90 [= RM 78,24]
Sennor fremosa, fui buscar

Sennor fremosa, fui buscar
consell’e non o pud’aver
contra vós nen me quis valer
Deus, a que fui por én rogar;
e, pois consello non achei
e en vosso poder fiquei,
non vos pes ja de vos amar,
por Deus, e, se vos én pesar,
no’mi-o façades entender
e poder-m’-edes defender
de gran cuita por mi-o negar;
e mia fazenda vos direi:
por ben pagado me terrei
se me quiserdes enganar.
Tan vil vos serei de pagar
se o vós quiserdes fazer,
por Deus, que vos ten en poder;
ou, se me quiserdes matar,
poderedes, ca me non sei
consell’aver nen viverei,
per bõa fe, se vos pesar.
E gran coita me faz jurar
d’amor, que non posso sofrer,
e faz-mi a verdade dizer
(de que eu nunc’ousei falar)
da gran cuita que por vós ei;
mais vejo ja que morrerei,
e quero-m’ant’aventurar.
 
 
 
 
5
 
 
 
 
10
 
 
 
 
15
 
 
 
 
20
 
 
 
 
25
 
 
 

Manuscritos


A 24, B 117

Edições


I. Edicións críticas: Michaëlis (1990 [1904]: I, 53-54 [= LPGP 523]); Littera (2016: I, 636-637).
II. Outras edicións: Molteni (1880: 43); Carter (2007 [1941]: 16-17); Marques Braga (1945: 53-54); Machado & Machado (1949: I, 166-167); Arbor Aldea (2016b); Rios Milhám (2017: I, 90).
III. Antoloxías: Arias Freixedo (2003: 236-237).

Variantes manuscritas


3 quis] quie B   5 non] no A   7 vos] uus A; vos] uus A   8 vos] uus A   9 no’mi-o] nō mho B   11 de gran cuita] da g̃m coita B   12 vos] uus A   13 terrei] teirey B   14 enganar] engānar A   15 serei] seerei B   16 vós] u A   21 pesar] pessar A   22 E] A {e} A, A B   25 nunc’] nūca B   26 cuita] coyta B   27 morrerei] morrey A : moirerei B   28 ant’] ante B

Variantes editoriais


2 non o] non-no Michaëlis   7 vos ... vos] vus ... vus Michaëlis   8 vos] vus Michaëlis   9 no’mi-o] non mi-o Michaëlis : nom mi o Littera   11 cuita] coita Littera   12 vos] vus Michaëlis   15 vos] vus Michaëlis   17 vos] vus Michaëlis   21 vos] vus Michaëlis   22 A] E Michaëlis   24 faz-mi a] faz mi-a Michaëlis   26 cuita] coita Littera

Paráfrase


(I) Señora fermosa, andei á procura dun remedio contra vós e non o puiden achar nin me puido axudar Deus, a quen fun pedir auxilio; e pois non achei remedio e fiquei no voso poder, non vos pese xa que eu vos ame, (II) por Deus!, e, se iso vos causa pesar, non mo fagades saber e poderédesme defender dunha gran coita ocultándomo; e direivos o meu estado: por ben pagado me terei se me quixerdes enganar. 

(III) Tan barato vos serei de pagar se o vós quixerdes facer, por Deus!, que vos ten no seu poder; ou, se me quixerdes matar, poderedes, porque non coñezo remedio nin vivirei, certamente, se vos causa pesar. 

(IV) E unha gran coita de amor me fai xurar, porque non a podo soportar, e faime dicir a verdade –de que nunca me atrevín a falar– da gran coita que eu sufro por vós; mais vexo xa que morrerei e quérome antes arriscar.

Métrica


Esquema métrico: 4 x 8a 8b 8b 8a 8c 8c 8a (= RM 161:260)

Encontros vocálicos: 9 mi-‿o; 11 mi-‿o; 24 -mia

Notas


Texto
  • 9

    Nos textos transmitidos por A é frecuente a asimilación do adverbio non co pronome me ~ mi (> no’me ~ no’mi; cfr. a evolución regular -nm->-m-), face a BV que, en xeral, presentan a lección non me ~ non mi con manutención da integridade morfolóxica do adverbio negativo (66.13, 223.r2, 239.7, 243.14, 258.9, 283.10, 285.13, 421.5, 423.20, 430.8) . Na realidade, nos apógrafos italianos só se rexistra en tres ocasións (104.21, 906.12 e 1482.5). A diferenza dos demais editores, mantemos tal asimilación, que chega até hoxe (Ferreiro 1999: §101c).

  • 14

    A lección <engãnar> de A (= <engannar>) é outro probábel castelanismo do Cancioneiro da Ajuda (véxase nota a 65.32 e 72.24), que se viría sumar a <adeuinar> (175.19), aínda que este último termo, máis do que outra interferencia do castelán, pode constituír un caso de <n> por <nn>, igual que o frecuente <senor> (véxase nota a 356.3).

  • 15

    Para alén da presenza de erros de copia ou de variación inducida pola aparición ou supresión doutros elementos, en B (e V) percíbese, con relación a A, unha maior tendencia á utilización de formas gráficas máis arcaicas de seer e veer no relativo á conservación de hiatos gráficos en posición pretónica: ca nunca vira, nen vi, nen verei [<ueerei> B] (178.6), u veran [<ueeram> B] ela que tan muito val (195.36) o entender máis como seria [<seeria> B] (236.7), ben vera [<ueera> B] que cab’ela non son ren (305.9), meu ben seria <seeria> B, <seeria> V]; mais non llo direi (996.15) etc.

  • 16

    O texto transmitido por A mostra un evidente erro na interpretación do pronome vós, necesariamente tónico neste contexto, que comparece nos manuscritos como unha forma átona <uꝯ>, cun erro que se rexistra nos tres grandes cancioneiros. Véxase este mesmo erro en A fronte ao Cancioneiro da Biblioteca Nacional (vós <uꝯ> A : <uos> B) en 72.13, 88.20, 133.10, 134.24, 138.14, 315.8. Mais tamén se atesta o mesmo lapso de copia en BV, con lección errada coincidente en 402.11, 16 e 17 (cfr. <uos> na v. 5), 791.13, 840.17, 855.13, 920.14, 929.r1 (vv. 5, 11 e 17), 1052.5, 1111.11, 1195.15, 1264.6 etc.; do mesmo xeito, aparece en cantigas transmitidas só por un dos cancioneiros italianos: 183.17 e 185.21 (en B); 1013.1 (en V); e aínda existe en pasaxes con diferente lección conforme os manuscritos: 900.7 (<uꝯ> B vs. <uos> AV), 1022.7 (<uꝯ> V vs. <uos> B).

  • 21

    No Cancioneiro da Ajuda detéctanse algúns casos de confusión de sibilantes, probabelmente un fenómeno gráfico sen transcendencia fonolóxica. Igual que <pessar> neste verso, véxanse outras formas como <dessamar> desamar (66.21), <dessamparado> desamparado (317.21), <oussasse> ousasse (268.2, 275.4308.11, 313.8 e 346.3 <oussase>) e <oussen> ous’én (268.3), ou as repetidas <guissa> guisa e <guissada> guisada  (72.27, 137.32, 140.1, 2 e 5, 146.19, 147.3, 150.4, 259.18, 409.8, 692.7), <pessar> pesar (395.9, 439.4 e 10, 441.6, 12 e 18), <quissesse> quisesse (199.27, 407.10), <quisso> quiso (407.11) e <quisser> quiser (71.18, 692.13). Véxanse tamén notas a 69.7, 80.10, 88.15 e 89.2.

  • 22

    O artigo inicial da estrofa presenta unha corrección marxinal en prol da copulativa E que non chegou a materializarse –talvez por lapso– en mudanza definitiva; porén, vai na mesma liña que a corrección que se produciu no v. 11 (da gran coita... > de gran coita...), que achega indeterminación á coita, que non se concretiza, tal como acontece en múltiplas pasaxes do corpus. É por isto que Michaëlis acolleu a corrección na súa edición de 1904.

  • 22-23

    Nótese o hipérbato, co deslocamento de d’amor: ‘E gran coita d’amor me faz jurar...’.

Procurar
    Não foram encontrados resultados