31 [= RM 47,31]
Vedes, fremosa mia senhor

Vedes, fremosa mia senhor,
seguramente o que farei:
entanto com’eu vivo for
nunca vos mia coita direi,
ca non m’avedes a creer,
macar me vejades morrer.
Por que vos ei eu, mia senhor,
a dizer nada do meu mal,
pois desto sõ[o] sabedor
segurament’, u non jaz al,
que non mi avedes a creer,
macar me vejades morrer?
Servir-vos-ei [eu], mia senhor,
quant’eu poder, mentre viver;
mais, pois de coita sofredor
soo, non vo-lo ei a diz[er],
que non [m]’avedes a creer,
[macar me vejades morrer].
Pois eu entendo, mia senhor,
quan pouco proveito me ten
de vos dizer quan grand’amor
vos ei, non vos falar[ei] én,
que non [m]’avedes a creer,
[macar me vejades morrer].
 
 
 
 
5
 
 
 
 
10
 
 
 
 
15
 
 
 
 
20
 
 
 
 

Manuscrits


B 57; B 72

Esta cantiga conta con dupla documentación no Cancioneiro da Biblioteca Nacional, xa que aparece completa en B 57 e, de novo, en B 72, onde son copiadas (con variantes non substantivas) as dúas primeiras estrofas en orde inversa.

Edicions


I. Edicións críticas: Michaëlis (1990 [1904]: I, 679-680 e 702 [= LPGP 327-328]); Littera (2016: I, 353).
II. Outras edicións: Molteni (1880: 18-19 e 24); Machado & Machado (1949: I, 75-76 e 92-93); Rios Milhám (2017: I, 31).
III. Antoloxías: Nunes (1959: 236-237); Magalhães (2007: 115).

Variants manuscrites


1 senhor] senoʳ B’   2 seguramente o] seguramt̄ B’; o que] eq̄ B’   3 entanto com’eu] nos dias en q̄ B’   4 vos] ues B’   5 ca] Que B’; m’avedes] mħaueds̄ B’; a creer] om. B’   6 macar me vejades morrer] om. B’; machar B; morrer] moirer B   7 vos] uos B’   9 sõ[o]] sō B : om. B’   10 segurament’, u non jaz al] segrametu nō iaz al B : seguramt̄ hunō aal B’   11 mi] om. B   12 mcar B’

Variants editorials


Michaëlis edita como dúas cantigas diferentes as dúas aparicións do texto en B1.

2 seguramente] segurament(e) Michaëlis   4 vos] vus Michaëlis   7 vos] vus Michaëlis   11 mi avedes] [m’]avedes Michaëlis : m'havedes Littera   13 vos] vus Michaëlis; [eu]] om. Littera   16 soo ... vo-lo] sõo ... vo’-l(o) Michaëlis : som ... vo-lo Littera   17 que] ca Michaëlis   21 vos] vus Michaëlis   22 vos ... vos] vus ... vus Michaëlis   23 que] ca Michaëlis

Paràfrasi


(I) Vede, fermosa miña señora, o que seguramente farei: mentres eu estiver vivo nunca vos direi a miña coita, pois non me habedes crer, aínda que me vexades morrer. 

(II) Por que vos hei eu, miña señora, dicir nada do meu mal se eu sei con certeza, sen ningunha dúbida, que non me habedes crer, aínda que me vexades morrer? 

(III) Servireivos eu, miña señora, canto eu puider, mentres viva; mais, xa que son sufridor de coita, non volo quero dicir, pois non me habedes crer, aínda que me vexades morrer. 

(IV) Pois eu entendo, miña señora, o pouco proveito que me ten dicirvos o grande amor que vos teño, non vos falarei diso, pois non me habedes crer, aínda que me vexades morrer.

Mètrica


Esquema métrico: 4 x 8a 8b 8a 8b 8C 8C (= RM 99:47)

Encontros vocálicos: 2 seguramenteo; 11 miavedes; 16 -loei

Notes


Text
  • 1

    O uso de vedes (forma de presente de indicativo) como imperativo con valor presentativo no verso inicial da cantiga é frecuente no corpus: Vedes, senhor, ... / ..., / ali tenh’eu o coraçon: / ... (49.1); Vedes, senhor, ..., / ..., ja vós sempre seredes, / senhor fremosa, de mí poderosa (50.1); Vedes, amigos, que de perdas ei / des que perdi por meu mal mia sen[h]or: / ... (378.1). Do mesmo xeito, tamén é moi frecuente no interior da composición: Vedes por que o dig’assi: / ... (758.8); Vedes por que: ... (1085.5); e vedes: / ... (1495.18) etc.

  • 3

    Nótese a equivalencia construtiva de entanto como e nos dias (en) que nas dúas versións do texto, en liña coa súa coexistencia ao longo do corpus trobadoresco profano.

  • 5

    Mantemos a variación lingüística do refrán (ca vs. que) presente na versión completa da cantiga en B 57, en liña con outras variacións de maior ou menor entidade que se detectan no refrán dalgunhas cantigas. Véxase nota a 66.6. Cfr. nota a 27.4.

  • 6

    A conxunción concesiva macar, de orixe grega, é case exclusiva do rexistro poético, tal como se deduce do seu uso na poesía trobadoresca profana e da súa alta frecuencia nas Cantigas de Santa Maria. A súa aparición noutro tipo de textos é moi escasa (véxase CGPA, s.v. macar). Cfr. nota a 57.6.

  • 9

    Fronte á forma monosilábica son derivada directamente do lat. sŭm, os resultados sõo e soo xerados por analoxía (sŭm → *sono > sõo > soo) computan como bisilábicas, mais tamén poden funcionar como unisilábicas (sõo 14.19, 63.12, 292.18, 317.18, 1118.8, 1629.2, e soo en 1431.1, 1577.2). Para alén de que ambas as formas (a etimolóxica son e a analóxica sõo ~ soo) poden convivir nunha mesma cantiga, os manuscritos ofrecen unha variación que demostra a necesidade de emenda nestes casos: en 354.7 concorren como monosilábicas as formas soo (A) e son (B), mentres que, por exemplo, en 1650.1 é V o cancioneiro que erra con son fronte a soo de B. Cfr. notas a 47.20 e 241.10.

  • 10

    A frase formularia u non jaz al ‘certamente, sen dúbida’, concorrente con u al non jaz (só en 55.15), é equivalente a u al non á (e as súas variantes), como se patenta a través da variante de B 72 (véxanse notas a 25.11 e 66.29). De todos os xeitos, nótese como na segunda copia da cantiga se rexistra a variante fraseolóxica u non á al (<hunō aal B’), que só se rexistra en 104.34.

  1. ^

    Recollemos, por tanto, só as variantes do texto completo (Michaëlis nº 341).

Cercar
    No s'ha trobat cap resultat