1219 [= RM 110,2]
Estava-m’en San Clemenço, u fora fazer oraçon

Estava-m’en San Clemenço, u fora fazer oraçon,
e disse-mi o mandadeiro, que mi prougue de coraçon:
«Agora verra aqui voss’amigo».
Estava-[m]’en San Clemenço, e fora candeas queimar,
e disse-mi o mandadeiro: «Fremosa de bon semelhar,
agora verra aqui [voss’amigo]».
Estava-m’en San Clemenço, u fora oraçon fazer,
e disse-mi o mandadeiro: «Fremosa de bon parecer,
agora verra aqui [voss’amigo]».
E disse-mi o mandadeiro, que mi prougue de coraçon,
porque viu que me prazia, ar disse-m’outra vez enton:
«Agora verra aqui [voss’amigo]».
E disse-mi o mandadeiro: «Fremosa de bon semelhar»;
porque viu que mi prazia, ar começou-m[e] a falar:
«Agora verra aqui [voss’amigo]».
E disse-mi o mandadeiro: «Fremosa de bon parecer»;
porque viu que me prazia, ar começou-[me] a dizer:
«Agora verra aqui [voss’amigo]».
 
 
 
 
5
 
 
 
 
10
 
 
 
 
15
 
 
 

Manuscritos


B 1203, V 808

En BV a estrofa que editamos como cuarta da cantiga foi copiada ao remate do texto.

Edicións


I. Edicións críticas: Nunes (1973 [1928]: 389-390 [= LPGP 700-701]); Cohen (2003: 436); Littera (2016: II, 201); Eirín (2022: 173).
II. Outras edicións: Monaci (1875: 277); Braga (1878: 152); Machado & Machado (1956: V, 309-310); Monteagudo (1998b: 146); Pena (1998c: 111); Montero Santalha (2004).
III. Antoloxías: Nunes (1959: 371-372); Álvarez Blázquez (1975: 182); Landeira Yrago (1975: 90-91); Gonçalves & Ramos (1983: 272); Pena (1990: 88-89).

Variantes manuscritas


1 Estava-m’en] Estauā en B   3 verra aqui] veira aqi B : uerra qi V   4 Clemenço] clemenco B; candeas] cādeuas V   5 semelhar] (parecer) semelhar V   6 verra] ueira B : uera V   9 verra] ueira B   11 me] mi V; prazia] praçia V; m’] mho B   12 verra] veira B   13 de] da V   14 começou] come cou B   15 verra] ueira B   17 me] mi V   18 verra] ueira B

Variantes editoriais


En Nunes os versos do corpo da estrofa son editados como versos heptasilábicos graves e octosilábicos agudos. En Cohen as estrofas respectan a súa sucesión en BV: I-II-III-VI-IV-V.

3 aqui] ‘qui Nunes   4 e] u Nunes, Cohen, Littera   6 aqui] ‘qui Nunes   9 aqui] ‘qui Nunes   11 me] mi Nunes, Cohen, Littera; m’] mh Cohen   12 aqui] ‘qui Nunes   15 aqui] ‘qui Nunes   17 me] mi Nunes, Cohen   18 aqui] ‘qui Nunes

Paráfrase


(I) Estaba eu en San Clemenzo, onde fora facer oración, e díxome o mensaxeiro (algo) que me prougo de corazón: «Agora virá aquí o voso amigo».

(II) Estaba eu en San Clemenzo, onde fora acender candeas, e díxome o mensaxeiro: «Fermosa de belo semellar, agora virá aquí o voso amigo».

(III) Estaba eu en San Clemenzo, onde fora facer oración, e díxome o mensaxeiro: «Fermosa de belo parecer, agora virá aquí o voso amigo».

(IV) E díxome o mandadeiro (algo) que me prougo de corazón, porque viu que me pracía, e díxome outra vez daquela: «Agora virá aquí o voso amigo».

(V) E díxome o mandadeiro: «Fermosa de belo semellar»; porque viu que me pracía, entón comezou a me falar: «Agora virá aquí o voso amigo».

(VI) E díxome o mandadeiro: «Fermosa de belo parecer»; porque viu que me pracía, entón comezou a me dicir: «Agora virá aquí o voso amigo».

Métrica


Esquema métrico: 6 x 16a 16a 10’B (= RM 26:5)

Encontros vocálicos: 2 -mio; 5 -mio; 8-mio; 10-mio; 13 -mio; 16-mio

Notas


Texto
  • *

    Foi Nunes o editor que reordenou as estrofas da cantiga, adiantando a derradeira cobra dos manuscritos para a estrofa IV; deste modo, harmonízase a sucesión de rimas (-on, -ar, -er), ao tempo que fica loxicamente agrupado o parlamento do mandadeiro nas dúas estrofas finais.

    Por outra parte, conforme o seu costume, Nunes mantivo os versos curtos que presentan os apógrafos italianos a pesar da anotación colocciana de B: 16 syll (isto é, 16 sílabas).

  • 1

    Nótese a grafía <Eſtauā en> de B (por <Eſtauamen>), onde a lineta (ou til) de nasalidade representa unha nasal explosiva (/m/ neste caso). Na realidade, ao longo do corpus rexístrase un limitado número de exemplos deste tipo: se mi-a <sēha> B vs. <se mia> A (225.2), se mi ar <ssēhar> B vs. <ssemhar> V (337.6=r2), com’estes <cō estes> V vs. <com estes> B (925.7), descomunal <descōunal> B vs. <descomunal> V (497.9), e meu <ē eu> B vs. <e meu> V (1176.16), Estava-m’en <Estauā en> B vs. <Estauam eu> V (1219.1), dona <doā> V vs. <dona> B (1237.34), com’eu <cō eu> B vs. <com eu> V (1593.6 [= r2]), dona <do a> B, <dō a> V (1664.3). É máis frecuente o proceso inverso: o -n- como unha marca de nasalidade vocálica (<bona> bõa, por exemplo) (véxase Ferreiro 2008b).

    Sobre o grupo cl- en Clemenço (tamén no v. 1, 4 e 7) véxase nota a 1216.18.

  • 3

    Parece obvio que Nunes optou pola forma ‘qui para evitar unha sinalefa que non é precisa por ningunha razón métrica, pois o verso do refrán ben pode ser de 10 sílabas.

  • 4

    A reintegración do pronome en Estava-[m]’eu vén indicada pola súa presenza no v. 1 (Estava-m’en San Clemenço ...).

    Por outra parte, é desnecesaria a emenda que dos manuscritos fixeron os anteriores editores: en efecto, pode manterse perfectamente a conxunción copulativa (e fora candeas queimar), sen que sexa necesaria a mudanza e > u e a repetición da construción dos vv. 1 e 7 (u fora oraçon fazer).

  • 14

    Tanto neste verso como no v. 17 reintegramos a vogal do pronome me para recuperar a isometría, do mesmo xeito que en 1218.9, como opción máis económica para conseguir as dezaseis sílabas. Véxase nota a 1218.9.

Buscar
    Non se atopou ningún resultado