I. Edicións críticas: Michaëlis (1990 [1904]: I, 344-345 [= LPGP 547]); Correia (2001: 419); Littera (2016: I, 604-605).
II. Outras edicións: Molteni (1880: 119); Carter (2007 [1941]: 103-104); Marques Braga (1945: 323); Machado & Machado (1950: II, 73-74); Arbor Aldea (2016b); Rios Milhám (2018a: II, 280).
3 vos vós] uus uos A : uꝯ B; de min] demj B 5 end’] and B 6 vos] uus A 8 ja] {ia} A; dixe] dixi B 10 bõa] bona B 11 de que vos] a que uos A 13 morrerei] moirerey B 15 vós non doestes] uꝯ non doedes B 16 me] mj B 17 dize-l’-ei] dizeloey B
3 vos] vus Michaëlis; min] mi Michaëlis, Littera 6 vos] vus Michaëlis 8 vos] vus Michaëlis 9 vos] vus Michaëlis; min] mi Michaëlis, Littera 11 de que vos] aque-vus Michaëlis 12 vos] vus Michaëlis 14 vos] vus Michaëlis 15 vos] vus Michaëlis; doedes de min] doestes de mi Littera 18 vos] vus Michaëlis
(I) Señora, o gran mal e o gran pesar e a gran coita e o grande afán que por vós sufro, porque vós non vos apiadades de min, son a miña morte sen dúbida, e a morte me é de me por iso así queixar: que día tan aciago, señora, vos vin!
(II) Pois eu teño que sufrir estas coitas que xa vos dixen, peor que a morte me son, porque vós non vos apiadades de min, e morte me é, señora, certamente, o ter que vos dicir tamén isto: que día tan aciago, señora, vos vin!
(III) Porque vexo que cedo morrerei (por causa) destas coitas que xa vos dixen, porque vós non vos apiadades de min, vede, señora, moi difícil me será de o dicir, mais heino de dicir: que día tan aciago, señora, vos vin!
Esquema métrico: 3 x 10a 10b 10C 10b 10a 10C (= RM 221:1)
No primeiro verso do refrán mantemos a variante pronominal min de A, firme nas tres estrofas, face a mi - min - min de B, que semella ter nivelado a rima -i só na estrofa I.
A presenza de -n- na forma manuscrita <bona> é simple indicación gráfica da nasalidade fonolóxica de /õ/ (confirmada neste caso pola lección de A), o mesmo que noutras voces que se rexistran esporadicamente, en especial, nos apógrafos italianos (case sempre con unha das documentacións correcta) en <alguna> algũa e <(h)una> ũa, <capaton es> çapatões, <certano> certão, <lontano> loução, <lunar> lũar, <mano> mão, <pardonar> perdõar, <poner> põer, <uano> vão, <ueno> vẽo, <uilano> vilão. Sobre estas grafías e as formas do tipo irmana, véxase Ferreiro 2008b. Cfr. nota a 582.3.
A lectura de Michaëlis mantén a dubidosa lección de A (polo corte do folio), mais o texto de B é perfectamente lexítimo e responde ben ao contexto e ao paralelismo co v. 17.
Nótese a variante dixi (cfr. dixe no v. 8) de A, fronte á forma xeral dixe neste cancioneiro (véxase nota a 270.15-16).
A pesar da nivelación en doedes que no primeiro verso do refrán efectuou B, Michaëlis mantivo con firmeza ecdótica a variación do verbo (neste caso, de tipo estilístico), coa gradación doedes - doedes - doestes, que responde tamén á leve mudanza que no tempo do verbo se verifica na cláusula principal no verso seguinte a r1: é - é - sera. Cfr. nota a 27.4.