1034 [= RM 63,39]
Mia madre, pois [a]tal é vosso sén

Mia madre, pois [a]tal é vosso sén
que eu quera mal a quen mi quer ben
e me vós roguedes muito por én,
dized’ora, por Deus, que pod’e val,
pois eu mal quiser a quen mi quer ben,
se querrei ben a quen mi quiser mal.
Dizedes-mi que, se eu mal quiser
a meu amigo, que mi gran ben quer,
que faredes sempre quant’eu quiser;
mais venh’ora que mi digades al:
pois ei querer mal a quen mi ben quer,
se querrei ben a [quen mi quiser mal].
Muito mi sera grave de sofrer
d’aver quen mi quer ben mal a querer,
e vós, madre, mandades-mi-o fazer;
mais faço-vos ũa pregunta tal:
pois quen mi quer ben ei mal a querer,
se querrei ben a que[n] mi qu[is]er mal.
Se assi for, por mí poden dizer
que eu fui a que semeou o sal.
 
 
 
 
5
 
 
 
 
10
 
 
 
 
15
 
 
 
 
20

Manoscritti


B 1030, V 620

Edizioni


I. Edicións críticas: Nunes (1973 [1928]: 279-280); Rodríguez (1980: 220 [= LPGP 390]); Cohen (2003: 563); Littera (2016: I, 455-456).
II. Outras edicións: Monaci (1875: 220-221); Braga (1878: 119); Machado & Machado (1956: V, 25-26); Fernández Pousa (1959: 253).
III. Antoloxías: Nemésio (1961 [1949]: 156-157); Torres (1977: 457); Ferreiro & Martínez Pereiro (1996a: 87).

Varianti manoscritte


6 querrei] queirey B   11 ei querer] ey de querer BV   12 se querrei ben a] (se queirey ben) / se queiren ben B : se querrey bē / e V   16 faço] fazo V   17 querer] fazer BV   18 querrei] queirey B

Varianti editoriali


A edición de Littera presenta un refrán biversal constituído polos vv. 5-6 de cada estrofa.

2 quera] que[i]ra Nunes, Littera   3 roguedes] rogades Nunes   5 eu mal quiser] ei mal querer Nunes, Rodríguez   9 quiser] disser Cohen, Littera   10 ora] or’a Littera   11 ei querer mal a quen] ei de querer mal |a| quen Cohen : hei de querer mal quem Littera   16 pregunta tal] pregunt’atal Cohen, Littera   17 querer] fazer Nunes

Parafrasi


(I) Miña nai, pois a vosa intención é que eu queira mal a quen me quere ben e (pois) me rogades moito por iso, dicídeme agora, por Deus todopoderoso, despois de que eu queira mal a quen me quere ben, se hei de querer ben a quen me quere mal.

(II) Dicídesme que, se eu quixer mal ao meu amigo, que me quere moito, que faredes sempre canto eu quixer; mais veño agora para que me digades outra cousa: xa que hei de querer mal a quen me quere ben, se hei de querer ben a quen me quere mal.

(III) Moi difícil me será soportar o ter que querer mal a quen me quere ben, e vós, madre, mandádesmo facer; mais fágovos eu unha pregunta: xa que a quen me quere ben hei de querer mal, se hei de querer ben a quen me quere mal.

(1) Se así for, por min poden dicir que fun eu a que sementou o sal.

Metrica


Esquema métrico: 3 x 10a 10a 10a 10b 10a 10B (= RM 13:19) + 10a 10b

Encontros vocálicos: 15 -mi͜-o

Note


Testo
  • *

    Tal como acontece na cantiga 758, de Joan Garcia de Guilhade, tamén nesta composición Cohen sinalou «a sophisticated internal rhyme»: a quinta sílaba do verso I5 (quiser) indica a rima da estrofa II (-ɛr: quiser, quer, *quiser, quer); a quinta sílaba do verso II5 (querer) indica a rima da estrofa III (-er: sofrer, querer, fazer, *fazer); a quinta sílaba do verso III5 (ben) indica a rima da estrofa I (-ɛn: sén, ben, én, ben).

  • 1

    A hipometría versal resólvese coa variante atal, que convive nos textos con tal, aínda que tamén podería pensarse na variante é[ste] da P3 do presente de indicativo de seer (...pois tal é[ste] vosso sén).

  • 2

    A variante quera responde á base etimolóxica do presente subxuntivo de querer (< quaeram, quaeras etc.), forma minoritaria con presenza indubitábel na lingua medieval e no corpus poético trobadoresco. Cfr. nota a 73.16.

  • 5

    A emenda temporal de Nunes e de Rodríguez foi feita para estabelecer un paralelismo maior entre este verso e os correspondentes das estrofas II (v. 11) e III (v. 17), onde pois funciona como causal, mentres que na primeiras estrofa, conforme a lección dos manuscritos, pois é temporal (con verbo en subxuntivo). No entanto, xa Cohen indicou que tales mudanzas arruinarían o xogo métrico de Joan Airas.

  • 7-8

    Obsérvese a repetición da conxunción completiva que tras unha frase parentética: Dizedes-mi que, se eu mal quiser / a meu amigo, que mi gran ben quer, / que faredes sempre quant’eu quiser. Véxase nota a 53.17-18

  • 7-9

    Nótese a repetición da palabra rimante (quiser) nestes dous versos, feito que, en principio, constitúe unha anomalía na métrica trobadoresca, sen relación con algúns artificios construtivos na rima. Tal reiteración rimática obsérvase esporadicamente ao longo do corpus: 14.48-50 (poderia), 524.9-11 (ei), 704.7-8 (eles), 734.19-20 (i), 783.22-23 (son), 821.16-17 (al), 838.7-11 (é), 879.19-20 (al), 923.10-11 (ei), 926.22-25 (ei), 935.18-20 (i), 1043.14-15 (al), 1329.15-21 (vista), 1354.r1-r2, 1366.12-15 (i), 1387.10-14 (treedor), 1388.1-7 (talharon), 1400.23-24 (arteira), 1470b.12-13 (én), 1477.23-25 (ali), 1506.2-3 (cantar), 1535.18-21 (i), 1540.14-18 (i), 1549.19-20 (én), 1633.8-14 (capa).

  • 9

    Cohen e Littera emendaron a palabra rimante (quiser > disser) para evitar a repetición do verbo en posición de rima nos vv. 7 e 9 (quiser : quiser > quiser : disser).

  • 11

    Perante a hipermetría deste verso conforme a lección dos manuscritos, optamos por expunxir a preposición de da perífrase verbal aver + de + infinitivo: para alén de no corpus conviviren as perífrases con preposición e sen nexo preposicional, ao longo dos cancioneiros atéstase a presenza anómala de de en certas pasaxes: véxanse 140.27 e 283.4 (B vs. A) ou 1053.r1 e 1486.15 (B vs. V), para alén de, por exemplo, 486.8 e 14.
    Neste caso, Cohen (e Littera) preferiu omitir a preposición a que introduce o CD quen mi ben quer; porén, o paralelismo co v. 5 (pois eu mal quiser a quen mi quer ben) aconsella a expunción da preposición de.

  • 13-14

    Nótese o hipérbato co deslocamento de mal a querer para a posición de rima: «Muito mi sera grave de sofrer / d’aver mal a querer quen mi quer ben».

  • 17

    Xa Cohen (e Littera) substituíu a palabra rimante (fazer > querer) para continuar o xogo de repeticións de palabras rimantes en cada estrofa: I2-5 ben, II2-5 quer, III2-5 querer. Efectivamente, cómpre a emenda da lección enviada polos manuscritos para manter tanto o artificio do dobre en rima nos vv. 2 e 5 de cada estrofa, como a correspondencia paralelística e conceptual entre os versos quintos de cada estrofa introdutorios do refrán.

  • 20

    Semear o sal nunha terra implicaba convertela en estéril por moitos anos. A expresión só volve aparecer en 917.7 (pero lhi veja o sal semear), nunha cantiga de Martin Moxa. Probabelmente baseada nun proverbio, indica unha acción que é contraria ao máis elemental sentido común.
    Xa na Biblia se alude a semear o sal como un acto destrutivo e vingador: «Porro Abimelech omni die illo oppugnabat urbem : quam cepit, interfectis habitatoribus eius, ipsaque destructa, ita ut sal in ea dispergeret» (Iudices 9:45)1 .

  1. ^

    “E Abimélec estivo loitando contra a vila durante toda a xornada. E conquistouna e matou a xente que había nela; e arrasou a cidade e sementouna de sal” (Xuíces 9:45).

Cerca
    Nessun risultato trovato