1216 [= RM 110,1]
Des quando vos fostes d’aqui

Des quando vos fostes d’aqui,
meu amigo, sen meu prazer,
ouv’én tan gran coita des i
qual vos ora quero dizer:
que non fezeron des enton
os meus olhos se chorar non,
nen ar quis o meu coraçon
que fezessen se chorar non.
E, des que m’eu sen vós achei,
sol non me soubi conselhar,
e mui triste por én fiquei
e con coita grand’e pesar,
que non fezeron des enton
[os meus olhos se chorar non,
nen ar quis o meu coraçon
que fezessen se chorar non].
E fui eu fazer oraçon
a San Clemenç’e non vos vi,
e ben des aquela sazon,
meu amig’, avẽo-m’assi:
que non fezeron des enton
[os meus olhos se chorar non,
nen ar quis o meu coraçon
que fezessen se chorar non].
 
 
 
 
5
 
 
 
 
10
 
 
 
 
15
 
 
 
 
20
 
 
 
 

Manoscritti


B 1200, V 805

Edizioni


I. Edicións críticas: Nunes (1973 [1928]: 386-387 [= LPGP 700]); Cohena (2003: 433); Littera (2016: II, 199); Cohenb (2016b: 21); Eirín (2022: 157-158).
II. Outras edicións: Monaci (1875: 276); Braga (1878: 151); Machado & Machado (1956: V, 305); Monteagudo (1998b: 143); Pena (1998c: 107); Montero Santalha (2004).
III. Antoloxías: Nunes (1959: 316-317); Álvarez Blázquez (1975: 180-181).

Varianti manoscritte


1 Des quando] Desq̄ndo B; vos] vos B : uos V   3 ouv’én] ou ueu V; gran] g̃ra B   6 se] si V   7 nen] uen V; coraçon] coracon V   10 conselhar] sōselhar B   12 grand’e] g̃rade B   17 eu] (en) eu B    18 Clemenç’e] clemente B : demente V; non] no B   20 amig’, avẽo] amig(u)aueō B : amigua ueō V   21 fezeron] fezon V

Varianti editoriali


Cohen dispón a cantiga con versos longos, de dezaseis sílabas.

3 én] eu Nunes, Cohena, Cohenb, Littera   10 soubi] soub’i Cohena, Cohenb, Littera   20 amig’] amigo Cohena, Cohenb

Parafrasi


(I) Desde que tan dolorosamente para min vos fostes de aquí, meu amigo, tiven tan gran coita por iso cal agora vos quero dicir: que os meus ollos non fixeron senón chorar desde entón, nin quixo o meu corazón que fixesen outra cousa senón chorar.

(II) E, desde que eu me encontrei sen vós, nin sequera souben que facer, e fiquei por iso moi triste e con gran coita e pesar, que os meus ollos non fixeron senón chorar desde entón, nin quixo o meu corazón que fixesen outra cousa senón chorar.

(III) E fun orar a San Clemenzo e non vos vin, e desde aquel momento, meu amigo, pásame isto: que os meus ollos non fixeron senón chorar desde entón, nin quixo o meu corazón que fixesen outra cousa senón chorar.

Metrica


Esquema métrico: 8a 8b 8a 8b 8C 8C 8C 8C (I-II [= RM 105:1]) + 8a 8b 8a 8b 8A 8A 8A 8A (III [= RM 59:1])

Note


Testo
  • *

    De acordo coa rima, como elemento funtamental estruturador dos versos, e a diferenza de Cohen, dispomos a cantiga en versos octosilábicos.

  • 6

    Nótese a presenza en V da lección si, que pode considerarse variante da conxunción condicional se, igual que acontece en 1173.5, onde é B o cancioneiro que achega esta forma, variante extremadamente rara na lírica trobadoresca (véxase 460.25).

  • 10

    En Cohen (e Littera) aparece unha segmentación soub’i que resulta desnecesaria e non achega contido semántico ao texto. Neste caso mesmo semella desaconsellábel por razóns internas de transmisión dos textos: a terminación -i da P1 de pretérito é típica dos apógrafos italianos, diverxentes neste caso daqueles transmitidos polo Cancioneiro da Ajuda, que en xeral presenta soube: soube A / soubi B (159.3, 279.15, 300.2) e soube A / soubi BV (417.9, 807.17). Xustamente por iso quizais a única segmentación ‘segura’ de soub’i debe ser a realizada nunha cantiga de Roí Fernandiz de Santiago, onde son coincidentes A, B e V (900.9).

  • 12

    Obsérvese como que cumpre diferente función nos sucesivos refráns, pois é completivo nas estrofas I e III e ten valor consecutivo na estrofa II, cunha variación funcional que encontramos en máis cantigas. Cfr. nota a 27.4.

  • 18

    Neste verso rexístrase a forma Clemenço (reaparece tamén nas cantigas 1217, 1218 e 1219 de Nuno Treez), procedente dunha base latina con cl- inicial (cfr. o erro <d>/<cl> en V) de onde esperariamos un resultado [t͡ʃ] ou [cr]. Esta variante fonética para o tratamento do grupo latino cl- debe ser relacionada coa evolución doutros grupos, como pl- e fl-, que, para alén do resultado [t͡ʃ], ofrecen, nalgúns vocábulos, como resultado diverxente a solución rotatizada cr-, pr- e fr-; neste sentido, convén insistir na frecuencia con que no territorio galego-portugués alternan as solucións cr-/cl-, pr-/pl- e fr-/fl- pola vacilación fonética [ɾ] ~ [l] nestes grupos. Así, a carón dos xerais prazer e preito, achamos un caso de pleito (434.13) e mais o sistemático planeta (1340.2, 3, 8, 12 e 27; 1451.23), para alén de bastantes casos de plazer: 7.44, 9.1, 20.23, 62.3, 102.11, 412.29, 924.3, 1624.1. Por súa vez, sendo clerigo forma única, existe vacilación entre clerizia (1340.11, 1497.36) e crerezia ~ crerizia (888.43, 917.3); por último, fronte ao maioritario frol e fror, rexístrase tamén flor (113.15, 517.17, 551.16, 585.1 e 4, 864.19, 866.2), para alén do antropónimo Flores (530.9, 772.10).

    San Clemenço fai referencia a San Clemenço do Mar (véxase cantiga 1217), unha ermida con esta advocación na Illa do Santo do Mar na costa de Marín (na parroquia de Ardán) (véxase Souto Cabo 2018: 89).

Cerca
    Nessun risultato trovato