491 [= RM 18,4]
Ao daian de Calez eu achei

Ao daian de Calez eu achei
livros que lhi levavan da Beger,
e o que os tragia preguntei
por eles, e respondeu-m’el: «Senher,
con estes livros que vós veedes (dous)
e con os outros que el ten dos sous
fod’el per eles quanto foder quer.
E ainda vos end’eu máis direi:
macar na lei muitas [vezes non quer]
leer, por quant’eu sa fazenda sei,
con os livros que ten non á molher
a que non faça que semelhen grous
os corvos, e as aguias babous,
per força de foder, se x’el quiser,
ca non á máis, na arte do foder,
do que, [e]nos livros que el ten, jaz;
e el á tal sabor de os leer
que nunca noite nen dia al faz;
e sabe d’arte do foder tan ben
que con nos seus livros d’artes, que ten,
fod’el as mouras cada que lhi praz.
E máis vos contarei de seu saber
que con nos livros que el[e] ten faz:
manda-os ante sí todos trager
e, pois que fode per eles assaz,
se molher acha que o demo ten,
assi a fode per arte e per sén
que saca dela o demo malvaz.
E, con tod’esto, ainda faz al
con o[s] livros que ten, per bõa fe:
se acha molher que aja [o] mal
deste fogo que de San Marçal é,
assi [a] vai per foder encantar
que, fodendo, lhi faz ben semelhar
que é geada ou nev’e non al».
 
 
 
 
5
 
 
 
 
10
 
 
 
 
15
 
 
 
 
20
 
 
 
 
25
 
 
 
 
30
 
 
 
 
35

Manuscritos


B 493, V 76

Edições


I. Edicións críticas: Lapa (1970 [1965]: 42-43 [= LPGP 140-141]); Paredesa (2001: 294-295); Lopes (2002: 84-85); Paredesb (2010a: 266); Littera (2016: I, 102); Arias Freixedo (2017: 102-103).
II. Outras edicións: Monaci (1875: 35-36); Braga (1878: 16); Machado & Machado (1950: II, 372-373); Paredes (2010b: 188-191); Paredes (2010c: 132-133); Rios Milhám (2018b: III, 491).
III. Antoloxías: Torres (1977: 55-56); Tavares & Miranda (1987: 105-106); Alvar & Beltrán (1989: 185-186); Arias Freixedo (1993: 25-26); Delgado León (1996: 127-128); Ferreiro & Martínez Pereiro (1996c: 65-66); Arias Freixedo (2003: 350-352); Neves (2004: 18-19); Alvar & Talens (2009: 440-442); Fidalgo (2009a: 162-163); Souto Cabo (2017: 37).

Variantes manuscritas


2 livros] liures BV; levavan da Beger] leuariā da be(r)ger   4 eles] elles BV   6 el] ele BV; ten] ren V   7 fod’el] ffoder V   8 E ainda] Ca uida V; vos] uos BV; máis] muis V   9-10 macar na lei muitas [vezes non quer] / leer] Mataʳ nal ey mujta <       > B : mataʳ nal ey muitaf... . / leer V   11 livros] luuros V   12 faça] faca B; semelhen] semelh’ B : semelħ V   14 força] forca B   15 foder] fader B : faver V   16 livros] (liuoi) liuros B : uuros V; ten] tē(z) V   19 foder] fader B; ben] bene V   20 ten] el tem BV   21 cada] tada B   22 vos] uos BV   24 todos] todes B; trager] trages BV   26 o] e V   28 o demo] odemᵒ B : admº V; malvaz] maluas BV   32 fogo] fago B; Marçal] Marcal B

Variantes editoriais


2 lhi] lhe Lapa, Paredesa, Lopes, Paredesb, Littera, Arias Freixedo; levavan] levarian Paredesa, Paredesb; da Beger] d’aloguer Lapa, Lopes : da benzer Paredesa, Paredesb : de Berger Littera   5 veedes] vedes Littera   6 con os] conos Lapa : cõn’os Lopes   9 na lei muit’á [se el quiser]] no leito muitas el ouver Lapa : no lei[to] muita[s el houver] Lopes : vel el muit’aj[a] [de] leer Paredesa, Paredesb : [e]na Lei muit’haj[a mester] Littera : na Lei muitas [vezes non quer] Arias Freixedo   10 leer, por quant’eu sa] por quanto eu [de] sa Paredesa, Paredesb   11 con os] conos Lapa : cõn’os Lopes   13 aguias] anguias Lapa, Paredesa, Lopes, Paredesb, Littera   16 [e]nos] [ẽ]nos Lapa   20 con nos] cõnos Lapa, Paredesa, Paredesb : cõn’os Lopes : con os Arias Freixedo; ten] el ten Lapa, Paredesa, Lopes, Paredesb, Littera, Arias Freixedo   23 con nos] cõnos Lapa, Paredesa, Paredesb : cõn’os Lopes, Littera : con os Arias Freixedo; el[e] ten] el ten [i] Lapa, Paredesa, Paredesb, Arias Freixedo; el[e] ten] el tem [i] Littera   30 con o[s]] cõn’os Lopes : conos Paredesa, Paredesb : con’os Littera

Paráfrase


(I) Souben que ao Deán de Cádiz lle levaban libros de Vejer de la Frontera e pregunteille por eles ao que os traía e el respondeume: «Señor, con estes dous libros que vós vedes e con outros que el ten de seu, fode el por eles canto quere foder.

(II) E aínda vos direi máis do asunto: aínda que na Lei (Biblia) moitas [veces non quere] ler, polo que eu sei dos seus asuntos, cos libros que ten non hai muller a quen non faga que os corvos lle semellen grous e as aguias vermes da seda, a forza de foder, se el quere, (III) pois na arte de foder non hai máis do que está contido nos libros que el ten; e ten tanta ansia e gusto de os ler que noite e día non fai outra cousa; e sabe tanto da arte de foder que, cos seus libros de artes que ten, fode el as mouras cada vez que lle peta.

(IV) E contareivos máis do seu saber e do que fai cos libros que el ten: mándaos traer todos ante si e, despois de que fode canto quere guiándose por eles, se acha unha muller endemoñada, de tal xeito a fode con arte e a conciencia, que saca dela o demo malvado.

(V) E con todo isto, aínda fai outra cousa cos libros que ten, abofé que si: se acha unha muller que teña o mal do fogo de San Marcial, encántaa de tal xeito fodendo, que fai que (o fogo) lle semelle xeada ou neve e non outra cousa».

Métrica


Esquema métrico: 10a 10b 10a 10b 10c 10c 10b (I-IV [= RM 101:6]) + 10a 10b 10a 10b 10c 10c 10a (V [= RM 100:6])

Encontros vocálicos: 5 ve͜e·des; 13 a·gui·as; 27 artee

Notas


Texto
  • 1

    Daian é a única forma utilizada no corpus das cantigas profanas (véxase tamén (454.1, 1683.5), mais é variante minoritaria face ao xeral dean da documentación prosística (do lat. decānum, a través do francés; véxase García-Sabell Tormo 1990: 109-110). Para alén das cantigas, só achamos a variante daian en dous documentos galegos a que se deberá acrecentar tres ocorrencias de daiam en textos portugueses (CGPA, s.v. daian, daiam): 

    Et demays mandamos logo por esta presente carta a Roy Vaasques de Sonar clerigo de don Fernan Aras daian de Lugo (doc. 1334).

    Os sobreditos daián e cabídoo arrendaron a Johán de Leyra, concheiro, des o primeiro día de setenbro primeiro que passou ata dous anos, os tres soldos que o dito cabídoo há ẽna portajee antiga (doc. 1334).

  • 2

    Fronte á reconstrución editorial de formas como aloguer (Lapa, Lopes) ou benzer (Paredes), a indubitábel lección unánime dos dous manuscritos, cunha corrección en B (<be(r)ger> B, <beger> V), apunta a que a lectura deberá ser Beger (ou Bejer), como alusión á cidade hoxe coñecida como Vejer de la Frontera, próxima a Cádiz (Calez) (véxase Ferreiro 2014a: 181-185).
    Nos textos antigos casteláns é esta (xunto con Bejer e tamén, en menor medida, Veger e Vejer, que só aparecen a partir dos séculos XV-XVI) a forma toponímica de tal poboación. Eis só as primeiras ocorrencias do topónimo, que só moi tardiamente incorporou a especificación de la Frontera (cfr. CORDE, s.v. Bejer):

    Enel Andalusia, Huelua Cales Bejer Seuilla Xeres son puertos («Ordenamiento de posturas en el Ayuntamiento de Jerez», 1268); 

    En Cadis Diego Peres fijo de Pero del Llano, Pero Alfonso omme del rrey. En Bejer Domingo Johan mercadero, Ferrand Domingues omme del rrey («Ordenamiento de posturas en el Ayuntamiento de Jerez», 1268); 

    Tenemos por bien e mandamos que todos sus ganados pascan comunalmientre en todos los términos de Xerez e de Carmona e de Arcos e de Medina e de Alcalá e de Bejer e de Niebla e de Huelua e de Gibraleón («Privilegio dado por el rey don Alfonso a Sevilla acerca de los pastos de diversos lugares», 1269).

    Mais tamén aparece Beger por dúas veces na tradución galega da Crónica de Castilla e da Estoria de España:

    Et tenderõse as algaras contra Beger, et per todas essas partidas, correndo et acollendo quanto y acharõ (...) gãanou depoys Xeres, Midina, Alcala, Beger, Sancta Maria del Porto, et Calez, que iaz dentro eno mar, Sanluca del Pechã, et ata Arcos et Librixa (cfr. CGPA, s.v. Beger). 

    Beger tamén se atesta na Crónica de 1344; véxanse dúas citacións: 

    E, tanto que elle foy fora, os cristaãos de Sevilha e de Bejer e de Nevra veeron ha Merida (...) E depois tomou Medina e Alcalla e Bejer e Sancta Marya del Porto e Calez (Cintra 1952-199: II, 344; IV, 490).

    E, sobre todo, o topónimo Beger áchase documentado perfectamente nas Cantigas de Santa Maria do propio Afonso X:

            ... e ar pobrou
    Badallouz, que reyno é
    Muit’antigu’, e que tolleu
    a mouros Nevl’e Xerez,
    Beger, Medina prendeu
    e Alcala d’outra vez (CSM A.15).

    A partir do estabelecemento de Beger como lectura obvia e interpretación certa da forma manuscrita, só fica o problema do artigo toponímico no elemento <da> que precede Beger en BV. Dada a inexistencia, certa no período moderno, de tal artigo, poderíase pensar que se tratase dun lapso de copia <a>/<e> moi frecuente nos apógrafos italianos, en moitas ocasións precedido de <d>: de <da> V (817.13), d’en <dan> V (886.13), de <da> V (993.22), der <dar> B (1024.20), deu <da> BV (1058.7), de <da> V (1219.10), Todela <todala> BV (1348.17), de <da> V (1593.7) etc. Porén, ao longo do cancioneiro profano galego-portugués achamos algúns artigos toponímicos moi similares que aconsellan a manutención da lección coincidente dos manuscritos:

    mias toucas da Estela,
    eu non vos tragerei (920.9-10);

    ben da vila da Graada
    trag’eu o our’e o mouro (1465.11-12).

  • 4

    Nótese a grafía <ll> de <elles> en BV, que, alén de se rexistrar en múltiplas ocorrencias de nulho nos apógrafos italianos (especialmente en B) en vez de <lh>, só se acha de forma esporádica como grafía etimolóxica en voces con /l/ procedente, en xeral, da xeminada latina (ali, bailada, castelo, cavalo –e cavaleiro–, esmola, querelar, Varela, vassalo, Vilanansur etc., con especial incidencia en ela, aquela e ele/s), moi esporadicamente na forma do pronome el (e mais do artigo el-) (véxase nota a 637.2), nalgunha asimilación do artigo ou do pronome (véxase notas a 6.32 e 918.11) e, finalmente, en voces co secuencia fonética [ɾl], que é transmitida sistematicamente en BV coa grafía <rll> (véxase nota a 392.9).

    A forma senher é unha variante provenzalizante de senhor, que tamén se rexistra en 375.16, 491.4, 578.10, 1324.18, 1388.20, 1473.5; a variante sinher aparece en 1396.12, 1431.29, 1500.13, 1644.23. E tamén se atesta nas Cantigas de Santa Maria, sempre en posición de rima (CSM 5.75, 25.43, 245.51, 265.75, 296.28).

  • 6

    A variante pronominal ele de BV provoca un verso hipermétrico, como acontece nalgunhas outras pasaxes do corpus. O carácter espurio da forma máis antiga ele, fronte a el, é obvio en casos en que se trata de refrán, onde non cabe dúbida sobre a incorrección de tal forma (vid. 1133.r1, que na estrofa I presenta o necesario el, fronte ao incorrecto <ele> de BV na estrofa II; algo similar acontece en 1641.r2, coa forma correcta el en todas as estrofas agás na primeira, tamén con <ele> en BV). Estes casos xustifican as necesarias emendas derivadas da métrica noutras pasaxes en que ele provoca versos hipermétricos (236.21, 667.14, 754.7, 1119.25 etc.).

    A forma posesiva sou (tamén en 10.12 e 1632.4) é resultado directo do lat. sŭum; aínda que desapareceu perante a forma analóxica seu, o seu uso na lingua medieval pervive até finais do século XV (véxase CGPA, s.v. sou, sous).

  • 7

    O verbo foder (do lat. futuere), voz escatolóxica reiterada nesta composición (vv. 14, 15, 19, 21, 25, 27, 33, 34), tal como outras voces pertencentes ao ámbito sexual (caralho, cono, peer etc.) non parece ter abandonado o ámbito da oralidade para o texto escrito, agás nas cantigas satíricas, única produción en que o achamos. Non obstante, o verbo foder é a voz deste ámbito máis representada nos escarnios, con máis de 100 rexistros (incluídos os participios e formas substantivadas e excluíndo outras formas derivadas) pretencentes a 17 autores, en 31 cantigas: Afons’Eanes do Coton (UC 1589, 1591, 1598), Afonso X (UC 491), Airas Perez Vuitoron (UC 1495), Alvaro Gomez (UC 877), Estevan da Guarda (UC 1334, 1335), Fernand’Esquio (UC 1614), Joan Garcia de Guilhade (UC 1508, 1509, 1510, 1511), Joan Servando (UC 1440), Joan Soarez Coelho (UC 1419, 1422, 1426, 1427, 1435), Joan Vaasquiz de Talaveira (UC 1567), Martin Moxa (UC 919), Martin Soarez (UC 1376, 1386), Meen Rodriguez de Briteiros (UC 1347), Pero da Ponte (UC 1638, 1651, 1659), Pero Garcia Burgales (UC 1394, 1395), Pero Martiiz (UC 1430), Vaasco Perez Pardal (UC 1525).
    Alén da lírica profana é certamente extraordinaria a aparición do verbo noutro tipo de textos. É significativo que tamén se rexistre nunha composición escarniña do Cancioneiro Geral de Garcia de Resende (Dias 2003: VI, s.v. foder):

    diz que tu,
    quando naceo Barzabu,
    eras ja diabo feito.
    E que jaa entam fodias
    e ias contr’òs inimigos.

    En textos alleos á poesía, só atestamos o verbo nunha pasaxe de Fernão Lopes na Crónica de D. Fernando que debe recoller un proverbio: e dizam-lhe alguus que juras de foder nom eram pera creer (cfr. CdP, s.v.).

  • 9

    Neste verso existe unha lacuna textual nos apógrafos italianos cunha deficiente distribución dos versos. Velaí en B:
     <Matar nal ey mujta
     por quanteu ssa fazenda
     Sey>
    E en V:
      <matar nal ey muitaf
     leer por quanteu ssa fazenda
     sey>
    Os editores resolveron de diferentes maneiras, con interpretacións moi diversas, tal situación, recorrendo a leito e [ouver] (Lapa e Lopes), ou recolocando leer como palabra rimante (a pesar de que é necesaria a rima [ɛɾ]), no caso de Paredes. Pola nosa parte, acollemos a proposta realizada en 2017 por Arias Freixedo, a máis simple e que mellor encaixa na liña discursiva da cantiga, aínda que tamén podería ser aceptada a proposta na antoloxía de 2003.

    Por outra parte, a conxunción concesiva macar, de orixe grega, é case exclusiva do rexistro poético, tal como se deduce do seu uso na poesía trobadoresca profana e da súa alta frecuencia nas Cantigas de Santa Maria. A súa aparición noutro tipo de textos é moi escasa (véxase CGPA, s.v. macar). Cfr. nota a 57.6.

  • 12

    A forma feminina grua é máis común que o masculino grou, que só aparece moi limitadamente en textos do século XV escritos en Portugal (CdP, s.v. grou, grua), que tamén presentan a forma feminina, rexistrada, aliás, nos Miragres de Santiago:

    Et ao jantar comia pouco pan, et comia hũu carto de carneiro, ou duas galinas, ou hũa pata, ou hũa perna de porquo, ou hũu poõ, hũa grua ou hũa lebore (cfr. CGPA, s.v. grua).

    Por outra parte, a lección <semelh’> para semelhen implica unha confusión nas abreviaturas de <er>/<en>.

  • 13

    Todos os editores consideraron que aguias constitúe un erro por anguias por mor da comparación estabelecida entre os corvos e os grous (aves) e, na procura de coherencia, entre as anguias e os babous (animais vermiformes); porén, non se pode excluír a posibilidade de que o contraste avance até a hipérbole que supón a manutención da oposición entre aves como as aguias e os babous ‘bichos da seda’, que só volven aparecer repetidamente na cantiga 18 das Cantigas de Santa Maria:

    Esta é como Santa Maria fez fazer aos babous que crian a seda duas toucas, porque a dona que os guardava lle prometera hũa e non lla dera.

  • 15

    Nótese a lección <fader> B (tamén no v. 19), <faver> V para foder, que é estrañamente coincidente con <ffader> en 919.13, así como con <ffadimalhas> fadimalhas (1449.4) e <fadi malho> B, <fadimalho> V fadimalho (1638.1).

  • 16

    A existencia da variante eno na lingua das cantigas favorece a súa escolla para salvar a hipometría do verso. Ademais, ao longo dos cancioneiros detéctase con frecuencia a presenza de no(s) ~ na(s) en B cando A achega a lección correcta eno(s) ~ ena(s) (véxanse 66.9, 164.r2, 217.11, 227.4, 278.21, 355.8).

  • 20

    A métrica esixe a expunción de el pola hipermetría versal: talvez a presenza de el neste contexto estea condicionada polo similar contexto do v. 16, na mesma estrofa: do que, [e]nos livros que el ten, jaz - que con nos seus livros d’artes, que *el ten.

  • 28

    Malvaz ‘malvado’ é un provenzalismo que só aparece en textos poéticos, pois tamén é frecuente nas Cantigas de Santa Maria.

  • 29-35

    Nótese como, fronte ao esquema rimático xeral ababccb, nesta estrofa o esquema é ababcca.

  • 32

    O fogo de San Marçal, que tamén aparece repetidamente nas Cantigas de Santa Maria, é unha doenza contaxiosa que produce fortes proídos. Véxanse as seguintes rúbricas:

    Como Santa Maria guareçeu a moller do fogo de San Marçal que ll’ avia comesto todo o rostro (CSM 81);

    Como Santa Maria deceu do ceo en hũa eigreja ante todos e guareceu quantos enfermos y jazian que ardia do fogo de San Marçal (CSM 91);

    Esta é como Santa Maria guareceu na sa eigreja en Paris un ome que se tallara a perna por gran door que avia do fogo de San Marçal, e outros muitos que eran con ele (CSM 134).

    E tamén aparece citado no seo dunha cantiga:

    E deu-lles log’ hũa candea tal
    con que ssãassen as gentes do mal
    a que chaman fogo de San Marçal (CSM 259.33).

Procurar
    Não foram encontrados resultados