I. Edicións críticas: Nunes (1972 [1932]: 438-439 [= LPGP 796]); Reali (1964: 65); Fernández Campo (2012: 51); Littera (2016: II, 317).
II. Outras edicións: Monaci (1875: 236-237); Braga (1878: 128); Machado & Machado (1956: V, 102-103).
III. Antoloxías: Nunes (1959: 323).
1 De-lo] Pelo V 2 morador] mo\rador/ V
2 d’u] du Nunes 7 d’u] du Nunes; m’én] m’eu Nunes, Reali 8 nunca [eu] me depois paguei] nunca me depois [eu] paguei Nunes, Littera : nunca me depois paguei Reali, Fernández Campo 11 [dela] om. Reali : [nẽum] Littera 12 vos] vus Reali, Fernández Campo
(I) Desde o día en que eu me afastei do lugar onde mora a miña señora, nunca sentín contentamento de min mesmo, abofé, nin o sentirei de ningunha outra cousa se non a vexo a ela.
(II) Porque me afastei contra a miña vontade de onde ela está, despois de me afastar de alí, nunca estiven satisfeito de min nin o penso estar de ningunha outra cousa se non a vexo a ela.
(III) Aínda que non recibín o favor dela, quero dicirvos a verdade: eu nunca vin nada pracenteiro nin xamais o verei de ningunha outra cousa se non a vexo a ela.
Esquema métrico: 3 x 8a 8b 8b 8a 8C (= RM 155:22)
Esta composición, con unión sintáctico-discursiva causal entre as dúas primeiras estrofas e con ligazón adversativa entre as estrofas II e III mostra un certo carácter de cantiga ateúda atá fiinda, xa que a ligazón adversativa ben podería xustificar unha puntuación sen ruptura estrófica final. Cfr. notas ás cantiga 55 e 74.
O íncipit presenta a crase da preposición en coa voz anterior (habitualmente coita e dia), tal como se rexistra esporadicamente no corpus; en calquera caso, esta crase ten unha maior presenza no Cancioneiro da Ajuda, que nalgúns casos a presenta fronte a B, que mantén a integridade de en (87.3, 133.15, 279.r1, 306.10) ou que, alternativamente, omite a preposición (70.28, 89.19, 199.14). Véxanse tamén 18.16, 28.14, 43.20, 59.3, 60.7, 83.19, 133.2, 138.7 e 9, 141.9, 154.r1 e r3, 155.7, 263.6, 267.2, 270.19, 282.8, 388.5, 390.2, 395.7, 460.4, 465.10, 804.7, 1080.1, 1145.23 e 1420.11. Cfr. nota a 6.4.
Todas as formas pronominais oblicuas tónicas poden aparecer en función de CD sen preposición (se non vir ela) ao longo do corpus trobadoresco.
A falta de unha sílaba métrica é facilmente subsanábel coa reintegración do pronome eu –que colocamos en interpolación no verso, como é habitual na lingua trobadoresca– e que coa súa presenza na secuencia nunca eu restaura a simetría coa primeira e derradeira estrofa:
De-lo dia’n que m’eu quitei (v. 1, I)
nunca [eu] me depois paguei (v. 8, II)
nunca eu depois vi prazer (v. 13, III).
Porén, tanto Reali como Fernández Campo deixaron hipométrico o verso, mentres que Littera sitúa o pronome antes de paguei.
A ausencia do texto correspondente a dúas sílabas métricas pode ser sanada de diversas formas, nomeadamente con nen un (Pero que [nen un] ben non ei; cfr. pero que dela eu niun ben non ei, 303.13) ou con dela (cfr. por én, se dela ben non ei, 352.10; non me diran que dela ben non ei, 984.16). A segunda parece mellor opción, pois fai referencia á senhor como ocorre nas outras estrofas; outrosí, tamén polo sentido e a linguaxe paradoxal propia das cantigas de amor: despois de deixar de vela nunca máis viu nin verá pracer de ningunha outra cousa, a pesar de que dela tampouco recibiu ningún ben.
Utilizamos cookies de terceiros com fins analíticos para conhecer os hábitos de navegação (por exemplo, páginas visitadas). Ao aceitar cookies de terceiros, terá de as excluir das opções do seu navegador ou do sistema oferecido por terceiros.
Clique no botão correspondente para aceitar ou recusar as cookies: