346 [= RM 157,25]
Gran coita sofr’e vo[u]-a negando

Gran coita sofr’e vo[u]-a negando,
ca non quis Deus que coita sofresse
que eu ousasse, mentre vivesse,
nunca dizer, e por aquist’ando
[m]aravillado de como vivo
en tan gran coita com’oj’eu vivo.
E esta coita, de que eu jaço
cuidando sempre des que me deito,
pois me levo, sol non é en preito
que cuid’en al, e por én me faço
maravillado de como vivo
[en tan gran coita com’oj’eu vivo].
Ben sei que ome sol non m’entende
qual coita sofr’e como coitado
eu viv’oje, ne[n] ést’ome nado
que o soubess’e que non fosse ende
maravillado de como vivo
[en tan gran coita com’oj’eu vivo].
E non o ouso dizer, cativo;
demais, desejo mia mort’, e vivo.
 
 
 
 
5
 
 
 
 
10
 
 
 
 
15
 
 
 
 
20

Manuscritos


A 210

Ediciones


I. Edicións críticas: Michaëlis (1990 [1904]: I, 411-412 [= LPGP 302]); Littera (2016: I, 329); Bruno (2022: 33-34).
II. Outras edicións: Carter (2007 [1941]: 123-124); Machado & Machado (1960: VII, 28); Arbor Aldea (2016b); Rios Milhám (2018b: III, 346).
III. Antoloxías: Ferreiro & Martínez Pereiro (1996b: 65).

Variantes manuscritas


3 ousasse] oussase A   7 E esta] E {e}sta A; jaço] ia(s)ço A   15 viv’oge] uiuu oge A

Variantes editoriales


7 jaço] jasço Littera   9 en] en Littera   16 soubess’e ... fosse] soubesse ... foss(e) Michaëlis : soubesse ... foss’ Littera : soubesse ... fosse Bruno

Paráfrasis


(I) Gran coita sufro e vouna ocultando, porque non quixo Deus que sufrise coita de que eu ousase falar mentres vivise, e por isto estou marabillado de como vivo en tan gran coita como hoxe eu vivo.

(II) E (por) esta coita, en que estou pensando sempre desde que me deito, despois de me erguer tampouco é posíbel que pense en ningunha outra cousa, e por iso estou marabillado de como vivo en tan gran pena como hoxe eu vivo.

(III) Sei ben que ninguén entende sequera a coita que sufro e o coitado que vivo eu agora, nin naceu home que o soubese e que por iso non fose marabillado de como vivo en tan gran pena como hoxe eu vivo.

(1) E non o ouso dicir, infeliz de min; por riba, desexo a miña morte, e vivo.

Métrica


Esquema métrico: 3 x 9’a 9’b 9’b 9’a 9’C 9’C + 9’c 9’c (= RM 160:309)

Encontros vocálicos: 16 fosseende

Notas


Texto
  • 1

    Perante a lección <uoa> temos unha dupla posibilidade de interpretación: ou estamos perante un relativamente frecuente erro <o>/<ou> en A (véxase nota a 65.32), ou perante a redución da secuencia trivocálica [‘owa] (vou-a > vo-a) que non se rexistra no Cancioneiro da Ajuda. Cfr. nota a 292.16.

  • 3

    No Cancioneiro da Ajuda detéctanse algúns casos de confusión de sibilantes, probabelmente un fenómeno gráfico sen transcendencia fonolóxica. A forma <oussase> ousasse neste verso mostra unha dupla confusión, talvez por troca de posición. Por unha banda, a confusión <-ss->/<-s->, como outra formas que achamos ao longo do cancioneiro: como <dessamar> desamar (66.21), <dessamparado> desamparado (317.21), <oussasse> ousasse (268.2, 275.4308.11, 313.8) e <oussen> ous’én (268.3), ou as repetidas <guissa> guisa e <guissada> guisada (72.27, 137.32, 140.1, 2 e 5, 146.19, 147.3, 150.4, 259.18, 409.8, 692.7), <pessar> pesar (90.21, 214.21, 395.9, 439.4 e 10, 441.6, 12 e 18), <quissesse> quisesse (199.27, 407.10), <quisso> quiso (407.11) e <quisser> quiser (71.18, 692.13). Véxanse tamén notas a 69.7, 80.10, 88.15 e 89.2.

    Por outra banda, <oussase> implica tamén a confusión de sibilantes que se detecta especialmente en desinencias do pretérito de subxuntivo: <amase> amasse (409.6), <deues(e)> devesse (282.14), <disses(e)> dissesse (409.21), <ousas(e)> ousasse (982.22), <podes(e)> podesse (409.2), <quisesedes> quisessedes (88.15, 812.7), <soffresen> sofressen (85.17), <uis(e)> visse (138.6). Alén desta desinencia, tamén se acha a mesma representación gráfica en <asi> assi (240.23, 318.15), <disesse> dissesse (199.28), <outrosi> outrossi (413.11, 17 e 23, cfr. outrossi no v. 5), <pos(o)> posso (409.14), <uasalo> vassalo (84.12), <uoso> vosso (362.2). Véxanse tamén notas a 66.21, 69.7, 80.10 e 89.2.

  • 4

    Eis a única ocorrencia de aquisto (vs. aquesto), coherente coa escasa representación das formas demostrativas invariábeis con [i] como vogal tónica. Véxase nota a 282.16 e 625.9.

  • 7

    As formas regulares jaço, jaça, presente de indicativo e de subxuntivo de jazer (< iacēre) son as ofrecidas polo Cancioneiro da Ajuda (80.10, 130.1 –<iazco> B–, 174.4 –<iasco> B–, 346.7), fronte ás formas jasco e jasca e demais formas do presente subxuntivo –anómalas a partir do lat. iacĕo e iacĕam, respectivamente–, propias dos apógrafos italianos (14.32, 1605.10 e 13, 1606.21)1 .

  • 15

    Na lección do Cancioneiro da Ajuda existe unha errada repetición de <u>, de modo que o texto correcto debería ser <uiu oge>.

  • 16

    A segmentación da copulativa facilita a articulación sintáctica, ligando soubesse e fosse.

  1. ^

    Se cadra son produto da analoxía cos verbos incoativos e similares (cfr., por exemplo, conhosco vs. conhoces).

Buscar
    Sin resultados