Antoloxías: Gutiérrez (2023: 111).

Variantes manuscritas


11 catarán] tatarā V   17 catarán] tatarā B

Variantes editoriales


5 catarán] cataram Nunes, Cunha   6 vós] uos Monteagudo; desejar an] desejaram Cunha   11 catarán] cataram Nunes, Cunha   12 vós] uos Monteagudo; desejar an] desejaram Cunha   17 catarán] cataram Nunes, Cunha   18 vós] uos Monteagudo; desejar an] desejaram Cunha

Paráfrasis


(I) Señora, os meus ollos sempre teñen gusto en vos catar, e (oxalá) que os vosos nunca vexan pesar, e por Deus, non vos pese, e cataranvos a vós, a quen han de desexar (II) sempre, en canto eu estiver vivo, pois nunca poden durmir nin recibir ben, senón ir onde vos vexan; e, señora, non vos pese, e cataranvos a vós, a quen han de desexar (III) sempre, miña señora, pois non é mérito facérdeslles mal; mais, por Deus, e non por outra cousa, que os vosos fixo así, non vos pese, e cataranvos a vós, a quen han de desexar.

Métrica


Esquema métrico: 3 x 7a 7b 7b 7a 7C 7C (= RM 160:435)

Notas


Texto
  • *

    Esta composición é unha cantiga ateúda, con ligazón sintáctico-discursiva entre todas as súas estrofas, incluída na relación de cantigas ateúdas confeccionada por Gonçalves (2016 [1993]: 269-270).

  • 6

    Máis unha vez aparece o pronome tónico vós como CD sen preposición (tamén nos vv. 12 e 18), tal como acontece con frecuencia na lingua trobadoresca.
    Por outra parte, non é posíbel a aglutinación desejarán (Cunha), xa que estamos perante a perífrase verbal aver + a + infinitivo (a desejar an = an a desejar).

  • 14

    A secuencia fazerde-lhes mostra un proceso de asimilación fonética [s-ʎ] > [ʎ] similar ao que se rexistra no encontro vos+lhe(s)~lhi(s) (véxase nota a 106.14), por máis que no corpus das cantigas profanas se ache a mesma secuencia con manutención da integridade fonomorfolóxica: queredes-lhi (793.3), fazerdes-lhi (838.15), perdõardes-lhi (1272.9).

Buscar
    Sin resultados