524 [= RM 25,63]
O que vos nunca cuidei a dizer

O que vos nunca cuidei a dizer,
con gran coita, senhor, vo-lo direi
porque me vejo ja por vós morrer,
ca sabedes que nunca vos falei
de como me matava voss’amor,
ca sabe Deus ben que d’outra senhor
que eu non avia mi vos chamei.
E tod[o] aquesto mi fez fazer
o mui gran medo que eu de vós ei,
e des i por vos dar a entender
que por outra morria, de que ei,
ben sabe Deus, mui pequeno pavor;
e des oimais, fremosa mia senhor,
se me matardes, ben vo-lo busquei.
E creede que av[er]ei prazer
de me matardes, pois eu certo sei
que, esso pouco que ei de vive[r],
que nen un prazer nunca veerei;
e, porque soo desto sabedor,
se mi quiserdes dar morte, senhor,
por gran mercee vo-lo [eu] terrei.
 
 
 
 
5
 
 
 
 
10
 
 
 
 
15
 
 
 
 
20
 

Manuscrits


B 526, V 109, T 3

Éditions


I. Edicións críticas: Lang (1972 [1894]: 32-33 [= LPGP 206]); Nunes (1972 [1932]: 114-115); Littera (2016: I, 182).
II. Outras edicións: Moura (1847: 44-45); Monaci (1875: 48); Braga (1878: 22); Machado & Machado (1952: III, 69); Montero Santalha (1997: 232); Júdice (1997: 105); Montero Santalha (2004); Ferreira (2005: 132-133).
III. Antoloxías: Arias Freixedo (2003: 377-378).

Variantes manuscrites


3 morrer] moirer B   4 sabedes] labedes V   11 morria] moiria B   12 sabe Deus] sabe ds̄ B : sabe đs V : lac. T   15 creede] creedes V   21 terrei] teirei B1

Variantes éditoriales


6 sabe Deus] sabedes Lang   7 mi vos chamei] pavor nem ei Lang   8 tod[o] aquesto mi fez] tod’aquesto mi fez[o] Nunes   12 sabe Deus] sabedes Lang, Littera   18 nen un] nenhum Lang : nẽum Littera   19 soo] sõo Lang, Nunes, Littera   20 quiserdes] quizerdes Lang   21 por gran mercee vo-lo [eu]] por [mui] gram mercee vo-lo Nunes

Paraphrase


(I) O que nunca vos pensei dicir, con gran coita, señora, volo direi, porque me vexo xa morrer por vós, pois sabedes que nunca vos falei de como me mataba o amor por vós, pois ben sabe Deus que eu ante vós me fixen pasar por (servidor) doutra señora que non tiña por tal.

(II) E todo isto me fixo facer o moi gran medo que eu teño de vós, e tamén por vos dar a entender que eu morría de amor por outra, de quen teño, ben o sabe Deus, moi pouco temor; e de aquí en diante, miña fermosa señora, se me matades, ben o busquei.

(III) E crede que serei gozoso se me matardes, pois sei con certeza que, nese pouco tempo que hei vivir, non verei nunca ningún gozo; e, porque sei isto ben, se me quixerdes dar morte, señora, teréivolo eu por un gran favor.

Métrique


Esquema métrico: 3 x 10a 10b 10a 10b 10c 10c 10b (= RM 101:9)

Notes


Texte
  • 6

    A lección coincidente de VT <sabe deꝯ>, así como o sentido do enunciado, non deixan dúbidas de que hai que ler aquísabe Deuse non sabedes. Por outra banda, a abreviatura <đs>, <ds̄> ou <d’s> ten con moita frecuencia nos apógrafos italianos o valor de Deus, para alén do valor des. Ademais, non deixaría de resultar estraña, do punto de vista sintáctico, a repetición da estrutura ca sabedes(cfr. nota ao v. 12).

  • 7

    A edición langiana debe proceder dunha incomprensión do texto: o trobador chamou á súa senhor co nome doutra (que non tiña).

  • 9-11

    Nótese a repetición da palabra rimante (ei) nestes dous versos, feito que, en principio, constitúe unha anomalía na métrica trobadoresca, sen relación con algúns artificios construtivos na rima. Tal reiteración rimática obsérvase esporadicamente ao longo do corpus: 14.48-50 (poderia), 704.7-8 (eles), 734.19-20 (i), 783.22-23 (son), 821.16-17 (al), 838.7-11 (é), 879.19-20 (al), 923.10-11 (ei), 926.22-25 (ei), 935.18-20 (i), 1034.7-9 (quiser), 1043.14-15 (al), 1329.15-21 (vista), 1354.r1-r2, 1366.12-15 (i), 1387.10-14 (treedor), 1388.1-7 (talharon), 1400.23-24 (arteira), 1470b.12-13 (én), 1477.23-25 (ali), 1506.2-3 (cantar), 1535.18-21 (i), 1540.14-18 (i), 1549.19-20 (én), 1633.8-14 (capa).

  • 12

    En face da paradoxal lección de Lang, seguida por Littera, consideramos que este verso mantén unha correspondencia paralelística co v. 6. Por tanto, considerando que naquel verso a lección correcta é sabe Deus bene non *sabedes ben, neste verso utilízase unha estrutura similar cun cambio de orde do adverbio: ben sabe Deus.

  • 17-18

    Como acontece con relativa frecuencia, a completiva que é repetida como conxunción introdutora do CD (véxase nota a 53.17-18): 

    E creede que av[er]ei prazer
    de me matardes, pois eu certo sei 
    que, esso pouco que ei de vive[r], 
    que nen un prazer nunca veerei.

  1. ^

    Dado o estado extremadamente lacunoso de T, non referenciamos no aparato os innúmeros casos de carencia textual e cinxímonos a referir as variantes editoriais.

Rechercher
    Aucun résultat trouvé