I. Edicións críticas: Michaëlis (1990 [1904]: I, 416); Lanciani (1974: 104-105 [= LPGP 300]); Littera (2016: I, 144-145); Bruno (2022: 53-54).
II. Outras edicións: Braga (1878: 11); Carter (2007 [1941]: 125); Machado & Machado (1950: II, 276); González González (1998: 281-282); Arbor Aldea (2016b); Rios Milhám (2018b: III, 349).
III. Antoloxías: Nunes (1932: 17).
1 por] sempre por A; meu] om. A 3 poi-la] epoyla B; e pos-seu] pʳ sseu B : ꝑ sseu V 5 [N]ona / ueg enon ueg eu A : nē na ueio nē ueio eu BV 6 mundo ond’eu] mundo don / deu A : mūd on deu V; veja prazer] Aia prazer B: dia piazer V 9 que] e BV 10 e] pays BV; mia coita creer] mhā coyta creer B : mhā coyta qeer V 11 non a vej’e non] nēna ueio nē B : nē na ueio nē V 12 om. A : nomūd onde uliā pᵉzer B : nō mūd ondeudiā p̄zer V 14 mi assi] mha sy BV; coitado] forcado B : foreado V 15 poss’eu] posso BV; niun] nē huū BV 16 partir] parar BV 17 Nona ueg e non uei eu. {ren} A : uē na ueio uē ueio rrem / (rrem) B : ne na ueio nē ue io / ssem V 18 om. A : no mūdo ondendia prazer B : no mud ondeudia prazer V
3 pos-seu] por seu Lanciani, Littera, Bruno 5 non a vej’e non vejo eu] no’-na vej[o] e non veg’eu Michaëlis : nen-na vejo nen vejo eu Lanciani 6 mundo] mund(o) Michaëlis : mund’ Lanciani, Littera, Bruno; ond’] onde Lanciani; aja] veja Michaëlis, Littera 10 e] poys Lanciani : pois Littera 11 non a vej’e non] nen-na vejo nen Lanciani 12 veja] aja Lanciani, Littera 14 assi coitado] asy forçado Lanciani : assi forçado Littera 15 poss’eu per niun] posso per nenhun Lanciani : posso per nẽum Littera 16 partir] parar Lanciani, Littera 17 non a vej’e non vej’eu ren] no’-na veg’e non vejo ren Michaëlis : nen-na vejo nen vejo rrem Lanciani : non’a vej’e nom vejo rem Littera 18 mundo] mund(o) Michaëlis : mund’ Lanciani, Littera veja] aja Lanciani, Littera
(I) A dona que eu vin polo meu mal e que me gran coita deu e dá, despois de a ver, e non me ten por seu (servidor) nin me quere valer, non a vexo e non vexo eu no mundo onde eu vexa pracer.
(II) A que me fai vivir en tal afán e sufrir tanto mal que morrerei se me non vale e que non quere crer a miña coita, non a vexo e non vexo eu outra cousa no mundo onde eu vexa pracer.
(III) A que eu moito amo e que me ten tan coitado que non podo eu de ningunha maneira deixar de a amar, non a vexo e non vexo eu cousa ningunha no mundo onde eu vexa pracer.
Esquema métrico: 3 x 8a 8a 8a 8b 8a 8B (= RM 13:47)
Encontros vocálicos: 6 mundo‿ond’; 14 mi‿assi; 18 mundo‿ond’
A peculiar asimilación [ɾs] > [s̺] por fonética sintáctica, en pos-seu (ausente en BV) aparece reiteradamente na cantiga 283 e tamén en 303.14. De calquera xeito, esta asimilación é característica do Cancioneiro da Ajuda, fronte ás leccións por seu de BV. Cfr. unha asimilación igual en pa-ssan Denis nas Cantigas de Santa Maria (CSM 238.62).
O primeiro verso do refrán é hipómetro en A (<ueg eu>), face a BV (<ueio eu>), que permite fixar a lección metricamente correcta con vejo eu. Asemade, o segundo verso do refrán é hipermétrico no Cancioneiro da Ajuda pola aparición dunha forma donde de moi escasa representación no corpus (véxase nota a 348.20), en face da variante onde de BV, que de novo permite restaurar a isometría por medio da sinalefa mundo‿ond’ neste verso.
Por outra banda, se ben noutros versos desta cantiga os erros comúns e outras circunstancias da copia parecen levarnos a un vínculo estreito entre a fonte de A e a do antecedente de BV, a diverxencia rexistrada neste caso parece contradicir esa idea. A versión do refrán que presenta o Cancioneiro da Ajuda, herdada probabelmente do exemplar a partir do que se copiou (no mund’ond’eu veja prazer), resulta ser unha variante adiáfora con respecto á de BV, seguida por outras edicións: no mund’ond’eu aja prazer. Esta diverxencia textual colócanos na situación de termos que escoller entre a versión transmitida polos apógrafos italianos e a transmitida polo cancioneiro ajudiano, con prioridade na nosa edición.
Ambas as estruturas (aver prazer en BV e veer prazer en A) son recorrentes na formulística da cantiga de amor. Con todo, pensamos que desde o punto de vista retórico a versión de Ajuda é preferíbel á dos apógrafos, dado que o xogo que se estabelece nestes dous versos finais das estrofas está baseado, precisamente, na repetición por tres veces do verbo veer con sutís matices semánticos. Optamos, pois, pola lección de A (veja) como a xenuína para as tres estrofas, en contra de toda a tradición editorial, que prioriza a versión de BV (aja), pois semella carecer de sentido a opción de Littera, que edita a primeira estrofa seguindo A e as dúas restantes seguindo BV.
Sobre a alternancia ca ~ que A / e BV véxase nota a .
No inicio do verso percíbese unha alternancia de leccións entre A e BV, coa presenza de que en A fronte á copulativa e en BV (tamén en 64.15, 94.22, 137.9, 175.22, 979.14); noutras pasaxes, achamos tamén a alternancia contraria, con e en A e ca ~ que en B(V) (véxase nota a 80.14). E resulta significativo que en 526.15, fronte a <Ca> en B se perciba vacilación na copia de V: <(E) Ca>.
O texto do Cancioneiro da Biblioteca Nacional (en A este segundo verso do refrán non foi copiado) introduce unha leve variación no refrán coa crase mund’ond’ nesta estrofa II (fronte a V, que presenta crase en todas as estrofas), que contrasta coa integridade vocálica de mundo nas estrofas I e III. Véxase nota a 75.17. Cfr. nota a 27.4.
Nótese o diferente cualificativo forçado de BV (opción editorial de Lanciani e Littera) fronte a coitado en A.
Na edición crítica deste trobador da autoría de Lanciani (seguida en liñas xerais por Littera), a preeminencia concedida a BV provoca a consagración de parar en vez do partir ajudiano. Para alén do problema semántico levantado canto á significación de parar, os datos dos erros paleográficos nos apógrafos italianos mostran como é moi frecuente o erro <a>/<ti> (e <a>/<ci>): <para> B parti (18.18), <Maram> B Martin (115.8), <marã> B Martin (115.22), <ca aue> B cativ’e (118.13), <parar> B partir (627.9), <parado> BV partido (1326.21), <parar> V partir (1345.13), <conssenar> B consentir (1468.15), <ama> B cima (1489.47) etc.