[last revised: 23/02/2024]Print

586 [= Tav 25,4]
Levantou-s’a velida

Levantou-s’a velida,
levantou-s’alva,
e vai lavar camisas
eno alto:
vai-las lavar alva.
Levantou-s’a louçana,
levantou-s’alva,
e vai lavar delgadas
eno alto:
vai-las lavar [alva].
[E] vai lavar camisas,
levantou-s’alva;
o vento lhas desvia
eno alto:
vai-las lavar alva.
E vai lavar delgadas,
levantou-s’alva;
o vento lhas levava
eno alto:
vai-las lavar [alva].
O vento lhas desvia,
levantou-s’alva;
meteu-s’alva en ira
eno alto:
vai-las lavar [alva].
O vento lhas levava,
levantou-s’alva;
meteu-s’alva en sanha
eno alto:
vai-las lavar [alva].
 
 
 
 
5
 
 
 
 
10
 
 
 
 
15
 
 
 
 
20
 
 
 
 
25
 
 
 
 
30

Manuscripts


B 569, V 172

Editions


I. Edicións críticas: Lang (1972 [1894]: 76-77 [= LPGP 196-197]); Nunes (1973 [1928]: 20-21); Cohen (2003: 602); Littera (2016: I, 221-222); Fassanelli (2021: 64-66).
II. Outras edicións: Moura (1847: 142-144); Monaci (1875: 69-70); Braga (1878: 35); Machado & Machado (1952: III, 194-195); Cohen (1987: 55); Júdice (1997: 62-63); Montero Santalha (2004); Vieira & Morán Cabanas & Souto Cabo (2015: 175-176).
III. Antoloxías: De la Iglesia (1886: II, 179-180); Tavares (1943 [1923]: 46); Cidade (1941: 26-27); Seoane (1941: 143-144); Pimpão (1942: 65); Nemésio (1961 [1949]: 193-194); Varela Jácome (1953: 56-57); Alonso & Blecua (1969 [1956]: 128); Nunes (1959: 381-382); Oliveira & Machado (1959: 118-120); Tavares (1961: 41-42); Martín Gaite & Ruíz Tarazona (1972: 83); Álvarez Blázquez (1975: 234-235); Landeira Yrago (1975: 278-279); Torres (1977: 245-246); Correia (1978: 258-260); Reckert & Macedo (1980: 204-205); Fiúza (1981: 89-91); Gonçalves & Ramos (1983: 294-295); Beltrán (1987: 41-42); Dobarro Paz et alii (1987: 17); Ferreira (1988: 86-87); Alvar & Beltrán (1989: 377-378); Matalobos (1989: 36); Pena (1990: 165-166); Jensen (1992 80); Alonso Girgado (1992: 9); Pena (1993: 98-99); Ferreiro & Martínez Pereiro (1996a: 35-36); Diogo (1998: 190-191); Vallín (1999: 25-26); Morán (1999: 31-32); [Morán] (2001: 29-30); Arias Freixedo (2003: 386-387); Magalhães (2007: 110); Fidalgo (2009a: 128); Mongelli (2009: 160-161); Souto Cabo (2017: 75).

Manuscript variants


8 delgadas] delgadis V   10 las] la B   11 vai] Voy V   21 desvia] deuya B

Editorial variants


A disposición tipográfica da cantiga en Lang non indica a existencia de refrán.

2 levantou-s’alva] levantou-s’[aa] alva Cohen   5 alva] [a] alva Cohen   6 louçana] louçãa Nunes   7 levantou-s’alva] levantou-s’[aa] alva Cohen   10 alva] [a] alva Cohen   12 levantou-s’alva] levantou-s’[aa] alva Cohen   15 alva] [a] alva Cohen   17 levantou-s’alva] levantou-s’[aa] alva Cohen   20 [alva]] [a alva] Cohen   22 levantou-s’alva] levantou-s’[aa] alva Cohen   23 meteu-s’alva] meteu-s’[a] alva Cohen, Littera   25 [alva]] [a alva] Cohen   27 levantou-s’alva] levantou-s’[aa] alva Cohen   28 meteu-s’alva] meteu-s’[a] alva Cohen, Littera   30 [alva]] [a alva] Cohen

Paraphrase


(I) Levantouse a bela, levantouse alba, e vai lavar camisas no río: vainas lavar alba.

(II) Levantouse a louzá, levantouse alba, e vai lavar camisas no río: vainas lavar alba.

(III) E vai lavar camisas, levantouse alba; sacódellas o vento no río: vainas lavar alba.

(IV) E vai lavar delgadas, levantouse alba; sacudíallas o vento no río: vainas lavar alba.

(V) O vento desvíallas, levantouse alba; irouse no río: vainas lavar alba.

(VI) O vento leváballas, levantouse alba; asañouse no río: vainas lavar alba.

Metrics


Esquema métrico: 6 x 6’a 4’B 6’a 3’C 5’B (= Tav 119:1)

Notes


Text
  • *

    Ao longo de toda a cantiga, Rip Cohen reconstrúe sistematicamente [a] alva e [aa] alva, nun intento de dar coherencia lingüístico-expresiva a un enunciado poético que seguramente xoga coas tres posibilidades: ‘levantou-se alva + levantouse a alva + levantou-se à alva’. De calquera xeito, véxase a aparición de alva sen artigo a nunha obra ben posterior: E quis Deus que, elles partidos, amtes que allva saysse, çessarão as chuvas (Zurara 1997: 331).
    A reiterada intertextualidade desta composición coa cantiga 1204 de Pero Meogo é rectificada por Elsa Gonçalves, que propón un outro percurso: «da alba S ‘anc fui belha ni prezada de Cadenet à alva -virgen Madre Groriosa de Afonso X e desta à velida que se levantou alva, à alva» (cfr. Gonçalves 2016 [1992]: 231).
    Sobre as sistemáticas rimas asoantes ao longo de toda a composición, véxase nota á cantiga 583.

  • 5-6

    Nesta cantiga aparecen dous trazos que caracterizan algunhas cantigas de amigo que acumulan indicios que confirman a procura propositada dunha retórica arcaizante propia deste xénero (véxase Ferreiro 2008b, 2013a).

    Así, por unha banda, asistimos á conservación de /l/ nunha forma pronominal, igual que acontece noutras moitas cantigas de amigo (646, 647, 660, 1205, 1236) e do mesmo xeito que acontece coas formas do artigo (véxase nota a 587.3).

    Ademais, a forma louçana, como outras que aparecen con frecuencia nas cantigas de amigo (Granada, irmana, louçana, sano, venia etc.), mostra a conservación de -n- intervocálico, (véxase Ferreiro 2008b), aínda que tal arcaísmo fonético pode moi esporadicamente aparecer tamén noutro tipo de composicións (véxase 429.r8 e 473.4).

  • 8

    As delgadas (tamén no v. 16) son as camisas, voz con que forma par paralelístico.

  • 11

    É relativamente frecuente a omisión da copulativa inicial de estrofa (e de fiinda ou de verso) nos manuscritos, que nos permite neste caso restaurar a isometría versal. Casos semellantes documéntanse en 106.8, 151.7, 157.7, 163.11, 261.13, 293.8, 294.7 e 13, 332.7, 408.7, 447.7, 448.8, 490.19, 586.11 etc.

Search
    No results