935 [= RM 142,5]
Madre, quer’oj’eu ir veer

– Madre, quer’oj’eu ir veer
meu amigo, que se quer ir
a Sevilha el-rei servir:
ai madre, ir-lo-ei veer!
– Filha, id’e eu vosc’irei.
– Faredes-me atal prazer,
ca non sei quando mi-o verei.
Ben o sabe Nostro Senhor
que me pesa, pois que s’ir quer,
e veer-lo-ei se vos prouguer,
por Deus, mia madr’e mia senhor!
– Filha, id’e eu vosc’irei.
– Madre, faredes-m’i amor,
ca non sei quan[do] mi-o [verei].
A Sevilha se vai d’aqui
meu amigo, por fazer ben,
e i-lo-ei veer por én,
madre, se vos prouguer d’ir i.
– Filha, id’e eu vosc’irei.
– Madre, faredes-me ben i,
ca non sei quando mi-o verei.
 
 
 
 
5
 
 
 
 
10
 
 
 
 
15
 
 
 
 
20
 

Manuscritos


B 932, V 520

Edições


I. Edicións críticas: Nunes (1973 [1928]: 246-247 [= LPGP 892]); Cohen (2003: 333); Arias Freixedo (2010: XXV); Littera (2016: II, 452-453).
II. Outras edicións: Monaci (1875: 188); Braga (1878: 99); Machado & Machado (1953: IV, 297-298).
III. Antoloxías: De la Iglesia (1886: II, 225-226); Seoane (1941: 98-99); Fernández Pousa (1951: 99); Álvarez Blázquez (1975: 82-83); Landeira Yrago (1975: 107); Torres (1977: 288); Jensen (1992: 350); Ferreiro & Martínez Pereiro (1996a: 227).

Variantes manuscritas


6 Faredes] e faređs V; atal] atā B : om. V   10 vos] uos BV   11 Deus] des V; senhor] senor V   12 eu] eu (*) B   14 quan[do] mi-o] q̄n mho V   18 vos] uos BV

Variantes editoriais


5 id’e] ide NunesArias Freixedo   6 Faredes-me atal prazer] Faredes-me atan prazer NunesArias Freixedo : Faredes mi atan prazer Cohen : Faredes-mi atam prazer Littera   12 id’e] ide NunesArias Freixedo   13 m’i] mi Nunes, Cohen   19 id’e] ide NunesArias Freixedo 

Paráfrase


(I) –Madre, quero ir hoxe ver o meu amigo, que se quere ir para Sevilla servir o rei: ai madre, ireino ver! 
–Filla, ide e eu irei convosco.
–Farédesme gran pracer, pois non sei cando o volverei ver. 

(II) Ben sabe Noso Señor que me pesa, porque se quere ir, e heino ir ver se vos parece, por Deus, miña nai e miña señora! 
–Filla, ide e eu irei convosco. 
–Madre, farédesme amor niso, pois non sei cando o volverei ver.

(III) A Sevilla se vai de aquí o meu amigo, por cumprir coas súas obrigas, e ireino ver por iso, madre, se vos prouguer ir alí. 
–Filla, ide e eu irei convosco. 
–Madre, farédesme ben niso, pois non sei cando o volverei ver.

Métrica


Esquema métrico: 3 x 8a 8b 8b 8a 8C 8a 8C (= RM 156:7)

Encontros vocálicos: 7 mi͜-o; 10 -lo͜-ei; 14 mi͜-o; 17 -lo·ei; 21 mi͜-o

Notas


Texto
  • *

    Esta composición presenta repetición de palabra rimante no 1º e 4º versos das estrofas I (veer) e II (senhor), mentres que na estrofa III aparece a variación aqui/i.

  • 4

    A secuencia <r-l> (e <s-l>), en que está implicada a forma arcaica lo(s) ~ la(s) do pronome identificador (ir-lo-ei, v. 4; veer-lo-ei, v. 10), no encontro con infinitivos debe ser lida como [l], independentemente de que a grafía presente a forma máis antiga (nótese que no v. 17 xa aparece i-lo-ei). Véxase nota a 139.2.

  • 5

    A segmentación da lección manuscrita en id’e, con presenza dunha copulativa, non realizada por Nunes nin Arias Freixedo, evita unha xustaposición sintáctica e articula convenientemente o discurso (id’e eu vosc’irei).

  • 6

    Obsérvese a presenza dunha copulativa –espuria– na copia do Cancioneiro da Vaticana, como mostra a súa ausencia non só en B mais tamén en BV nos versos simétricos das seguintes estrofas (vv. 13 e 20). Na realidade, a intromisión do elemento conxuntivo no proceso de copia percíbese en múltiplas pasaxes ao longo do corpus, en que, a partir do testemuño diverxente dos manuscritos, se pode determinar con seguranza o carácter adventicio da copulativa, feito que acontece con certa frecuencia, especialmente no inicio do verso. Véxase, entre outros, B vs. A (66.14, 96.10, 128.14, 224.7, 241.22, 306.13, 312.5 E 13), A vs. B (129.28), A vs. BV (1236.10 E 16), B vs. V (851.12, 924.19, 950.7, 1631.7), V vs. B (740.10, 935.6, 1148.9).

    Por outra parte, a forma <atã> de B (significativamente omitida en V) ten de ser un erro por atal, pois a expresión *faredes-me atan prazer, en que está ausente a estrutura atan ... que, non é gramatical, por máis que fose mantida por Nunes, Cohen e Littera. Debeu producirse, pois, un erro <atã>/<atal>: a confusión <n>/<l> pode verse, por exemplo, en 624.18 mal <man> B, <mal> V– ou 1661.29 el <en> B, <el> V–), aínda que esta forma atal implica a rara dialefa me | atal.
    A alternativa editorial para este verso radica na emenda atan[to] en sinalefa con me: Faredes-meatan[to] prazer.

  • 13

    A (case) inevitábel sinalefa -miamor e mais a grafía <mj / mi> de BV en vez de <mh> leva á segmentación m’i (suxerida en Cohen e aceptada en Littera), que dificulta a sinalefa e resolve satisfactoriamente o verso, tanto métrica como estruturalmente, pois este debe ser lido tamén en relación ao seu simétrico da estrofa III: –Madre, faredes-m’i amor (v. 13) / –Madre, faredes-me ben i (v. 20).

  • 18-20

    Nótese a repetición da palabra rimante (i) nestes dous versos, feito que, en principio, constitúe unha anomalía na métrica trobadoresca, sen relación con algúns artificios construtivos na rima. Tal reiteración rimática obsérvase esporadicamente ao longo do corpus: 14.48-50 (poderia), 524.9-11 (ei), 704.7-8 (eles), 734.19-20 (i), 783.22-23 (son), 821.16-17 (al), 838.7-11 (é), 879.19-20 (al), 923.10-11 (ei), 926.22-25 (ei), 1034.7-9 (quiser), 1043.14-15 (al), 1329.15-21 (vista), 1354.r1-r2, 1366.12-15 (i), 1387.10-14 (treedor), 1388.1-7 (talharon), 1400.23-24 (arteira), 1470b.12-13 (én), 1477.23-25 (ali), 1506.2-3 (cantar), 1535.18-21 (i), 1540.14-18 (i), 1549.19-20 (én), 1633.8-14 (capa).

Procurar
    Não foram encontrados resultados