1043 [= RM 63,4]
Alguen vos diss’, amig’, e sei-o eu

Alguen vos diss’, amig’, e sei-o eu,
por mi mizcrar convosco, que falei
con outr’omen, mais nunca o cuidei;
e, meu amigo, direi-vo-l’eu:
de mentira non me poss’eu guardar,
mais guardar-m’-ei de vos fazer pesar.
Alguen sabe que mi queredes ben
e pesa-lh’end’e non pod’al fazer,
senon que mi quer mentira põer;
meu amig’e meu lum’e meu ben,
de mentira non me [poss’eu guardar,
mais guardar-m’-ei de vos fazer pesar].
E ben sei de quen tan gran sabor á
de mentir, e non teme Deus nen al,
que mi assaca tal mentira e al;
meu amig’, e vedes quant’i á:
de mentira non me poss’eu guardar,
[mais guardar-m’-ei de vos fazer pesar].
De fazer mentira sei-m’eu guardar,
mais non de quen me mal quer assacar.
 
 
 
 
5
 
 
 
 
10
 
 
 
 
15
 
 
 
 
20

Manuscritos


B 1039, V 629

Ediciones


I. Edicións críticas: Nunes (1973 [1928]: 288-289); Rodríguez (1980: 247 [= LPGP 373-374]); Cohen (2003: 573); Littera (2016: I, 461-462).
II. Outras edicións: Monaci (1875: 223-224); Braga (1878: 120-121); Machado & Machado (1956: V, 39-40); Fernández Pousa (1959: 262).
III. Antoloxías: Pena (1990: 109-110); Ferreiro & Martínez Pereiro (1996a: 90).

Variantes manuscritas


2 mizcrar] mizerar B   4 amigo] amigue BV   6 guardar] guadar V   7 mi] me V   13 ben] om. V; quen tan] q̅tō V   15 assaca] assata B   17 poss’eu] pesseu V   20 quen] ꝙʷ B : q̅ V; assacar] assaçar B

Variantes editoriales


2 mizcrar] miscrar Littera   4 amigo, direi-vo-l’eu] amigo, direi-vo-l[o] eu Nunes, Littera : amig’, é[n] direi vol[o] eu Cohen   7 mi] me Nunes   10 meu amig’] [ai] meu amig’ Nunes : [e] meu amig’ Cohen, Littera   16 meu amig’, e vedes] [ai] meu amigo, vedes Nunes : [e], meu amig’, e vedes Cohen, Littera

Paráfrasis


(I) Alguén vos dixo, amigo, seino eu, por me malquistar convosco, que falei con outro home, mais eu nunca o pensei; e, meu amigo, diréivolo eu: da mentira non me podo librar, mais evitarei causarvos pesar.

(II) Alguén sabe que me queredes ben, e iso cáusalle pesar e non pode facer outra cousa agás atribuírme mentiras; meu amigo, meu lume e meu ben, da mentira non me podo librar, mais evitarei causarvos pesar.

(III) E ben sei quen ten tanta satisfacción en mentir, e non teme a Deus nin a nada, xa que me atribúe tal mentira e outras cousas; meu amigo, vede o que disto hai: da mentira non me podo librar, mais evitarei causarvos pesar.

(1) Eu seime gardar de mentir, mais non de quen me quere culpar dun mal.

Métrica


Esquema métrico: 3 x 10a 10b 10b 9a 10C 10C + 10c 10c

Encontros vocálicos: 15 mi‿assaca

Notas


Texto
  • *

    Os dous manuscritos que transmiten a cantiga mostran como o derradeiro verso de cada cobra é un eneasílabo, cunha combinación métrica que lembra a presente na cantiga 970 de Afons’Eanes de Coton ou na cantiga 1508 de Joan Garcia de Guilhade (véxanse tamén outras situacións métricas similares nas cantigas 1174, 1324, ou 1661). Todas as edicións precedentes nivelan a métrica dos vv. 4, 10 e 16 por medio da anulación da crase en vo-l’eu (v. 4) e da reintegración dunha interxección ou dunha copulativa no inicio dos vv. 10 e 16.

  • 2

    En xeral, mizcrar (de mĭsculāre, relacionado co lat. cl. mĭscēre ‘mesturar’) é usado co valor de ‘intrigar, malquistar’ (212.7, 1043.2, 1419.26, 1423.9). Concorre con mezcrar (216.21) e mais con miscrar (938.1, 1597.9): as dúas primeiras formas presentan africada sonora implosiva, de modo similar a mezquinho (370.3, 1672.17), que tamén concorre no corpus profano con mesquinho (1579.11) e misquinho (1440.7).

  • 4

    A presenza da copulativa inicial aconsella a emenda da lección <amigue> para evitar unha sintacticamente anómala repetición. O mesmo erro pode verse en B (1305.1) e V (1137.7).

  • 7

    Nótese a concorrencia de mi (B) e me (V) con función de complemento indirecto. Cfr. nota a 642.13.

  • 14-15

    Nótese a repetición da palabra rimante (al) nestes dous versos, feito que, en principio, constitúe unha anomalía na métrica trobadoresca, sen relación con algúns artificios construtivos na rima. Tal reiteración rimática obsérvase esporadicamente ao longo do corpus: 14.48-50 (poderia), 524.9-11 (ei), 704.7-8 (eles), 734.19-20 (i), 783.22-23 (son), 821.16-17 (al), 838.7-11 (é), 879.19-20 (al), 923.10-11 (ei), 926.22-25 (ei), 935.18-20 (i), 1034.7-9 (quiser), 1329.15-21 (vista), 1354.r1-r2, 1366.12-15 (i), 1387.10-14 (treedor), 1388.1-7 (talharon), 1400.23-24 (arteira), 1470b.12-13 (én), 1477.23-25 (ali), 1506.2-3 (cantar), 1535.18-21 (i), 1540.14-18 (i), 1549.19-20 (én), 1633.8-14 (capa).

  • 15

    Neste verso e mais no v. 20 aparece a voz assacar (‘imputar, atribuír, incriminar’), que só volve aparecer nunha cantiga de Pedr’Amigo de Sevilha: mais queres-te-lhi tu mal assacar (1677.7). Para abondosas documentacións deste verbo na produción medieval, véxase CGPA, s.v. assacar, asacar.

  • 16

    Para alén da manutención do carácter eneasilábico do verso, véxase como o respecto da lección dos manuscritos evita a anulación da copulativa que introduce a expresión presentativa e vedes quant’i á (tamén en 357.10, 1238.4).

Buscar
    Sin resultados