783 [= RM 70,3]
Ai amigas, perdud’an conhocer

Ai amigas, perdud’an conhocer
quantos trobadores no reino son
de Portugal: ja non an coraçon
de dizer ben que soian dizer
[de vós] e sol non falan en amor
e al fazen, de que m’ar é peor:
non queren ja loar bon parecer.
Eles, amigas, perderon sabor
de vos veeren; ar direi-vos al:
os trobadores ja van pera mal;
non á i tal que ja sérvia senhor
nen sol [non] trobe por ũa molher.
Maldita sej’a que nunca disser
a quen non troba que é trobador!
Mais, amigas, conselho á d’aver
dona que prez e parecer amar:
atender temp[o] e non se queixar
e leixar ja avol tempo perder,
ca ben cuid’eu que cedo verra alguen
que se paga da que parece ben,
e veeredes ced’amor valer.
E os que ja desemparados son
de vos servir (sabud’é quaes son)
leixe-os Deus maa morte prender!
 
 
 
 
5
 
 
 
 
10
 
 
 
 
15
 
 
 
 
20
 
 
 
 

Manuscritos


B 786, V 370

Ediciones


I. Edicións críticas: Nobiling (2007 [1907]: 105 [= LPGP 439]); Nunes (1973 [1928]: 176-177); Lopes (2002: 223); Cohen (2003: 250); Littera (2016: I, 530).
II. Outras edicións: Monaci (1875: 141); Braga (1878: 70); Machado & Machado (1953: IV, 82-83); Domingues (1992: 59); Cohen (1996: 21).
III. Antoloxías: Nemésio (1961 [1949]: 73-74); Torres (1977: 309); Alvar & Beltrán (1989: 270-271); Jensen (1992: 162).

Variantes manuscritas


2 quantos trobadores] quantus trohadores V; son] sou V   3 ja] m B   5 falan] falani B   8 perderon] pedeꝝ V   10 van] nā B   13 Maldita sej’a] maldica sela V   14 quen] q̄ B   18 avol] auolo BV   19 verra] ueira B   23 vos] uos B : uo V; quaes] q̄es V

Variantes editoriales


5 vós] nós Nunes, Lopes, Littera   9 vos] nos Nunes, Lopes, Littera   11 sérvia] sêrvia Lopes   12 nen sol [non] trobe] nen [que] sol trobe Nobiling, Nunes, Lopes : nen sol [que] trobe Cohen, Littera   18 ja a] i a Lopes : ja Cohen, Littera; avol] a vó-lo Nobiling, Nunes   23 vos] no[s] Nunes : nos Littera  24 morte] mort[e] Nobiling, Lopes

Paráfrasis


(I) Ai amigas, cantos trobadores hai no reino de Portugal perderon o saber: xa non teñen desexo de dicir o ben que soían dicir de vós e nin sequera falan do amor e aínda fan outra cousa que me parece peor: xa non queren gabar a fermosura.

(II) Eles, amigas, perderon a ansia por vos veren; e direivos outra cousa: os trobadores van por mal camiño; non hai alí un que sirva a señora nin tan sequera trobe por unha muller. Maldita sexa a que algunha vez dixer de quen non troba que é trobador!

(III) Mais, amigas, aquela dona que ame a boa fama e a beleza ha de tomar esta determinación: esperar o tempo (propicio) e non se queixar e deixar que pase o tempo ruín, pois ben penso que cedo virá alguén que sabe apreciar que é fermosa, e axiña veredes amor ser valorado.

(1) E os que xa desistiron de vos servir (sabido é quen son) déixeos Deus má morte sufrir!

Métrica


Esquema métrico: 10a 10b 10b 10a 10c 10c 10a + 10d 10d 10a (= RM 161:44)

Encontros vocálicos: 4 so·i·an; 11 sér·via; 19 verraalguen

Notas


Texto
  • *

    Esta cantiga é moi orixinal pola temática: os trobadores do reino de Portugal xa perderon a vontade de servir as damas e de trobar para louvar a súa beleza. Mais estas non deben perder a esperanza porque logo ha vir quen aprecie a fermosura e valore o amor.

    Na versión electrónica de Littera apúntase a hipótese de que «a referência final a uma mudança iminente deste estado de coisas, possibilitada pelo surgimento de “alguém” para quem a beleza não é indiferente, leva-nos a pensar que a cantiga teria sido composta na juventude de D. Dinis, a quem Guilhade prestaria, desta forma, uma homenagem indireta e precoce». Certamente, Don Denis favorecería moito, e el mesmo practicaría profusamente, a arte de trobar, até o punto de que á súa morte o xograr Joan compuxo un pranto, cantiga 1119 (Os namorados que troban d’amor, B 1117, V 708), en que se lamenta por como os trobadores ficaron desamparados e non trobaron máis.

    Con todo, nesta cantiga talvez Guilhade estea a introducir unha das referencias a si mesmo, tan características da súa obra, aínda que esta vez sen o recurso á autonominatio.

  • 2

    É relativamente frecuente no Cancioneiro da Vaticana a presenza da terminación -us en voces en que é xeral a terminación -os (<quantus>); na realidade, esta grafía aparece case exclusivamente en formas verbais de P4 e nomes masculinos plurais. A súa esporádica presenza, limitada aos apógrafos italianos, mostra que é produto do desenvolvemento da abreviatura <9> en posición final, abreviatura herdada do latín, onde funcionaba como desinencia de nominativo nos nomes da segunda declinación, rematados en -us.

  • 4

    A omisión do artigo (cfr. nota a 152.24) escurece a función de CD de ben: ja non an coraçon / de dizer ben que soian dizer /  [de vós] (= «... dizer [o] ben que soian dizer de vós»).

  • 5

    Obsérvese a mudanza de punto de vista que supón a consideración de nós neste verso (xunto con nos no v. 9), que fixan Nunes, Lopes e Littera na edición da cantiga, que semanticamente sería defendíbel mais contraría a lección dos manuscritos no v. 9 (emendado en vos tamén nos mesmos editores). E algo similar acontece, de novo, no v. 23, onde Nunes e Littera persisten no nos (abandonado nesta ocasión por Lopes).

  • 12

    A ausencia de unha sílaba implica unha reitegración que nas primeiras edicións guilhadianas foi feita a través da introdución de que: nen [que] sol... (Nobiling e Nunes, seguidos por Lopes e Littera); a opción de Cohen é diferente (nen sol [que] trobe...), aínda que non condí co contido da estrofa desde o momento en que teriamos de interpretar sol que co seu sentido de ‘soamente se’. Coidamos que a mellor opción é sol non ‘nin sequera’, con base en diversas documentacións no corpus trobadoresco (véxanse diversas ocorrencias de nen sol non no Glosario, s.v.  sol3). Téñase en conta que a omisión dun elemento de escaso corpo fónico como non é relativamente frecuente ao longo dos cancioneiros, nomeadamente dos apógrafos italianos: 34.7, 63.12, 380.13, 494.31, 590.13, 863.16 etc.

  • 18

    Lapa cualifica como «estranha», do punto de vista do sentido, a aparición do conglomerado vó-lo (Lapa 1982: 170-171), que Nobiling, Nunes e Lopes manteñen, sen problema métrico pola sinalefa ja‿a. Efectivamente, non parece ter sentido ‘e deixarvos a vós perder o tempo’, porque exclúe as amigas da categoría de dona que prez e parecer amar cando deberían estar incluídas. As amigas (vós) tamén deben esperar eses tempos mellores que lles anuncia. É por isto que, recollendo a suxestión de Lapa, foi incorporado por Lopes e Littera, e xa na edición de Cohen se tenta xustificar o provenzalismo avol ‘ruín, desprecíbel, vil’, que no corpus trobadoresco profano non comparece en máis contextos, embora se rexistre o substantivo avoleza (888.11, 1395.17, 1642.1). Non obstante, é adxectivo presente na lírica relixiosa e mais na prosa literaria (véxase CGPA, s.v. avol ~ auol).

  • 22-23

    Nótese a repetición da palabra rimante (son) nestes dous versos, feito que, en principio, constitúe unha anomalía na métrica trobadoresca, sen relación con algúns artificios construtivos na rima. Tal reiteración rimática obsérvase esporadicamente ao longo do corpus: 14.48-50 (poderia), 524.9-11 (ei), 704.7-8 (eles), 734.19-20 (i), 821.16-17 (al), 838.7-11 (é), 879.19-20 (al), 923.10-11 (ei), 926.22-25 (ei), 935.18-20 (i), 1034.7-9 (quiser), 1043.14-15 (al), 1329.15-21 (vista), 1354.r1-r2, 1366.12-15 (i), 1387.10-14 (treedor), 1388.1-7 (talharon), 1400.23-24 (arteira), 1470b.12-13 (én), 1477.23-25 (ali), 1506.2-3 (cantar), 1535.18-21 (i), 1540.14-18 (i), 1549.19-20 (én), 1633.8-14 (capa).

Buscar
    Sin resultados