1080 [= RM 121,7]
De-lo dia’n que m’eu quitei

De-lo dia’n que m’eu quitei
d’u mia senhor é morador,
nunca de min ouve sabor,
per boa fe, nen averei,
se non vir ela, d’outra ren,
ca me quitei a meu pesar
d’u ela é; pois m’én quitei,
nunca [eu] me depois paguei
de min nen me cuid’a pagar,
se non vir ela, [d’outra ren].
Pero que [dela] ben non ei,
verdade vos quero dizer:
nunca eu depois vi prazer
nen ja máis non o veerei,
se non vir ela, d’outra ren.
 
 
 
 
5
 
 
 
 
10
 
 
 
 
15

Manuscripts


B 1077, V 669

Editions


I. Edicións críticas: Nunes (1972 [1932]: 438-439 [= LPGP 796]); Reali (1964: 65); Fernández Campo (2012: 51); Littera (2016: II, 317).
II. Outras edicións: Monaci (1875: 236-237); Braga (1878: 128); Machado & Machado (1956: V, 102-103).
III. Antoloxías: Nunes (1959: 323).

Manuscript variants


1 De-lo] Pelo V   2 morador] mo\rador/ V

Editorial variants


2 d’u] du Nunes   7 d’u] du Nunes; m’én] m’eu Nunes, Reali   8 nunca [eu] me depois paguei] nunca me depois [eu] paguei Nunes, Littera : nunca me depois paguei Reali, Fernández Campo   11 [dela] om. Reali : [nẽum] Littera   12 vos] vus Reali, Fernández Campo

Paraphrase


(I) Desde o día en que eu me afastei do lugar onde mora a miña señora, nunca sentín contentamento de min mesmo, abofé, nin o sentirei de ningunha outra cousa se non a vexo a ela.
(II) Porque me afastei contra a miña vontade de onde ela está, despois de me afastar de alí, nunca estiven satisfeito de min nin o penso estar de ningunha outra cousa se non a vexo a ela.
(III) Aínda que non recibín o favor dela, quero dicirvos a verdade: eu nunca vin nada pracenteiro nin xamais o verei de ningunha outra cousa se non a vexo a ela.

Metrics


Esquema métrico: 3 x 8a 8b 8b 8a 8C (= RM 155:22)

Notes


Text
  • *

    Esta composición, con unión sintáctico-discursiva causal entre as dúas primeiras estrofas e con ligazón adversativa entre as estrofas II e III mostra un certo carácter de cantiga ateúda atá fiinda, xa que a ligazón adversativa ben podería xustificar unha puntuación sen ruptura estrófica final. Cfr. notas ás cantiga 55 e 74.

  • 1

    O íncipit presenta a crase da preposición en coa voz anterior (habitualmente coita e dia), tal como se rexistra esporadicamente no corpus; en calquera caso, esta crase ten unha maior presenza no Cancioneiro da Ajuda, que nalgúns casos a presenta fronte a B, que mantén a integridade de en (87.3, 133.15, 279.r1, 306.10) ou que, alternativamente, omite a preposición (70.28, 89.19, 199.14). Véxanse tamén 18.16, 28.14, 43.20, 59.3, 60.7, 83.19, 133.2, 138.7 e 9, 141.9, 154.r1 e r3, 155.7, 263.6, 267.2, 270.19, 282.8, 388.5, 390.2, 395.7, 460.4, 465.10, 804.7, 1080.1, 1145.23 e 1420.11. Cfr. nota a 6.4.

  • 5

    Todas as formas pronominais oblicuas tónicas poden aparecer en función de CD sen preposición (se non vir ela) ao longo do corpus trobadoresco.

  • 8

    A falta de unha sílaba métrica é facilmente subsanábel coa reintegración do pronome eu –que colocamos en interpolación no verso, como é habitual na lingua trobadoresca– e que coa súa presenza na secuencia nunca eu restaura a simetría coa primeira e derradeira estrofa:
              De-lo dia’n que m’eu quitei (v. 1, I)
              nunca [eu] me depois paguei (v. 8, II)
              nunca eu depois vi prazer (v. 13, III).
    Porén, tanto Reali como Fernández Campo deixaron hipométrico o verso, mentres que Littera sitúa o pronome antes de paguei.

  • 11

    A ausencia do texto correspondente a dúas sílabas métricas pode ser sanada de diversas formas, nomeadamente con nen un (Pero que [nen un] ben non ei; cfr. pero que dela eu niun ben non ei, 303.13) ou con dela (cfr. por én, se dela ben non ei, 352.10; non me diran que dela ben non ei, 984.16). A segunda parece mellor opción, pois fai referencia á senhor como ocorre nas outras estrofas; outrosí, tamén polo sentido e a linguaxe paradoxal propia das cantigas de amor: despois de deixar de vela nunca máis viu nin verá pracer de ningunha outra cousa, a pesar de que dela tampouco recibiu ningún ben.

Search
    No results