I. Edicións críticas: Michaëlis (1990 [1904]: I, 516-517); Lanciani (1977: 98-99 [= LPGP 335]); Littera (2016: I, 379-380).
II. Outras edicións: Monaci (1875: 26); Braga (1878: 11); Carter (2007 [1941]: 155-156); Machado & Machado (1950: II, 271-272); Arbor Aldea (2016b); Rios Milhám (2018b: III, 423).
III. Antoloxías: Pena (1990: 32-33); Alonso Girgado (1992: 36); Pena (1993: 112-113).
1 Meus] Mmeus A; me] mj B : mi V; d’Amor] {damor} A 3 min] mj B : mi V 4 que] queo V; amparar] emparar BV 5 quanto] quando BV 6 tanto] canto B; gracirei] gracitey B 9 foi, muit’i á] fui muyta BV 10-11 esto sabe d’s que (eu ui ben falar) {q̄ me fuy mostrar / e ūa dona q̄ eu uj bē falar} A : e<...> sabe đs hua ui bē falar B : e sabe đs hu a ui bē falar V 12 parecer] paracer V; e o sei] eu o sey B : eo sey V 13 muit’i á que vivi] muyta q̄ uyuo BV 15 depois] despois BV 16 de] da BV 17 e] om. BV; Deus] a ABV; gran] muy gm̃ B 18 daquela] da quella A 20 no’me] nōme B; nō me V 23 ll’ampare] delempare BV 24 me] mj B : mi V 25 amparar] enparar BV 27 nunc<...> A : nūca ꝑ out’m enparado serey B : nūca ꝑ out̄m enparado serey V
1 amigos] amigus Lanciani; me] mi Lanciani 3 min] mi Lanciani 4 amparar] emparar Lanciani 9 foi] fui Lanciani, Littera 10 fui] foy Lanciani : foi Littera 12 e o sei] eu o sei Lanciani, Littera 15 depois] despois Lanciani 17 Deus, que me fez gran pesar] a que me faz gran pesar Michaëlis, Lanciani, Littera 20 no’me] non me Lanciani : nom me Littera; quero] queiro Michaëlis 23 ampare] empare Lanciani, Littera : ampar Michaëlis 24 me] mi Lanciani, Littera 25 amparar] emparar Lanciani, Littera 27 outre] outr(e) Michaëlis : outrem Lanciani, Littera; emparado] amparado Michaëlis
(I) Meus amigos, moito satisfeito estou de Amor, que agora entendo que me quere matar, pois a min nin Deus nin a miña señora, a quen roguei, quixeron ampararme del; e, por iso, canto máis cedo El me quixer matar tanto máis llo agradecerei, (II) pois ben me pode librar da maior coita de cantas eu ouvín falar, de que eu fun sufridor desde hai moito tempo: isto sabe Deus, que me foi mostrar unha dona que eu vin ben falar e ben parecer, para o meu mal, e o sei, (III) porque xa hai moito tempo que vivín con pavor de perder a razón co moi gran pesar que vin despois; e por iso, teño gran desexo da miña morte se ma quixer dar Amor e Deus, que me fixo ver gran pesar daquela cousa que máis amei; (IV) mais o pouco que eu estiver vivo, pois así é, non me quero queixar deles; mais el sexa (considerado) traidor se non me mata, pois non podo achar quen me ampare del, e, se me queixar del, Deus, que moito preciso, non me axude, (1) porque, xa que eles non me queren amparar e no seu poder me queren deixar, nunca por outro serei amparado.
Esquema métrico: 4 x 10a 10b 10a 10b 10b 10c + 10b 10b 10c (= RM 89:1)
Encontros vocálicos: 3 mi‿a; 16 mi-‿a; 23 mi‿a; 27 outre‿emparado
Aínda que en Michaëlis e Littera non existe ligazón interestrófica de ningún tipo (en Lanciani só nas estrofas I-II), o carácter de verdadeira cantiga ateúda atá a fiinda desta composición parece claro. Véxase nota á cantiga 15.
No v. 9 aparece foi como forma de P1, mentres que no v. 10 é foi forma de P3: a pesar de que en xeral se estabelece unha oposición P1 / P3, fui (< fŭī) / foi (< fŭĭt), pola acción metafónica de -ī final nalgúns pretéritos fortes (cfr. tamén fiz vs. fez, sive vs. seve, tive vs. teve etc.), foi pode ser resultado de P1, o mesmo que fui de P3.
Mentres que BV transmiten o que sen dúbida era un erro de copia no antígrafo, con salto de liña (obsérvese que en B existe unha cruz marxinal que indica o problema), o revisor de A corrixe o lapso incorporando na marxe a lección correcta destes dous versos.
A frase formularia e o sei (cfr. eu o sei en BV) achega un ton enfático que explica a próclise pronominal, entre outras fórmulas expresivas moi similares no corpus profano (sei-o eu, aquesto sei eu, ben o sei, ben sei, esto ben sei, eu sei etc.). De calquera modo, a utilización de e o sei atéstase noutras pasaxes: 212.14, 235.28, 1023.14, 1115.7, 1419.10 e 1500.3, por máis que moi frecuentemente fose corrixida polos editores. Cfr. nota a 301.6.
A variación depois (< de-pŏst) vs. despois (< de-ex-pŏst) entre A e BV non indica preferencia por ningunha das formas (para alén da predominancia da forma depois) conforme os cancioneiros: en 176.13 e 279.r1. A ofrece despois fronte a depois en B, mentres que en 361.10 e 423.15 aparece depois en A e despois en BV.
Como indica Rios Milham, o elemento <a> transmitido por todos os códices ten de ser un erro por Deus, voz que aparece en todas as estrofas, para alén de ser o que semanticamente acae ben no contexto. Canto ao erro común dos tres cancioneiros, pode explicarse pola confusión entre a abreviatura de Deus e o elemento a. Véxanse outros erros similares: <a>/<d> (523.9 dos <a os> B, <aos> V; 446.9) ou <a>/<de> (280.11 de <a> A, <De> B).
No Cancioneiro da Ajuda, é certamente esporádica a grafía etimoloxizante <ll> /l/, que achamos en fala <falla> (65.6) e aquela <a q̄lla>~<a quella> (238.19, 429.18). Cfr. nota a 1.28. En calquera caso, a grafía <ll> en aquela debe ser unha grafía etimolóxica máis do que un hipotético castelanismo. Cfr. nota a 89.3 e 5.
Nos textos transmitidos por A é frecuente a asimilación do adverbio non co pronome me ~ mi (> no’me ~ no’mi; cfr. a evolución regular -nm->-m-), face a BV que, en xeral, presentan a lección non me ~ non mi con manutención da integridade morfolóxica do adverbio negativo (66.13, 90.9, 223.r2, 239.7, 243.14, 258.9, 283.10, 285.13, 421.5, 430.8). Na realidade, nos apógrafos italianos só se rexistra en tres ocasións (104.21, 906.12 e 1482.5). A diferenza doutros editores, mantemos tal asimilación, que chega até hoxe (Ferreiro 1999: §101c).
A forma ampare resulta anómala pola vogal final -e que tiña desaparecido no tránsito do latín ao galego-portugués e que agora (e mais en 169.6) reaparece por un proceso analóxico que afectou a diversas formas verbais (val > vale etc.) e que se foi consolidando progresivamente na lingua. Cfr. nota a 983.24-25.
O verso procede de BV, pola lacuna textual de A, coa emenda de outren, forma que non existe no Cancioneiro da Ajuda e que substituímos pola correspondente outre. Véxase nota a 138.25.