I. Edicións críticas: Lapa (1970 [1965]: 53 [= LPGP 139]); Paredesa (2001: 103); Lopes (2002: 47); Paredesb (2010a: 86); Littera (2016: I, 79-80).
II. Outras edicións: Molteni (1880: 149); Machado & Machado (1950: II, 301-302); Paredes (2010b: 70-71); Paredes (2010c: 54-55); Callón (2017: II, 25); Rios Milhám (2018b: III, 453).
III. Antoloxías: Fernández Pousa (1951: 17-18); Tavares & Miranda (1987: 345); Ferreiro & Martínez Pereiro (1996c: 50).
1 encavalgada] entaual gada B 7 cavalgar en ũu seendeiro] caualgirō emuhisse Secudeyro B 8 mig’or’ũu cavaleiro] miguor hūu cauaꝉio B 9 palheiro] palheyrō B 10 carregaran] cayregarā B 11 ũa] hūu a B 13 rua] irua B
5 e] om. Paredes 7 en ũu seendeiro] con un seu scudeiro Lapa, Paredesa, Paredesb : com um seu ‘scudeiro Lopes, Littera 8 mig’or’ũu] milhor un Lapa, Paredesa, Paredesb : milhor um Lopes, Littera 9 santiguei-m’e] santiaguei-m’e Lopes 10 carregaran] carregaron Lapa, Paredesa, Paredesb : carregarom Lopes, Littera
(I) Encontrei Sancha Anes montada dacabalo e fixen un comentario axeitado, pois nunca vin unha dona peor feita, e quixen xurar que era unha carrada de palla. Vina cabalgar por unha aldea e quixen xurar que era unha morea de palla.
(II) Vina cabalgar nun rocín e non ía comigo un cabaleiro; santigueime e dixen: «Grande foi o palleiro onde cargaron tan gran carrada de palla». Vina cabalgar por unha aldea e quixen xurar que era unha morea de palla.
(III) Vina cabalgar indo pola rúa, moi ben vestida en cima da mula, e dixen: «Ai, vella fodida no cu, que me parecedes unha carrada de palla!». Vina cabalgar por unha aldea e quixen xurar que era unha morea de palla.
Esquema métrico: 3 x 10’a 10’a 10’a 10’b 10’B 10’B (= RM 19:23)
Encontros vocálicos: 4-5 moste·a‿e; 5 ũ·a‿aldeia; 7 u͂͜u; 8 u͂͜u; 11 ũ·a‿aldeia; 17 ũ·a‿aldeia
Este antirretrato grotesco da «peior talhada» das donas, contemplada cavalgando unha mula, contrasta fortemente coa descrición laudatoria da dama protagonista dunha cantiga de amor heterodoxa de Joan Airas de Santiago (962), que tamén ía cabalgando unha mula e vestida cun luxoso «pres de Cambrai» e cuxa fermosura lle fixo perder a contención cortés ao namorado contemplador.
Unha mostea, que só se rexistra nesta cantiga, significa ‘carrada ou feixe de palla’, indicando o grande volume corporal de Sancha Anes.
Mantemos a copulativa inicial do primeiro verso do refrán da estrofa I, que xa desaparece nos seguintes, porque a episinalefa (mostea‿/‿e) permite absorber a sílaba métrica excedente. Véxase nota a 27.4.
Nótese a rima defectuosa -ea / -eia, talvez como produto dunha ‘modernización’ dos copistas na forma aldeia. No entanto, existen outras rimas en que un elemento do par rimante presenta un fonema vocálico acrecentado: azes : [s]iguazes : rapazes : arraizes (489.18-23), ventuira : dura (1403.9-10). Cfr. notas a 104.34-35, 206.4-6, 383.19-20, 427.5-6, 698.5-6 e 1118.10-12.
Interpretamos, conxecturalmente, a deturpada lección <emuhisse Secudeyro>, onde podería intuírse em hũu na secuencia <emuhi>, mentres que a forma seendeiro (‘rocín’, cfr. mua no v. 13) pode tirarse de <sse Secudeyro>, a partir dunha repetición da sílaba inicial (se-) e dos banais erros <c>/<e> e <u>/<n> (véxase seendeiro en 1378.1, 1412.7 e 14); con todo, débese recoñecer que a lectura escudeiro dos precedentes editores tamén é posíbel, aínda que se perde o paralelismo entre as cabalgaduras (seendeiro, v. 7; mua, v. 13) e resulta máis dificultosa a lectura da primeira parte da secuencia manuscrita en causa.
Na produción prosística voz seendeiro tende a aparecer no sintagma sendeiro d’albarda. Eis nos Livros de Linhagens:
e pose-a em cima d’ũu sendeiro d’albarda, o rostro contra o rabo do sendeiro (Mattoso 1980: I, 269);
uũ sendeiro d’albarda o rostro cõtra o rabo do sendeiro. e huũ home cõ ela e nõ mais (Brocardo 2005: 59).
Este indefinido u͂u que conxecturamos debería, aparentemente, computar como bisilábico, e así acontece con certa frecuencia ao longo do corpus; porén, na maior parte das súas aparicións funciona como unha forma monosilábica, revelando dese xeito que se trata dunha grafía conservadora. Algo similar acontece con bõo ~ boo (véxase nota a 241.10) e, aínda en menor medida, sõo ~ soo (véxase nota a 10.25), que son basicamente voces bisilábicas, aínda que nalgunhas ocasións computan como unisilábicas.
Para o carácter bisilábico de ũu véxase nota a 114.15.
É errada a versión dos anteriores editores, pois a interpretación mig’or’ũu responde exactamente á lección do manuscrito, coa grafía por que se rexistra moi frecuentemente en BV (<loguar, paguar etc.>).
Santigar (ou santiguar?), pois o manuscrito achega a lección <santiguey>) é ocorrencia única nos textos medievais, en que a forma xeral era santivigar, como evolución normal do lat. sanctificāre (véxase Lorenzo 1977: II, s.v. santigar, santiuigar).
A presenza da forma apocopada gran fóra do uso proclítico antenominal é absolutamente anómala e non volve rexistrarse no corpus das cantigas nin conseguimos documentala noutro texto antigo máis do que nas afonsinas Cantigas de Santa Maria, se ben sempre en posición rimática:
... ca non poss’ osmar
que quisesse tal afan
prender Deus nen ss’ abaxar,
que el que éste tan gran
se foss’ en corp’ enserrar (CSM 46.46);
Os que m’ oen cada dia
e que m’ oyrán,
de grado lles contaria
miragre mui gran
dun bon bispo que avia
en Alverna, ... (CSM 66.10);
E dizendo’ aquesto, logo manaman
levaron a don’ a hũa praça gran (CSM 186.61);
E levando-os ambos a grand’ affan,
que cada ũu mordia come can,
passaron con eles un rio muy gran
d’ Aguadiana ... (CSM 275.27).
Non obstante, e a pesar desta rara forma apocopada, o verso continúa a ser hipermétrico.
Por outra parte, a voz palheiro, para alén da súa presenza como alcume e/ou apelido, como nome común aparece nalgúns documentos do territorio galego-portugués (véxase CGPA, s.v. paleiro, palleiro, palleyro, palheiro, palheyro).
A harmonización vocálica nos verbos coa estrutura e...ir (> i...ir) é moi frecuente nos textos medievais, provocando a concorrencia de formas como pedir ~ pidir ou vestir ~ vistir. O mesmo acontece en voces relacionadas con estas, coa terminación -ido~-ida (midida, vistido). Cfr. nota a 42.14.
O adxectivo feminino fududancua ‘sodomizada’ aparece sempre acompañando velha (876.18, 1597.5, 12, 17 e 24) ou, nunha única ocasión, puta (1518.21). A súa forma masculina atéstase moi limitadamente nos textos medievais, onde só achamos unhas poucas ocorrencias, algunhas con resultados de apócope final da base lat. fotūtum ĭn cūlum (cfr. avol ‘avó’, por exemplo):
Se alguun omne disser a seu uiçino mãa paraula, traedor, ou seruo, ou fudud’ in cul, ou ceguu sauido, feyra ele una uez cum que quier que tena, e se uiuo ou morto escapar, nulla rem por ende peyte (doc. de 1250, CGPA).
Qual quer que [deostar] outro ou lhy disser falso ou trehedor ou fudodinculi ou cornudo ou erege (Ferreira 1987: I, 265).
primeiramente chamándolle vilaao, fodidincul, curnudo, priuado, perro treedor, dizéndolle outros deostos et injurias atroçes (doc. de 1423, CGPA).
De custum'é que todo home que disser a outro nome deuedado, assi como é fudud'in cul ou fududo no cúú, que llo desdiga en Conçello, ca ly mentyo do que ly disse; e sse llo nõ quiser desdizer, pectely iiijor maravidis aaquel a que disse as palauras maas (doc. do século XV, nos foros de Garvão, CGPA).
vos por maa puta velha, e eu por villaão fodudo no cuu ca assi quisestes vos (Fernão Lopes, Crónica de D. João I, CGPA).
A forma feminina fududancua é, pois, a correspondente adecuación xenérica da forma masculina.