I. Edicións críticas: Nunes (1973 [1928]: 387 [= LPGP 702]); Cohen (2003: 434); Littera (2016: II, 199-200); Eirín (2022: 162).
II. Outras edicións: Monaci (1875: 276); Braga (1878: 151); Machado & Machado (1956: V, 306); Monteagudo (1998b: 144); Pena (1998c: 108); Montero Santalha (2004).
III. Antoloxías: Pellegrini (1928: 36); Nemésio (1961 [1949]: 162); Fernández Pousa (1951: 93); Nunes (1959: 370); Álvarez Blázquez (1975: 181); Landeira Yrago (1975: 89); Torres (1977: 380).
1 Clemenço] clemenco B : oremenço V; mar] mal V 4 Clemenço] clemēco B : demenço V 5 vingada] ningada B
Nunes e Littera acrecentan unha nova estrofa (hipotética), que constituíría a terceira cobra:
[Se mi d’el non vingar,
do fals’e desleal,
non dormirei].
(I) San Clemenzo do Mar, se me non vingar del, non dormirei.
(II) San Clemenzo, Señor, se non for vingada, non dormirei.
(III) Se non for vingada do falso e do traidor, non dormirei.
Esquema métrico: 3 x 6a 6a 4B (= RM 26:109)
A reconstrución dunha hipotética cobra perdida por parte de Nunes e Littera ten un inevitábel carácter arbitrario, sen base textual e documental, dado que nos apógrafos italianos non se observan marcas ou espazos en branco que permitan supor a falta de texto.
San Clemenço do Mar fai referencia á ermida desta advocación que se encontra na Illa do Santo do Mar na costa de Marín (na parroquia de Ardán) (véxase Souto Cabo 2018: 89). Neste sentido, nótese que en Nunes e Cohen e mais Littera o sintagma determinativo do mar non está integrado no topónimo, que supón unha interpretación tamén lexítima da lección dos manuscritos.
Sobre o tratamento evolutivo do grupo cl- en Clemenço (tamén no v. 4) véxase nota a 1216.18.