115 [= RM 97,2 (= 115,1)]
Paai Soarez, venho-vos rogar

Esta cantiga fez Martin Soarez come en maneira de tençon con Paai Soarez, e é d’escarnho. Este Martin Soarez foi de Riba de Limia, en Portugal, e trobou melhor ca todo-los que trobaron, e ali foi julgado antr’os outros trobadores.

– Paai Soarez, venho-vos rogar
por un meu ome que non quer servir,
que o façamos mí e vós jograr
en guisa que possa per i guarir;
pero sera-nos grave de fazer,
ca el non sabe cantar nen dizer
ren per que se pague del quen o vir.
– Martin Soarez, non poss’eu osmar
que no-las gentes queran consentir
de nós tal omen fazermos pojar
en jograria, ca, u for pedir,
algun vera o vilã[o] se[e]r
trist’e [no]joso e torp’e sen-sab[e]r,
e aver-s’-á de nós e del riir.
– Paai Soares, o om’é de seu
triste e nojoso e torp’e sen mester;
per[o] faremos nós de[l], cuido-m’eu,
jograr se én de vós ajuda ouver,
ca lhe daredes vós esse saio[n],
e porrei-lh’eu nome jograr «Sison»,
e con tal nome guarra per u quer.
– Martin Soarez, a mí sera greu
de lh’o saion dar, e, pois que lho der,
non diga el que lho nulh’om’er deu;
e, se o el per ventura disser,
mui ben sei eu que lhe diran enton:
«Confunda Deus quen te deu esse don
nen quen te fezo jograr ne[n] segrer».
– Paai Soarez, tenh’eu por razon
de pojar ja o vilão grodon;
des i, posface del[e] quen quiser.
[– Martin Soarez, ............- on
............................................ -on
............................................ -er]
 
 
 
 
5
 
 
 
 
10
 
 
 
 
15
 
 
 
 
20
 
 
 
 
25
 
 
 
 
30
 
 
 
 

Manoscritti


B 144

Edizioni


I. Edicións críticas: Michaëlis (1990 [1904]: I, 779-780); Bertolucci Pizzorusso (1992 [1963]: 49-50); Lapa (1970 [1965]: 448-449); Vallín (1995b: 111-113 [= LPGP 640-641]); Lagares (2000: 112 [rúbrica]); Lopes (2002: 322-323); González Martínez (2012b: 255); Littera (2016: II, 134-135).
II. Outras edicións: Molteni (1880: 55-56); Machado & Machado (1949: I, 206-208); Rios Milhám (2017: I, 115).
III. Antoloxías: Tavares (1943 [1923]: 68-69); Landeira Yrago (1975: 69); Tavares & Miranda (1987: 190-191).

Varianti manoscritte


Rúbrica: Soarez] soarēz B; Soarez] soatez B; outros] outres B

Texto: 1 Paai] Ay paay B; rogar] roga B   2 ome] homʳ B   3 jograr] lograr B   7 ren] tē B   8 Martin] Maram B   10 pojar] porar B   11 jograria] rograria B   13 [no]joso] roso B   14 nós e del riir] uos ꞇ del tijr B   15 o om’é] oham̄ B   17 cuido] cuydu B   20 jograr] rograr B   21 tal nome guarra] cal nome gualrra B   22 Martin] Marā B   23 der] dei B   26 sei eu que] ſay eu oq̄ B   27 quen] q̄m   28 quen te fezo jograr ne[n] segrer] aq̄m de fezo lograr ne segneur B   29 tenh’eu] denħu   30 vilão] vilaāo B

Varianti editoriali


Rúbrica: Soarez] Soares Littera; come] como Michaëlis, Lagares; Soarez] Soares Littera; Soarez] Soares Littera; todo-los] todolus Bertolucci Pizzorusso; ali] assi Michaëlis, Lapa; outros] om. Lapa

Texto: 1 Paai] Ay Paay Michaëlis, Bertolucci Pizzorusso, Lapa, Vallín : Ai, Pai Lopes, Littera; vos] vus Michaëlis, Bertolucci Pizzorusso   2 ome] omen Michaëlis : homem Lopes, Littera   3 façamos] façamus Bertolucci Pizzorusso   5 nos] nus Michaëlis, Bertolucci Pizzorusso   7 ren] om. Michaëlis : ten Bertolucci Pizzorusso; per] por Bertolucci Pizzorusso; quen o vir] que’-no oïr’ Michaëlis : quen n’ouir Lapa : quen-o ouir Vallín : quen o oir Lopes   9 no-las] no-l’as Lopes, Littera; queran] querran Michaëlis : queiran Lapa : quer[r]án Bertolucci Pizzorusso, Vallín : queiram Lopes   10 nós] nos Bertolucci Pizzorusso, Vallín; fazermos] fazermus Bertolucci Pizzorusso; pojar] poiar Michaëlis, Lopes, Littera   12 algun vera o vilã[o]] algun, verán-o vilão Michaëlis : algun ve[e]ra o vilan Bertolucci Pizzorusso, González Martínez : algun ve[e]rá-o vilan Bertolucci Pizzorusso, Vallín : algu[é]m ve[e]rá-o vilam Littera   13 [no]joso e] nojos’, e Michaëlis; sen-sab[e]r] sen saber Michaëlis, Bertolucci Pizzorusso, Lapa, Vallín : sem saber Lopes, Littera : sen sab[e]r González Martínez   14 nós] nos Bertolucci Pizzorusso, Vallín; á] a[n] Michaëlis   15 Soares] Soarez Michaëlis, Lapa, Vallín, Lopes, Littera   16 triste e] trist(e) e Michaëlis : trist’e Lopes, Littera; nojoso] nojos(o) Michaëlis   17 faremos] faremos-[lo] Michaëlis : faremus Bertolucci Pizzorusso; nós] nos Bertolucci Pizzorusso, Vallín; de[l]] om. Michaëlis   18 se én de vós] s(e) ende voss’ Michaëlis : se ende voss’ Lopes, Littera : se eu de vós Lapa   21 guarra] valrrá Michaëlis : gualrrá Vallín : gualrá Littera   22 a mí sera] a min m’é mui Michaëlis : a mi hé [mui] Bertolucci Pizzorusso : a mi [non] é Lapa, Vallín : a mí [non m’]é Lopes, Littera   24 nulh’om’er deu] nulh’omen deu Michaëlis, Bertolucci Pizzorusso, Lapa, Vallín, González Martínez, Littera : nulho de nós deu Lopes   25 per] por Michaëlis, Vallín, Lopes   26 sei eu que] sei o que Michaëlis, Bertolucci Pizzorusso : sei eu o que Lapa, Vallín, Lopes, Littera   28 quen] a quen Michaëlis, Lapa, Vallín : aquem Bertolucci Pizzorusso; fezo] fez Michaëlis   29 tenh’eu] tenh’-o Michaëlis : tenho Lopes, Littera   30 pojar] poiar Michaëlis, Lopes, Littera; grodon] a gran don Michaëlis : [a] gra[n] dom Bertolucci Pizzorusso, Vallín : grondom Lopes : [a] gran don González Martínez   31 des] [e] des Lopes, González Martínez, Littera; del[e]] [el] de Michaëlis : del Lopes, González Martínez, Littera

Metrica


Esquema métrico: 4 x 10a 10b 10a 10b 10c 10c 10b + [2] x 10c 10c 10b (= RM 101:14)

Encontros vocálicos: 13 [no]josoe; 16 tristee nojosoe; 18 ajudaouver

Note


Testo
  • 1

    A interxección inicial debe ser expunxida no verso por acrecentar unha sílaba ao decasílabo, para alén de ser un elemento anómalo no diálogo das tenzóns, xa que na única composición en que aparece (cantiga 1569, a tençon entre Pedr’Amigo e Joan Vaasquiz), ai aparece en todas as interpelacións a Pedr’Amigo (vv. 1, 15 e 29).

  • 3

    É esta unha das escasísimas ocorrencias da forma en función de suxeito (cfr. Ferreiro 1999: §153b), con outra ocorrencia na lírica, en Joan Garcia de Guilhade:

    Os grandes nossos amores,
    que mí e vós sempr’ouvemos,
    nonca lhi cima fezemos
    coma Brancafrol e Flores (772.8).

    Tamén se atesta nas Cantigas de Santa Maria (véxase nota a 1445.12): 

    mi e meu Fillo Jhesu 
    te escaecemos (CSM 125.105).

    Na prosa tamén se documenta esporadicamente (Ares Vázquez 1991: 50). Eis algunhas mostras:

    Rogouos, amigo, que aquj moyra[m]os, mj̃ e uos (tradución galega da Crónica de Castilla e da Estoria de España; Lorenzo 1975: I, 750)1 .

    vamos mi e ti e livremos este povo (Vida e feitos de Julio Cesar; Mateus 2010: III, 100).

    Esta forma pronominal tamén se rexistra na documentación notarial galega (véxase CGPA, s.v.): E nossas cartas que min e meu marido Martín Fernandes teemos de nossos heredamentos e de nossas gaançias (doc. 1265); Mándolle o quiñón meu das vacas que conpramos min e él do noso seruiçal de Fogio (doc. 1292). Véxanse, outrosí, diversas ocorrencias en documentos do mosteiro da Batalha (Gomes 2002: I, 103, 106, 123, 208, 333): presente mim Estevam Lourenço tabeliam (doc. 1420); presente mim Stevam Lourenço tabeliam (doc. 1420); e presente mym e testemunhas adeante escritas (doc. 1423); e dou minha verdadeira fe que se passou presente mym o que susodito he (doc. 1437); presente mym tabeliam e testemunhas que ao deante ssam scriptas (doc. 1447).

  • 7

    A lección <q̄no uir> foi interpretada de diversos modos, a maioría emendando sen necesidade a letra do manuscrito, pois quen o vir representa exactamente o transmitido por B e encaixa semanticamente no contexto.

  • 8

    Obsérvese en B o repetido erro <a>/<ti> en <Maram> (v. 8) e <Marã> Martin (v. 22), tal como é relativamente frecuente nos apógrafos italianos: <para> B parti (18.18), <parar> B partir (627.9), <parado> BV partido (1326.21), <parar> V partir (1345.13), <conssenar> B consentir (1468.15), <ama> B cima (1489.47) etc.

  • 9

    A segmentación que presentan Lopes e Littera (no-l’as) supón un desnecesario a atípico redobramento do complemento directo, que no texto destes editores sería o e mais fazermos pojar tal omen (v. 10).

    Mantemos a forma queran da lección manuscrita por se tratar da forma etimolóxica do presente subxuntivo de querer (< quaeram, quaeras etc.), forma minoritaria con presenza indubitábel na lingua medieval e no corpus poético trobadoresco. Cfr. nota a 73.16.

  • 10

    Sen dúbida, a forma <porar> é un lapso de copia por <poiar>, isto é, pojar ‘facer subir, elevar, medrar’, co erro <r>/<i>, que ten innúmeras ocorrencias nos apógrafos italianos. O verbo pojar (<*podiāre), co sentido de ‘facer subir, elevar, medrar’ só aparece noutras catro composicións (336.20, 1421.10, 1467.13 e 20, 1526.4, 7, 18 e 20).

  • 12

    Obsérvense as diversas posibilidades de edición do verso nos diferentes editores, todas elas posíbeis para corrixir a hipometría versal, agás a solución de Michaëlis, que introduce un plural inexistente que leva consigo outra intervención no v. 14. En calquera caso, a manutención do acento métrico na 4ª sílaba favorece a recuperación de vilã[o], que convive coa variante vilan (do lat. villanum), do mesmo xeito que se produce a concorrencia de Estevan con Estevão, nome descendente de Stephănu, ou de Foão e Foan (do ár. fulān)2 . Cfr. nota a 1332.5 e 1405.1.

  • 13

    Nótese a repetición case literal do verso no v. 16, coa aparición de nojoso, adxectivo derivado de nojo+-oso, voz de escasa aparición no corpus (371.24, 383.24, 1559.15).

    Por outra banda, é de subliñar o aparecemento do adxectivo sen-saber (‘ignorante, necio’) estruturalmente paralelo a sen-conhocer ou sen-verdade (véxase Glosario, s.vv.) e xa atestado tamén noutra tenzón:

    ca, se dar non quer, por sen-saber é,
    pois na cort’omen non livra por al
    ren se de dar non se trabalh’e d’al,
    ca os privados queren que lhes den (879.18).

    De calquera modo, tamén na produción prosística recollida no Corpus Galego-Portugués Antigo achamos esta construción nominal, en diversas obras e en pasaxes explícitas:

    Et seẽdo ja os de [Babilonja] desta maneyra entẽdidos, erã ajnda os das outras terras [symplez] et sem saber, et por esso avemoslo dito ja (tradución galega da Geral Estoria).

    Mas, por que os estudos dos feitos dos homẽẽs se mudã en muitas guisas, foron en esto ben avisados os sabedores antigos que screverom os feitos passados tam ben dos sabedores como dos que forõ sem saber [...] Eu digo verdade no que digo e, por o que me vos dizees, tenhovos por neiçio e sen saber (Crónica Geral d’Espanha de 1344).

    Eu entrey em este mũdo com coyta e viuy em elle toruado e agora sayo-me delle neycio e sem saber (Orto do Esposo).

    E tu, homem sem saber, aquello que semeas nom sera vyvificado se prymeiro nom morrer (Leal Conselheiro).

  • 15

    A cantiga mostra a vacilación Soarez ~ Soares, cunha forma que reaparece en 1197.1 e 15, a semellanza con outras vacilacións do tipo Fernandez ~ Fernandes (cfr. 1388.1 e 10) que conviven coa forma máis arcaica Fernandiz. Así pois, o proceso de neutralización e mudanza da africada [dz] en prol da fricativa [z], posteriormente enxordecida, no sufixo patronímico -ez xa estaba iniciado.

  • 17

    Cuido-m’eu ~ coido-m'eu constitúe unha frase formularia aseverativa que é utilizada con bastante frecuencia no corpus (36.10, 114.18, 219.4, 1019.18, 1368.11, 1611.19 e 1626.5), converténdose así nunha alternativa a expresións como a meu cuidar, segundo meu sén etc. 

    A forma <cuydu> de B, con -u gráfico final é unha das moi raras aparicións desta vogal en posición final que, sen dúbida, é produto non da pronuncia medieval mais dun erro de copia. Ao longo do corpus nunca aparece en textos transmitidos por A e por veces os dous apógrafos italianos coinciden nesta grafía: 405.17 grado (<gradu> V vs. AB), 1212.1 amigo (<amigu> B vs. V), 1312.13 vivo (<uiuu> B, <uyuu> V), 1315.4 Lugo (<lugu> BV), 1337.7 uso (<issu> B <ussu> V), 1400.17 feito (<feytu> BV), 1626.5 cuido (<cuydu> BV), 1682.8 vinho (<uinhu> V).

  • 19

    Neste verso (e tamén no v. 23) aparece a única ocorrencia de saion na poesía trobadoresca profana.

  • 20

    Téñase en conta que o sison (véxase tamén 474.6) é unha ave da familia das abetardas que se caracteriza pola constante expulsión de gases fedorentos. Como antropónimo volve aparecer en 475.16.

  • 21

    Por máis que nalgunhas edicións se manteña mecanicamente a lección dos manuscritos (gualrá) como unha hiptética forma de P3 de futuro de guarir (Vallín, Littera), semella obvio que a forma transmitida por B é produto dun cruzamento no proceso de copia entre guarrá e valrá (Michaëlis mesmo optou pola segunda forma), pois a forma prerromance *guarire + at evolúe a guarrá (do mesmo modo que terrá, verrá, salrá ou outras formas similares), sen que estea rexistrada en territorio galego-portugués unha evolución [r]>[lr].

  • 22

    Só González Martínez interpreta debidamente a lección <ƥa>, forma que só pode ser editada como será.

    Nótese, ademais, a presenza do provenzalismo greu, que concorre na lingua trobadoresca, sempre en rima, coa forma xeral grave.

  • 24

    Diferentemente a como foi proposto nas edicións precedentes, a partir da lectura <nulhom̄rdeu>, con presenza dun <r> redondo despois do <m>, segmentamos nulh’om’er deu tal como o desenvolvemento da abreviatura permite (<nulhomerdeu>), coa variante ome e a partícula preverbal er.

  • 26

    A métrica aconsella a expunción de o, nun contexto en que non é necesaria (nin frecuente) a súa presenza do artigo, de modo que se manteña o acento tónico na cuarta sílaba. Véxanse outras pasaxes do corpus en que a súa presenza é claramente espuria, pois son casos de estruturas paralelísticas ou de repetición do refrán. Véxanse, por exemplo, 943.17 (V vs. B), 1081.5 (BV) ou 1298.4 (BV).

  • 27

    A forma confunda xa parece indicar (se non é un erro <u>/<o>) a aparición da terceira conxugación no verbo cofonder ~ confonder, formas xerais e únicas na lingua trobadoresca. Véxase nota a 194.7.

  • 28

    Face a segrel, esta forma segrer (a interpretación máis probábel da lección <segneur>, de obvia influencia francesa) mantén a vibrante latina sen a disimilación que se xeneralizou na lingua trobadoresca.

  • 30

    As diversas solucións editoriais para este verso, coa excepción de Lapa, levan consigo a modificación e banalización dunha lectura <grodõ> (= grodon) do manuscrito, que constitúe un hapax que condí perfectamente coa letra e co sentido do texto. A base latina glŭtōnem permite unha solución acorde coas tendencias evolutivas da lingua (gl- > gr-, -t- > -d-, -ōnem > -on), por máis que a forma gloton ome͂ gargantõ e glotõ») xa aparece na tradución galega da Geral Estoria (Martínez López 1963: 11), o mesmo que grotõ se rexistra despois nos Evangelhos e Epístolas com suas Exposições em Romance:

    o rico grotõ estãdo en o inferno mais era atormentado na lingua que en os outros me͂mbros (Machado 2008-2013: 565, s.v. glutão).

    Por súa parte, vilão, como outras voces terminadas en -ão e en -ao (nomeadamente mao, véxase nota a 485.20), presenta nos apógrafos italianos a forma gráfica <aāo> ou <āao>, con duplicación vocálica característica destes encontros vocálicos, presente na escrita galego-portuguesa desde os seus inicios e con frecuencia progresiva nos textos finais da Idade Media. De feito, ao longo do corpus das cantigas <-aão>, con algunhas variantes e/ou lapsos de copia, rexístrase en alão (1450.2), mão (382.21, 461.26, 1314.8, 1387.5), cristão (1119.21), Foão (1338.1), irmão (1118.18), temporão (1471.13), verão (1624.5) vilão (1592.5).

  • 32-34

    Falta no manuscrito a copia destes tres versos, que rematarían a tençon coa derradeira intervención de Paai Soarez.

  1. ^

    Na realidade, o suxeito mj̃ foi apagado polo editor da tradución da Crónica ao substituílo, considerándoo forma errada, por [eu].

  2. ^

    Estas formas lembran outras vacilacións, como capelan / capelão (nas cantigas só se rexistra a primera, talvez a través do prov.; cfr. lat. cappellanum) ou ermitan / ermitão (só a segunda; cfr. a primeira nas CSM).

Cerca
    Nessun risultato trovato