147 [= RM 97,43]
Tal om’é coitado d’amor

Tal om’é coitado d’amor
que se non dol ergo de sí;
mais d’outra guis’aven a mí,
se me valla Nostro Sennor:
por gran coita que d’amor ei
ja sempre doo averei
de quen dele coitado for,
e de quen fillar tal sennor,
que lle non queira valer i,
qual eu fillei, que, poi-la vi,
sempre me teve na maior
coita das que no mundo sei:
e como me non doerei
de quen d’atal vir sofredor?
Ca de tal coita sabedor
soo por quanto mal sofri
amand’, e nunca m’én parti
e cada vez mi foi peor;
e por esto, per que passei,
de me doer gran dereit’ei
de quen assi for amador.
 
 
 
 
5
 
 
 
 
10
 
 
 
 
15
 
 
 
 
20
 

Manuscritos


A 60, B 171

Ediciones


I. Edicións críticas: Michaëlis (1990 [1904]: I, 125); Bertolucci Pizzorusso (1992 [1963]: 110 [= LPGP 660-661]); Littera (2016: II, 132).
II. Outras edicións: Molteni (1880: 70); Carter (2007 [1941]: 38-39); Marques Braga (1945: 123-124); Machado & Machado (1949: I, 260); Arbor Aldea (2016b); Rios Milhám (2017: I, 147).
III. Antoloxías: Nemésio (1961 [1949]: 34); Torres (1977: 479); Ferreiro & Martínez Pereiro (1996b: 141).

Variantes manuscritas


1 coitado] cuitado B   2 que] que que A   3 guis’aven] guissa uen A : guisa nen B   4 me] mj B   9 lle] lhi B

Variantes editoriales


1 coitado] cuitado Bertolucci Pizzorusso   4 me] mi Bertolucci Pizzorusso   9 lle] lhi Bertolucci Pizzorusso   13 como] come Michaëlis   16 soo] sõo Michaëlis, Bertolucci Pizzorusso, Littera   18 mi] me Michaëlis

Paráfrasis


(I) Tal é coitado de amor un home que non se doe senón de si mesmo; mais doutra maneira me acontece a min, así me valla Noso Señor: pola gran coita de amor que teño xa sempre terei dó de quen for coitado por el, (II) e de quen tomar tal señora que non lle queira axudar nese empeño, cal eu tomei, que, desde que a vin, sempre me tivo na maior coita das que coñezo no mundo: e como non me hei de apiadar de quen vexa sufridor de tal (coita)? (III) Porque son coñecedor de tal coita só por canto mal sufrín amando, e nunca me librei diso e foime cada vez peor; e por isto, polo que eu pasei, teño moita razón en ter dó de quen así for amador.

Métrica


Esquema métrico: 3 x 8a 8b 8b 8a 8c 8c 8a (= RM 161:264)

Notas


Texto
  • *

    Sobre o carácter de verdadeira cantiga ateúda desta composición (que a edición de Michaëlis e Littera non consideran) véxase nota á cantiga 15.

  • 2

    A forma verbal dol é P3 do presente de indicativo de doer (< dolet), con evolución fonética regular (cfr. outras formas verbais como sal, fer, quer etc.; véxase Ferreiro 1999: §180a). Modernamente foi regularizada (doe ~ doi) conforme o paradigma xeral do verbo. Cfr. nota a 485.9, 1540.3.

  • 3

    No Cancioneiro da Ajuda detéctanse algúns casos de confusión de sibilantes, probabelmente un fenómeno gráfico sen transcendencia fonolóxica. Igual que <guiss(a)> neste verso, véxanse outras formas como <dessamar> desamar (66.21), <dessamparado> desamparado (317.21), <oussasse> ousasse (268.2, 275.4308.11, 313.8 e 346.3 <oussase>) e <oussen> ous’én (268.3), ou as repetidas <guissa> guisa e <guissada> guisada (72.27, 137.32, 140.1, 2 e 5, 146.19, 150.4, 259.18, 409.8, 692.7), <pessar> pesar (90.21, 214.21, 395.9, 439.4 e 10, 441.6, 12 e 18), <quissesse> quisesse (199.27, 407.10), <quisso> quiso (407.11) e <quisser> quiser (71.18, 692.13). Véxanse tamén notas a 69.7, 80.10, 88.15 e 89.2.

  • 13

    A mudanza como > come de Michaëlis non ten apoio textual, para alén de ser indiferente do punto de vista lingüístico o uso de unha ou outra variante.

  • 16

    A variante desnasalada soo, P3 do presente de indicativo de seer, que convive con sõo e son, é homógrafa do adverbio soo (do lat. solum).

Buscar
    Sin resultados