474 [= RM 18,27]
Non quer’eu donzela fea

Non quer’eu donzela fea
que [ant]’a mia porta pea.
Non quer’eu donzela fea
e negra come carvon
que ant’a mia porta pea
nen faça come sison.
Non quer’eu [donzela fea
que ant’a mia porta pea].
Non quer’eu donzela fea
e velosa come can
que ant’a mia porta pea
nen faça come alerman.
Non quer’eu donzela fea
que ant’a mia porta pea.
Non quer’eu donzela fea,
que á brancos os cabelos,
que ant’a mia porta pea
nen faça come camelos.
Non quer’eu donzela fea
que ant’a mia porta pea.
Non quer’eu donzela fea,
velha de ma[a] coor,
que ant’a mia porta pea
nen faça i [o] peior.
Non quer’eu donzela fea
que ant’a mia porta pea.
 
 
 
 
5
 
 
 
 
10
 
 
 
 
15
 
 
 
 
20
 
 
 
 
25
 

Manuscritos


B 476

Edicións


I. Edicións críticas: Lapa (1970 [1965]: 7-8 [= LPGP 152-153]); Paredesa (2001: 185); Pellegrini 1977: 27-28; Lopes (2002: 63); Paredesb (2010a: 165); Littera (2016: I, 90).
II. Outras edicións: Molteni (1880: 157-158); Machado & Machado (1950: II, 333-334); Paredes (2010b: 128-131); Paredes (2010c: 88-89); Rios Milhám (2018b: III, 474).
III. Antoloxías: Landeira Yrago (1975: 250-251); Tavares & Miranda (1987: 293); Pena (1990: 242-243); Sansone (1990: 208-210); Alonso Girgado (1992: 19); Pena (1993: 141-142); Ferreiro & Martínez Pereiro (1996c: 53); Marcenaro (2006: 56-58); Magalhães (2007: 123).

Variantes manuscritas


5 ant’a] antha B   6 faça] ffata B   7 Non quer'eu] Nen querey B   12 nen faça] Non faca B   18 faça come camelos] faca cōm cameles B   19 eu] en B   22 velha] Veelha B   24 faça] faca B

Variantes editoriais


En Lapa, Lopes e en Paredes 2001, Paredes 2010 os vv. 1 e 3 de cada estrofa non son considerados como refrán.

12 alerman] alermã Lapa, Lopes, Littera   22 velha] veelha Pellegrini, Paredesa, Paredesb, Littera : [e] velha Lopes; coor] cor Lopes   24 nen] nen [me] Lapa : nen me Lopes, Littera; [o]] om. Lapa, Pellegrini, Paredesa, Lopes, Paredesb, Littera

Paráfrase


Non quero eu doncela fea que peidee ante a miña porta.

(I) Non quero eu doncela fea e negra como carbón que peidee ante a miña porta nin que faga coma o sisón. Non quero eu doncela fea que peidee ante a miña porta.

(II) Non quero eu doncela fea e peluda coma un can que peidee ante a miña porta nin que cheire coma a ruda brava. Non quero eu doncela fea que peidee ante a miña porta.

(III) Non quero eu doncela fea que ten brancos os cabelos, que peidee ante a miña porta nin faga coma os camelos. Non quero eu doncela fea que peidee ante a miña porta.

(IV) Non quero eu doncela fea, vella e de má cor, que peidee ante a miña porta ou que aínda faga alí algo peor. Non quero eu doncela fea que peidee ante a miña porta.

Métrica


Esquema métrico: 7’A 7b 7’A 7b 7’A 7’A (I, II, IV [= RM 58:5]) + 7’A 7’b 7’A 7’b 7’A 7’A (III [= RM 58:6])

Encontros vocálicos: 12 comealerman

Notas


Texto
  • *

    Esta composición presenta refrán inicial, tal como as cantigas nº 309, 454, 867b, 1456, 1572, 1574, 1576 e 1634.
    A partir de UC 1390, de Pero Garcia Burgales, e UC 1585, de Pero Garcia d’Ambroa, Beltran (2021), que interpreta a figura de Pedro Boo ~ Pero Bõo como unha sátira arredor da morte do poderoso señor Diego López de Haro, propón unha arriscada identificación identificando da donzela fea coa viúva do magnate castelán, Guillelma de Bearn, “una poderosa dama cuyo hermano, Gastón de Bern (...) estuvo al servicio de Alfonso” (Beltran 2021: 7).

  • 2

    O verbo peer, como voz escatolóxica, e tal como outras voces pertencentes ao ámbito sexual (caralho, cono, foder etc.), non parece ter abandonado o ámbito da oralidade para o texto escrito, agás nas cantigas satíricas, única produción en que se acha. Peer, do lat. pedĕre ‘peidear’ mantén este significado tamén en 1427.10, 1497.34 e 1529.6 e 27 (véxase, porén, nota a 1390.6 para o valor de ‘agonizar, morrer’. En calquera caso, peer nunca traspasou o umbral das cantigas, e non foi recollido na lexicografía histórica portuguesa (véxase CLA, s.v.).

  • 5

    En liña co peer da donzela fea aparecen diversas referencias ao longo da composición afonsina; neste verso, o sison, ave que expulsa gases fedorentos (véxase nota a 115.20).

  • 10

    O cualificativo veloso ‘peludo’ (<uĭllōsum) non volve aparecer na poesía profana, aínda que se rexistra nalgunha ocasión nas Cantigas de Santa Maria, na tradución galega da General Estoria e mais nos Livros de Linhagens, para alén da súa aparición como apelido (Veloso). Véxase CGPA, s.v. veloso, velosa(s).

  • 12

    A alerman é a ruda silvestre, que tamén se caracteriza por cheirar.

  • 18

    Lémbrese que os camelos tamén se caracterizan por cheiraren, especialmente os machos no período do cío.

  • 21

    A asociación entre fealdade e vellice ten máis reflexos nas cantigas: dona fea, velha e sandia! (1506.r); pois [m]’ ũa dona fez querer gran ben, / fea e velha (1605.5). Fóra da lírica, tamén na produción prosística (véxase CGPA) se percibe a mesma asociación: 

    Aadur he algũa molher, posto que seia fea ou uelha, que se nõ alegre e que nõ ouça de boa mẽte que [digã que] he fremosa (Orto do Esposo). 

    Mais tamén entre fea e espantosa noutras obras:

    aymage do elamẽto da terra fegurauã ha em semellança de moller coroada, mays [em pero] moy grande era et moy grandes nẽbros avia os outros, et fea, et espantosa, cõ hũa catadura sanuda (tradución galega da General Estoria). 

    Ca lhe semelhava que viia ante si Morgaim, a irmãã de rei Artur, mui fea e mui espantosa, assi que bem lhe semelhava que entam saira do Inferno (Demanda do Santo Graal).

  • 22

    A duplicación vocálica en <Veelha> velha non ten xustificación etimolóxica nin fonolóxica.

  • 24

    A omisión dunha sílaba neste verso resólvese coa reintrodución do artigo, presente na construción fazer o peor que se rexistra ao longo do corpus en concorrencia con fazer peor. Véxase, por exemplo, fezeron todo o peior (489.30), no propio Afonso X, para alén doutras aparicións, como en 382.3, 1237.22 ou 1672.18; deste xeito, faça fica sen CI (cfr. [me] en Lapa, Paredes e Lopes), en paralelo cos vv. 6, 12 e 18.

Buscar
    Non se atopou ningún resultado