867b [= RM 14,2 (= 14,13)]
Pois min Amor non quer leixar

Pois min Amor non quer leixar
e dá-me esforço e asperança,
mal venha a que[n] se del desasperar,
[c]a per amor cuid’eu máis a valer,
e os que del desasperados son
non poden nunca nen ũu ben aver
nen fazer ben, e per esta ra[z]on
con amor quero-me alegrar,
e quen tristur’ou malandança
quer non lhe dé Deus al, pois s’én pagar.
[P]ois min Amor non quer leixar
[e dá-me esforço e asperança,
mal venha a quen se del desasperar].
Amor faz a min amar tal sen[h]or
máis fremosa de quantas oj’eu sei,
e faz-m’alegre e faz-me trobador
cuidand’en ben sempre; e máis vos direi:
u se pararon de trobar
trob’eu, e non per antolhança,
mais pero sei mui lealmente amar.
[P]ois min Amor non quer leixar
[e dá-me esforço e asperança,
mal venha a quen se del desasperar].
Cousecen min os que amor non an
[e] non cousecen sí (vedes que mal!),
ca trobei tanto por senhor, de pran,
que de beldade quantas eu sei val,
de mesur’e de ben falar
e de todo ben, sen dultança:
atal am’eu e por seu quer’andar.
Pois min Amor [non quer leixar
e dá-me esforço e asperança,
mal venha a quen se del desasperar].
 
 
 
 
5
 
 
 
 
10
 
 
 
 
15
 
 
 
 
20
 
 
 
 
25
 
 
 
 
30
 
 
 

Manuscrits


B 885bis, V 469

Edicions


I. Edicións críticas: Nunes (1972 [1932]: 284-285 [en nota]); Tavani (1993 [1963]: 140 [= LPGP 126]); Littera (2016: I, 126-127).
II. Outras edicións: Monaci (1875: 172); Braga (1878: 88-89); Machado & Machado (1953: IV, 219-220); Fernández Pousa (1954: 31).
III. Antoloxías: Arias Freixedo (2003: 298-299).

Variants manuscrites


1 Pois] Oys V; quer] q̄i V; leixar] lexxe B   2 esforço] esforcō B : esforzō V; asperança] Asperāca B   3 quen] q̄ B : q’ V; desasperar] desa\s/perar B   4 cuid’] tuyd V   5 e os] aos V   6-7 ben aver nen fazer ben] bem / Au’ nē faz’ bem auer / nē fazer bem B : bem aū / nē faz’ bem auer / nē fazer bem V   7 esta] offa B; ra[z]on] iraom B : rraom V   8 quero] qro BV; alegrar] Alog̃r B   9 quen] ꝙwn B; tristur’ou] tristareu V; malandança] mal Andanca B : mal andanza V   10 pagar] page B : \p/ag̃ V   11 [P]ois] om. B : ois V; leixar] leyxe B   14 Amor] mor B   15 quantas] q̅utas B : q̅ntas V   16 e] ē B; trobador] trobada B : trobadu V   17 e] om. V; máis] mas B; vos] uas B : uos V; direi] desey B   18 pararon] rararō V   19 antolhança] Antolhançā B : antolhanzā V   20 pero sei] p̃ seis B : p̃ sau V; lealmente] leal mēnc B : leal mēne V   24 [C]ousecen] o secē B : ousezē V   25 couseen] tousecem B   26 tanto] canto B; por] par V; pran] rrā V   27 quantas] qn̄tas B : q̄ntas V   29 todo] cudo B : tudo V; dultança] dultāca B : didensça V   30] quer’andar] <   > andar B : gandeu V   31 Pois] Pois B : ois V; min] mj B

Variants editorials


1 Amor] amor Tavani, Littera   2 dá-me esforço e] dá-m’esforç’e Littera   3 venha a] venh’a Littera   4 amor] Amor Nunes   6 nen ũu] nen hũn Nunes : nẽũu Tavani : nem um Littera   8 amor] Amor Nunes   10 dé] dê Nunes, Tavani, Littera   11 Amor] amor Tavani, Littera   12 dá-me esforço e] dá-m’esforç’e Littera   13 venha a] venh’a Littera   18 sempre] sempr’ Nunes, Tavani : sempre’ Littera   20 pero] por que Nunes   21 Amor] amor Tavani, Littera   22 dá-me esforço e] dá-m’esforç’e Littera   23 venha a] venh’a Littera   25 que] qu’é Nunes   26 trobei tanto] trob’e canto Nunes, Littera   29 todo] tudo Tavani, Littera   31 Amor] amor Tavani, Littera   32 dá-me esforço e] dá-m’esforç’e Littera   33 venha a] venh’a Littera

Paràfrasi


Pois a min non me quere deixar Amor e dáme esforzo e esperanza, mal veña a quen desesperar del, (I) pois por amor eu coido valer máis, e os que del están desesperados non poden nunca recibir ben ningún nin facer ben; e por esta razón con amor quérome alegrar, e quen busca tristeza ou infortunio non lle dea Deus outra cousa, xa que gusta diso. Pois a min non me quere deixar Amor e dáme esforzo e esperanza, mal veña a quen desesperar del.

(II) Amor faime amar unha señora tal (que é a) máis fermosa de cantas eu hoxe coñezo, e faime alegre e faime trobador pensando sempre no ben; e máis vos direi: cando outros deixaron de trobar trobo eu, e non por antollo, senon porque sei amar lealmente. Pois a min non me quere deixar Amor e dáme esforzo e esperanza, mal veña a quen desesperar del.

(III) Censúranme os que non teñen amor e non se censuran a si mesmos (vede que mal!), porque trobei tanto por unha señora, certamente, que de beleza vale por cantas eu coñezo, e de mesura e de ben falar e de todo ben, sen dúbida: tal amo eu e por seu (servidor) quero andar. Pois a min non me quere deixar Amor e dáme esforzo e esperanza, mal veña a quen desesperar del.

Mètrica


Esquema métrico: 3 x 10a 10b 10a 10b 8c 8’d 10c 8C 8’D 10C (= RM 111:1)

Encontros vocálicos: 2 -me‿esforço‿e; 3 venha‿a; 6 ũ͜u; 8 -me‿alegrar; 12 -me‿esforço‿e; 13 venha‿a; 16 alegre‿e; 17 sempre;‿e; 20 lealmente‿amar; 22 -me‿esforço‿e; 23 venha‿a; 32 -me‿esforço‿e; 33 venha‿a

Notes


Text
  • *

    Conforme Tavani estabeleceu na súa edición crítica do cancioneiro de Airas Nunez, a segunda versión da cantiga 867 (con refrán inicial, tal como as composicións nº 309, 454, 474, 1456, 1572, 1574 e 1576) constitúe a segunda tradición de “un único texto poético conservado por dúas tradicións distintas, aínda que cada unha deles reflecte só en parte a probable estructura primitiva do poema” (1993: 24). No entanto, para Montero Santalla (2000: 494-495), é “mais provável” que a versión orixinal de Airas Nunes sexa esta segunda copia, con refrán inicial.

    Amor faz a min amar tal amor (867a) foi copiada, en B, co número 873, no f. 185v, tras o inicio en branco da col. a, aparentemente sen máis anomalías que unha liña de verso que se deixa en branco tras escribirse a forma uerey (primeira estrofa). Segue a copia de diversos textos do autor, nunha transcrición caracterizada, neste manuscrito, por numerosos espazos en branco, que parecen apuntar a unha transmisión conflitiva ou a un antecedente xa afectado por espazos lacunosos ou por unha deterioración textual clara –a diferenza do que sucede en V, que, de acordo coa súa práctica habitual, fornece unha copia limpa e continuada.

    Xa no f. 187r-v, esta vez sen numeración de Colocci, localizamos Pois min Amor non quer leixar (867b, a segunda versión do poema), transcrito de forma regular, coa salvidade de pequenos espazos en branco nos versos que parecerían destinados a acoller algunha maiúscula ou outro elemento menor. Como no caso precedente, V ofrece unha copia limpa, sen alteracións perceptíbeis.

    A collatio dos relatores para cada un dos dous textos mostra que este último é máis completo e regular, máis complexo desde o punto de vista métrico-retórico, cun refrán inicial moi pouco frecuente na lírica galego-portuguesa, mais que aproveita o material textual de Amor faz a min tal amor, invertendo, iso si, e para alén doutras variantes de peso non menor, a orde estrófica, de forma que as tres estrofas deste último texto pasan a ocupar lugares diversos en Pois min Amor non quer leixar (I-II-III>II-I-III).

    Perante esta situación, moi pouco frecuente na lírica dos trobadores –aínda que debería procederse a unha análise global do corpus sen prexuízos, que podería animar a ofrecer duplas edicións de textos cun importante número de variantes– cabe pensar, pois, na chegada dos poemas de Airas Nunez ao antígrafo de BV a través dunha dúplice tradición manuscrita e que, nunha desas fontes, un dos textos, quizais o dotado de refrán inicial, sexa exemplo da reelaboración do material primario, dotándoo dunha maior complexidade semántica e incidindo de maneira notábel na alegría do amor, seguindo a pegada provenzal que debeu penetrar na corte de Afonso X a mediados do século XIII.

  • 1

    O pronome persoal tónico oblicuo min deste primeiro verso do refrán é complemento directo sen preposición, tal como acontece con frecuencia no corpus trobadoresco (e a mesma construción reaparece no v. 24: cousecen min).

  • 5

    O indefinido ũu (e tamén algũu e neũu) debería, aparentemente, computar como bisilábico, e así acontece ás veces ao longo do corpus; porén, na maior parte das súas aparicións funciona como unha forma monosilábica, revelando dese xeito que se trata dunha grafía conservadora. Algo similar acontece con bõo ~ boo (véxase nota a 241.10) e, aínda en menor medida, sõo ~ soo (véxase nota a 10.25), que son basicamente voces bisilábicas, aínda que nalgunhas ocasións computan como unisilábicas.

  • 9

    A forma malandança ‘desventura, infelicidade’ presenta -l- talvez por ser produto dunha formación derivada, co adverbio mal a funcionar como prefixo, igual que malandante (1320.21, 1496.6 e 1526.21). Neste sentido, maa andança (só atestada na Demanda do Santo Graal e mais no Orto do Esposo, xunto con unha ocorrencia na Crónica Geral Galega) debe de ser unha reconfiguración a partir do adxectivo mao/maa. Cfr. nota a 1320.21.

  • 20

    Dun modo diferente a como acontece noutros contextos en que mais e pero funcionan como conxuncións independentes do punto de vista sintáctico (véxase 11.5, 76.10, 301.16, 692.10, 728.16, 953.4, 1146.9), mais pero (mas pero en 268.16) constitúe unha locución conxuntiva equivalente a ‘a pesar de, non obstante, porén’.

  • 25

    Para alén da existencia do mesmo verso na versión a da cantiga, a reintegración da conxunción e no inicio do verso está sustentada pola moi frecuente omisión da copulativa por erro de copia, como mostran os abondosos casos en que algún dos manuscritos ofrece a lección correcta: A vs. B (65.29, 117.12, 165.10, 174.12 etc.), B vs. V (424.14, 1195.16 etc.), V vs. B (403.6, 1614.20 etc.). E noutros casos, a métrica e/ou o sentido indica a necesidade da recuperación da copulativa (véxase 6.14, 60.27, 103.18, 110.3 e 17, 230.5, 271.5 etc.). Cfr. nota a 42.15 e 274.19.
    No relativo ao lapso de Nunes na lección qu’é véxase nota a 867a.12.

  • 29

    Tavani (e Littera) mantén a lección tudo que se deriva directamente da lección <tudo> e <cudo> dos manuscritos; porén, a aparición na lingua da forma invariábel de todo/a é moito posterior, feito que nos leva a considerar a existencia dun banal erro <o>/<u> no proceso de copia.
    Dultança ‘dúbida’ (nalgúns contextos tamén significa ‘temor’) é formación nominal a partir de dultar (co sufixo -nça), forma concorrente con duvidar nos textos medievais (do lat. dubitāre, véxase Ferreiro 1999: §17d.5); de todos os xeitos, as voces da familia lexical de dultar teñen escasa presenza na poesía trobadoresca profana, pois só volve aparecer dultança en 459.11, xunto co participio dultado en 468.27 (tamén Afonso X) e o verbo dultar en 1382.21.

Cercar
    No s'ha trobat cap resultat