821 [= RM 154,1]
Amiga, ben cuid’eu do meu amigo

Amiga, ben cuid’eu do meu amigo
que é morto, ca muit’á gran sazon
que anda triste o meu coraçon,
e direi-vo-lo; mais por que o digo?
Porque á gran sazon que non oi
nen un cantar que fezesse por mí,
nen que non ouvi seu mandado migo.
E sei eu del mui ben que é coitado
se oj[e] el viv’en poder d’amor;
mais por meu mal me filhou por senhor
e por aquest’ei eu maior cuidado:
porque á gran sazon [que non oi
nen un cantar que fezesse por mí
nen que non ouvi seu mandado migo].
E cuid’eu ben del que se non partisse
de trobar por mí sen mort’ou sen al;
mais por esto sei eu que non ést’al,
pero que mi-o [a mí] nen un non disse:
porque á gran sazon [que non oi
nen un cantar que fezesse por mí,
nen que non ouvi seu mandado migo].
 
 
 
 
5
 
 
 
 
10
 
 
 
 
15
 
 
 
 
20
 

Manuscrits


B 824, V 409

Edicions


I. Edicións críticas: Nunes (1973 [1928]: 208-209); Majorano (1979: 132-133 [= LPGP 964-965]); Cohen (2003: 280); Littera (2016: II, 517).
II. Outras edicións: Monaci (1875: 153); Braga (1878: 77); Machado & Machado (1953: IV, 134).
III. Antoloxías: Torres (1977: 377); Jensen (1992: 372); Ferreiro & Martínez Pereiro (1996a: 235).

Variants manuscrites


1 amigo ] *migo B   2 muit’á] uūca B   3 coraçon] coracon B   7 mandado migo] manda damigo BV   9 se] (q̅ e) se B   11 eu] en BV   18 disse] dissesse BV

Variants editorials


4 e direi-vo-lo; mais por que o digo?] e direy-vo-lo mays porque o digo Majorano : e direi-vo-lo mais por que o digo Littera   6 nen un] nẽum Littera   9 oj[e] el viv’en poder d’amor] oj’el viv[e] en poder d’amor Cohen : hoj’el viv[e] em poder d’Amor Littera   13 nen un] nẽum Littera; fezesse] fizesse Nunes   18 pero que mi-o [a mí] nen un non disse] pero que mh’o [a ren] nen hun non disse Majorano : pero que mho nen un ome dississe Cohen : pero que mi o nẽum home [já] disse Littera   20 nen un] nẽum Littera

Paràfrasi


(I) Amiga, ben penso eu que o meu amigo está morto, pois hai moito tempo que está triste o meu corazón, e diréivolo; mais por que o digo? Porque hai moito tempo que non ouvín un cantar que fixese por min, nin tiven novas del.

(II) E sei moi ben que está moi triste se hoxe el vive no poder do amor; mais para a miña desgraza me tomou por señora e por isto teño eu maior preocupación: porque hai moito tempo que non ouvín un cantar que fixese por min, nin tiven novas del.

(III) E penso ben que el non deixaría de trobar por min senón por morte, ou outro motivo similar; mais por isto sei que non é por outra cousa, aínda que a min non mo dixese ninguén: porque hai moito tempo que non ouvín un cantar que fixese por min, nin tiven novas del.

Mètrica


Esquema métrico: 10’a 10b 10b 10’a 10C 10C 10’A (I [= RM 161:179]) + 10’a 10b 10b 10’a 10C 10C 10’D (II-III [= RM 167:5])

Encontros vocálicos: 18 mi͜-o

Notes


Text
  • 4

    A puntuación na edición crítica de Littera continúa a xa estabelecida na edición de Nunes, sen pausa ningunha no verso, a suxerir unha interpretación adverbial de mais:

    e direi-vo-lo mais por que o digo:
    porque há gram sazom...

  • 9

    Resolvemos a hipometría mediante a integración en oj[e] el, con hiato, solución que volvemos encontrar, por exemplo, en 827.1 (Jurava-m’oje | o meu amigo); polo contrario, a secuencia fónica proposta por Cohen e de Littera (viv[e] en) desemboca normalmente en sinalefa.

  • 11

    A presenza neste verso de por aquesto obriga á emenda da unánime lección <en> dos manuscritos en prol de eu, pois sería redundante *por aquest’ei én.

  • 16-17

    Nótese a repetición da palabra rimante (al) nestes dous versos, feito que, en principio, constitúe unha anomalía na métrica trobadoresca, sen relación con algúns artificios construtivos na rima. Tal reiteración rimática obsérvase esporadicamente ao longo do corpus: 14.48-50 (poderia), 524.9-11 (ei), 704.7-8 (eles), 734.19-20 (i), 783.22-23 (son), 838.7-11 (é), 879.19-20 (al), 923.10-11 (ei), 926.22-25 (ei), 935.18-20 (i), 1034.7-9 (quiser), 1043.14-15 (al), 1329.15-21 (vista), 1354.r1-r2, 1366.12-15 (i), 1387.10-14 (treedor), 1388.1-7 (talharon), 1400.23-24 (arteira), 1470b.12-13 (én), 1477.23-25 (ali), 1506.2-3 (cantar), 1535.18-21 (i), 1540.14-18 (i), 1549.19-20 (én), 1633.8-14 (capa).

  • 18

    A necesidade de recuperar dúas sílabas leva consigo solucións editoriais hipotéticas. Cfr. a mi (Nunes), a ren (Majorano), para alén da refacción realizada por Littera no verso.
    Por outra parte, a rima impón a emenda de dissesse en prol de disse para a rima con partisse: neste caso, a solución de Cohen (... nen un ome dississe) propón unha fantasmal forma *dississe, xustificada coa inexistente *fexisse (véxase nota a 762.10) e mais con dissiste das CSM (con forma neste caso explicábel por a partir de dīxĭstī). A lección de Cohen é errada, pois nin é xustificábel desde o lat. dixĭsset nin existe documentación ningunha desa hipotética variante.

Cercar
    No s'ha trobat cap resultat