1202 [= RM 134,9]
Tal vai o meu amigo con amor que lh’eu dei

– Tal vai o meu amigo con amor que lh’eu dei,
come cervo ferido de monteiro d’el-rei.
Tal vai o meu amigo, madre, con meu amor,
come cervo ferido de monteiro maior.
E, se el vai ferido, irá morrer al mar;
‘ssi fara meu amigo se eu del non pensar.
– E guardade-vos, filha, ca ja m’eu atal vi
que se fez[o] coitado por guaanhar de min.
E guardade-vos, filha, ca ja m’eu vi atal
que se fez[o] coitado por de min guaanhar.
 
 
 
 
5
 
 
 
 
10

Manuscrits


B 1186, V 791

Só o v. 7 aparece disposto nunha única liña en BV, coa nota colocciana 6. syll colocada lateralmente.

Edicions


I. Edicións críticas: Nunes (1973 [1928]: 373-374); Méndez Ferrín (1966: 145 [= LPGP 875]); Azevedo Filho (1995 [1974]: 50); Cohena (2003: 419); Cohenb (2014 [2013]: 31); Littera (2016: II, 411-412).
II. Outras edicións: Monaci (1875: 272); Braga (1878: 149); Bell (1922: 259); Machado & Machado (1956: V, 285-286); Montero Santalha (2004); Arbor Aldea & Santiago Gómez (2019: 80).
III. Antoloxías: López-Aydillo (1914: 49); De las Casas (1928: 42-43); Pellegrini (1928: 34-35); Cidade (1941: 29-30); Seoane (1941: 52-53); Nemésio (1961 [1949]: 176-177); Varela Jácome (1953: 25-26); Álvarez Blázquez (1975: 212-213); Landeira Yrago (1975: 104); Torres (1977: 357); Reckert & Macedo (1980: 96); Beltrán (1987: 75); Dobarro Paz et alii (1987: 97); Pena (1990: 92-93); Sansone (1990: 298); Jensen (1992: 336); Pena (1993: 74-75); Ferreiro & Martínez Pereiro (1996a: 214); Morán (1999: 62-63); [Morán] (2001: 73); Arias Freixedo (2003: 789-790); Brea López & Fernández Guiadanes (2014: 87-88); Gutiérrez (2023: 57, 295).

Variants manuscrites


5 morrer] moirer B

Variants editorials


En Nunes e en Méndez Ferrín a cantiga é editada en vinte versos hexasilábicos. Azevedo Filho, por súa vez, formula a hipótese de unha lacuna textual de dous versos (vv. 7-8 na súa proposta editorial), que Littera preenche:
          [E se el vai ferido, al mar irá morrer;
          ‘si fará meu amigo, se eu nom lhe valer.]

6 ‘ssi] si Nunes, Cohena, Azevedo Filho, Cohenb, Littera : sí Méndez Ferrín   7 m’eu] un Nunes   8 fez[o] coitado] fez [mui] coitado Nunes : fez coitado Azevedo Filho; guaanhar] gaanhar Littera; min] mi Nunes   9 m’eu vi] um vi Nunes   10 fez[o] coitado] fez [mui] coitado Nunes : fez coitado Azevedo Filho

Paràfrasi


(I) –Así vai o meu amigo co amor que lle eu dei como cervo ferido polo monteiro do rei.

(II) Así vai o meu amigo, madre, co meu amor, como cervo ferido polo monteiro maior. 

(III) E, se el vai ferido, irá morrer ao mar; así fará o meu amigo se eu non me ocupo del.

(IV) –Gardádevos, filla, pois eu xa un tal vin que se fixo o coitado por se aproveitar de min. 

(V) Gardádevos, filla, pois xa eu vin un tal que se fixo o coitado por de min se aproveitar. 

Mètrica


Esquema métrico: 5 x 13a 13a

Encontros vocálicos: 8 gua·a·nhar; 10 gua·a·nhar

Notes


Text
  • *

    Nas cantigas de Pero Meogo rexístranse varios elementos da natureza que teñen un valor simbólico. O cervo, símbolo ancestral da sexualidade masculina, é un trasunto do amigo; os cervos machos e femias que se xuntan no prado son símbolos eróticos e sexuais neste autor; a auga/a fonte (manancial) é símbolo ancestral e universal de fertilidade e, polo tanto, lugar propicio para os ritos pagáns de fecundidade. Nas cantigas a fonte é, pois, o lugar propicio para o encontro amoroso dos namorados: na fonte lava os cabelos a moza (expón o seu erotismo) en presenza do amigo, e o cervo avolve a auga, o que simboliza un encontro sexual entre os namorados.

  • 5

    A forma al como produto da contracción da preposición a coa variante arcaica lo do artigo e posterior apócope por ser partícula esencialmente átona, en posición proclítica, só se encontra naquelas cantigas de amigo (ou similares) en que tal forma é utilizada como marca arcaizante de estilo (736.3-4, 1202.5), ou no refrán doutras dúas composicións satíricas coa mesma finalidade (494.3, 1347.6).

  • 6

    Para alén da aférese de assi após ca (véxase nota a 82.10) e tras a forma verbal é (véxase nota a 179.30), este adverbio modal tamén presenta esporadicamente a forma aferética noutros contextos, como após outro (outro ‘ssi, 481.13) ou comeu (comeu ‘ssi, 1632.10), mais tamén en posición inicial de verso, tal como acontece neste caso: ‘ssi fara meu amigo. De calquera modo, a grafía máis acaída é ‘ssi, indicando o carácter extraordinario da redución fonética do adverbio e impedindo a confusión coa adverbio si de afirmación.

  • 8

    Para recuperar a medida decasilábica do verso, recorremos á variante fezo (tamén no v. 10). Na lingua medieval aparece a desinencia -o na P3 dos pretéritos fortes, de modo que naquelas formas en que -it final latino desapareceu é posíbel a convivencia das formas fez, quis ou pôs con fezo (tamén feze), quiso (tamén quise) ou poso (tamén pose). Os trobadores utilizan unha ou outra variante por necesidades métricas, e os manuscritos achegan datos que confirman esta variación nos usos lingüísticos, de modo que en ocasións as leccións de A e B son diverxentes. Así, face ao necesario fezo transmitido por A (ás veces produto da revisión da copia) achamos <fez> en B: 277.17 (<fez{o}> A, <fez> B), 286.2 (<fezo> A, <fez> B), 309.10 (<fezo> A, <fez> B), 404.10 (<fezo> A, <fez> B), 430.28 (<fez{o}> A, <fez B>). Porén, en 175.6 o necesario fezo transmitido por B correspóndese co <fez> de A, que torna o verso hipométrico. E aínda se achan contextos en que fronte á lección de A, con fezo, B rexistra unha variante en que, mantendo o monosilábico fez, se reescribe o texto para asegurar a isometría: Qual dona Deus fez melhor parecer / e que fezo [B: <a fez>] de quantas outras son (175.2), de rogar Deus, e fezo-me [<a d’s e fez mj> B] perder (197.30). É por isto que o recurso a fez[o] está certamente xustificado perante leccións afectadas por hipometría versal: é significativo que no v. 1 do refrán da cantiga 847, face ao correcto fezo que se rexistra na estrofa I (<fez> B, <fezo> V), apareza fez en BV nas estrofas II e III. Cfr. nota a 60.19.

  • 9-10

    Nestes versos aparece a equivalencia /l/:/ɾ/ na rima atal – guaanhar, en liña con moitas outras ocorrencias desta equivalencia. Véxase 104.34-35 (al : alongar), 144.1-6 (amar : al), 541.2-3 (amor : frol), 971.15-21 (veer : souber : segrel), 975.12-21 (amar : dar : al : val), 1207.1-2 (bailar : brial), 1207.11-12 (brial : pesar), 1207.16-17 (vestir : min)1 , 1292.r1-r3 (Soveral : estar : Soveral), 1356.1-2 (Natal : dar), 1359.2-6 (cantar : mal : brial), 1369.2-8 (Soveral : atal : falar : Corral), 1379.8-10 (mal : Albar- : tal), 1430.12-13 (priol : melhor), 1495.5-6 (segrel : molher), 1507.13-17 (dar : ferrar : lamaçal : ar), 1515.1-7 (rascar : pesar : Juncal), 1519.8-14 (maenfestar : mal : maenfestar), 1519.15-24 (falar : cuidar : falar : val), 1533.15-18 (disser : segrel), 1534.7-12 (segrel : quiser), 1616.2-4 (Elvas : ervas), 1617.8-12 (cervas : Elvas : relvas), 1617.32-36 (ervas : Elvas : relvas), 1659.12-13 (taful : algur), 1664.9-11 (segrel : mester). Cfr. notas a 206.4-6, 383.19-20, 427.5-6, 453.5-6, 698.5-6 e 877.1-7.

  1. ^

    A equivalencia acústica /l/:/n/ é similar a /l/:/ɾ/, todas elas consoantes líquidas.

Cercar
    No s'ha trobat cap resultat