1097 [= RM 116,5]
Coitado vivo máis de quantos son

Coitado vivo máis de quantos son
no mund’, amigos, e perço meu sén
por ũa dona que quero gran ben;
mais pero sei eno meu coraçon
que non averia coita d’amor
se esta dona fosse mia senhor,
mais esta dona nunca quis que seu
fosse, mais dizen aquestes que an
senhores que logo xi morrerán
por elas; mais de min ja ben sei [eu]
que non averia coita d’amor
[se esta dona fosse mia senhor],
mais non o ést’, e, pois quis Deus assi,
que por seu nunca me quis receber,
se, meus amigos, podess’én põer
que fosse seu, sei ja mui ben per min
que non averia coita d’amor
[se esta dona fosse mia senhor].
 
 
 
 
5
 
 
 
 
10
 
 
 
 
15
 
 
 

Manuscrits


B 1095, V 686

Edicions


I. Edicións críticas: Nunes (1972 [1932]: 468-469); Marroni (1968: 241-242 [= LPGP 735]); Littera (2016: II, 242).
II. Outras edicións: Monaci (1875: 242); Braga (1878: 131); Machado & Machado (1956: V, 132).
III. Antoloxías: Pena (1990: 36); Ferreiro & Martínez Pereiro (1996b: 173); Arias Freixedo (2003: 683-684).

Variants manuscrites


2 amigos, e perço] amigus e perzo V   4 coraçon] coracō B   9 morrerán] moirerā B   14 amigos] amigus V; põer] poner B : pō(d)er V

Variants editorials


1 quantos] quantus Marroni   2 amigos, e perço meu sén] amigus, e perç’o meu sen Marroni   9 morrerán] morreran Nunes   15 amigos, podess’én põer] amigos, podesse põer Nunes : amigus, podess’eu poner Marroni : amigos, podess’eu põer Littera   16 per min] por mi Nunes

Paràfrasi


(I) Son o máis coitado de cantos viven no mundo, amigos, e perdo a razón por unha muller que amo moito; porén, sei no meu corazón que non tería coita de amor se esta muller fose a miña señora, (II) mais esta muller nunca quixo que fose seu (servidor), pero estes que teñen señoras din morrerán axiña por elas; mais de min xa ben sei eu que non tería coita de amor se esta muller fose a miña señora, (III) mais non o é, e xa que Deus así o quixo, que nunca me recibise por seu (servidor), meus amigos, se eu puidese asegurar con certeza que fose seu (servidor) estou totalmente convencido de que non tería coita de amor se esta muller fose a miña señora.

Mètrica


Esquema métrico: 3 x 10a 10b 10b 10a 10C 10C (= RM 160:193)

Notes


Text
  • *

    A liña discursiva desta composición xustifica unha unión sintáctica entre as súas estrofas, todas elas ligadas adversativamente e conferindo un carácter de cantiga ateúda ao texto de Pedr’Amigo de Sevilha, aínda que todos os editores precedentes estabelecen independencia estrófica, e Gonçalves  (2016 [1993]: 269-270) non inclúe a cantiga na súa relación de ateúdas.

  • 2

    É relativamente frecuente no Cancioneiro da Vaticana a presenza da terminación -us en voces en que é xeral a terminación -os (<amigus>, vv. 2, 14); na realidade, esta grafía aparece case exclusivamente en formas verbais de P4 e nomes masculinos plurais. A súa esporádica presenza, limitada aos apógrafos italianos, mostra que é produto do desenvolvemento da abreviatura <9> en posición final, abreviatura herdada do latín, onde funcionaba como desinencia de nominativo nos nomes da segunda declinación, rematados en -us.

    Canto á eventual segmentación do artigo para meu sén (cfr. perç’o meu sen en Marroni), ao longo do corpus tal sintagma é utilizado só co posesivo, sen artigo.

  • 4

    Dun modo diferente a como acontece noutros contextos en que mais e pero funcionan como conxuncións independentes do punto de vista sintáctico (véxase 76.10, 301.16, 692.10, 728.16, 953.4, 1146.9), mais pero (mas pero en 268.16) constitúe unha locución conxuntiva equivalente a ‘a pesar de, non obstante, porén’.

  • 7-8

    Nótese como nesta cantiga, igual que acontece na cantiga 1098, o trobador, tal como a amiga nalgunhas cantigas (véxanse UC 744, 1004, 1008, 1192), alude á eventual súa ‘posesión’ por parte da dona (na realidade, á negativa: «esta dona nunca quis que seu fosse»). Véxase unha formulación moi similar en 1098.8: porque non quis nen quer que seja seu
    O que subxace á expresión «seer seu» e outras semellantes é a metaforización da relación amorosa como un trasunto da relación entre o señor feudal e os seus vassalos; o que se coñece entre a crítica como a ‘metáfora feudal’. Tal como o vasalo xuraba servir ao seu señor e este aceptaba o servizo e se comprometía a defendelo e a auxilialo nas dificultades (coitas), así o protagonista das cantigas de amor dirixe o seu sentimento amoroso a unha muller que identifica como a súa señora (senhor) e á que está desexoso de servir para poder recibir o galardón (o ben) dela. Mais son maioría esmagadora as cantigas en que a muller (senhor) non o acepta como servidor, como vasalo amoroso, o que non fai senón aumentar o sufrimento (coita) que o namorado sente desde que viu a dama. Con todo, só nalgúns casos como este se utiliza unha expresión relativa especificamente a este motivo da vasalaxe amorosa: «nunca quis que seu fosse». Noutras ocasións utilízase o termo ome, que neste caso está suposto. O habitual é que o concepto estea implícito ou que se aluda a el por medio doutros termos e expresións tiradas tamén da linguaxe feudal, tales como servir, galardon, ben, fazer ben etc.
    A orixinalidade de Pedr’Amigo de Sevilha, nesta cantiga e mais na cantiga 1098 reside en que cuestiona ese alicerce basilar das cantigas de amor, ao argumentar que a muller que non corresponde ao amor do seu vasalo amoroso non pode ser considerada senhor, pois a relación feudal debe ser recíproca.

  • 9

    O verbo morrer en principio non é un verbo pronominal; porén, nas cantigas profanas detéctase ese carácter nunhas poucas pasaxes (véxase tamén 395.20, 511.7, 757.7, 758.11, 1005.11, 1065.1, 1235a.3, 1235b.3, 1474.8, 1590.4). Na prosa, tamén aparece esporadicamente algún uso pronominal do verbo morrer, por exemplo nas traducións galegas da General Estoria (véxase Martínez López 1963: 34) e da Crónica de Castilla e mais da Estoria de España (véxase Lorenzo 1975: 727), na Crónica Geral de Espanha de 1344 (véxase Cintra 1952-1990: III, 266), ou na Crónica de D. João I (véxase Fernão Lopes 1994: 396).

  • 14

    A presenza de -n- na forma manuscrita <poner> é simple indicación gráfica da nasalidade fonolóxica de /õ/ en põer (confirmada neste caso pola lección de V), o mesmo que noutras voces que se rexistran, en especial, nos apógrafos italianos (case sempre con unha das documentacións correcta) en <bona> bõa e, esporadicamente, en <alguna> algũa e <(h)una> ũa, <capaton es> çapatões, <certano> certão, <dona> dõa, <lontano> loução, <lunar> lũar, <mano> mão, <pardonar> perdõar, <uano> vão, <ueno> vẽo, <uilano> vilão. Sobre estas grafías e as formas do tipo irmana, véxase Ferreiro 2008b.

Cercar
    No s'ha trobat cap resultat