I. Edicións críticas: Lapa (1970 [1965]: 54-55 [= LPGP 156-157]); Paredesa (2001: 107); Lopes (2002: 48); Paredesb (2010a: 90); Littera (2016: I, 80).
II. Outras edicións: Molteni (1880: 149-150); Machado & Machado (1950: II, 302-303); Paredes (2010b: 72-75); Paredes (2010c: 56-57); Rios Milhám (2018b: III, 454).
III. Antoloxías: Carballo Calero & García Rodríguez (1983: 59-60); Tavares & Miranda (1987: 125); Pena (1990: 253-254); Corral Díaz & Vieira (2023: 147).
2 can] tam B 6 estes penhos] Destes renhos B 8 can] tam B 9 o daian] edayam B 12 podengo] pedengo B 16 cadela, polo can] cadelo polo tam B 17 o daian] e dayam B 19 querrei] queirey B 20 consentir] conssent̃m B 23 querrei] queirey B
11 a ‘lvor] alvor Lapa, Paredesa, Lopes, Paredesa, Littera 12-14 o meu podengo melhor, / que avia en sabor; / e penhorar-lh’-ei de pran Lapa, Paredesa, Paredesa : o meu podengo melhor / que avia em sabor, / e penhorar-lh’-ei, de pram Lopes, Littera 19 avĩir] avir Lopes, Littera 20 el se [o]] el[e], se Lapa, Paredesa, Paredesb
Peñorémoslle ao deán a cadela, polo can.
(I) Xa que el me furtou o meu podengo e o negou, eu penso que estes peñores lle han pesar, porque lle quero coller en peñor a cadela, polo can. Peñorémoslle ao deán a cadela, polo can.
(II) Mandou el que á alba me furtasen o mellor podengo que eu tiña, e teño desexo de peñoralo, e heille pillar a súa maior cadela, polo can. Peñorémoslle ao deán a cadela, polo can.
(III) Mais quererei chegar a un acordo con el, se así o quixer; mais se el non cumprir o acordado, os seus peñores ficarán para min, e aproveitareime ben da cadela, polo can. Peñorémoslle ao deán a cadela, polo can.
Esquema métrico: 3 x 7a 7a 7a 7b 7a 7b 7B 7B (= RM 14:1)
Encontros vocálicos: 4 mi-‿o; 19 -mi‿avi͂ir; 22 -mi-‿an
A voz penhorar (‘empeñar ou peñorar, tomar en prenda ou peñor’), do lat. pĭgnorāre, só volve aparecer unha ocasión no corpus das cantigas: dé-mi meu aver e gracir-lho-ei, / [e], se mi-o non der, penhora-la-ei (1368.14).
Por súa parte, o termo daian aparece tamén noutras dúas cantigas (491.1, 1683.5): o daian de Calez noutra cantiga tamén de Afonso X (nº 491) e mais o daian aludido na derradeira cantiga do corpus, de Pedr’Amigo de Sevilha (nº 1683). Non obstante, daian, única forma utilizada no corpus das cantigas profanas, é variante minoritaria face ao xeral dean da documentación prosística (do lat. decānum, a través do francés; véxase García-Sabell Tormo 1990: 109-110). Para alén das cantigas, só achamos a variante daian en dous documentos galegos a que se deberá acrecentar tres ocorrencias de daiam en textos portugueses (CGPA, s.v. daian, daiam):
Et demays mandamos logo por esta presente carta a Roy Vaasques de Sonar clerigo de don Fernan Aras daian de Lugo (doc. 1334).
Os sobreditos daián e cabídoo arrendaron a Johán de Leyra, concheiro, des o primeiro día de setenbro primeiro que passou ata dous anos, os tres soldos que o dito cabídoo há ẽna portajee antiga (doc. 1334).
Téñase en conta que cadela, ademais de ‘femia do can’ significa tamén ‘barragá’.
A representación gráfica da crase vocálica na expresión adverbial temporal a alvor (‘no amañecer’)1 só pode ser a ‘lvor (sobre esta crase fonética véxase nota a 73.19). Esta expresión adverbial, sen artigo, pode verse, por exemplo, na Crónica Geral de Espanha de 1344:
E, hũũ dia, quando a alvor queria cobrar, armaronsse en Sevilha mil homẽẽs a cavallo e ouveron consselho que fossem feryr ẽna hoste e que fezessem quanto podessem ante que os da hoste se podessem acorrer nẽ acolherensse a suas armas (cfr. CGPA, s.v.).
Os restantes editores emendaron a lección de B (e > en, v. 13; de > e, v. 14) sen necesidade, pois unha sintaxe e puntuación alternativa leva consigo tamén unha interpretación que non levanta problemas: deste xeito, sabor debe ser ligado a ei (aver sabor de penhorar-lho) e a copulativa inicial do v. 15 liga ei sabor... con filharei.
A asimilación (e absorción) da vibrante final do infinitivo á lateral palatal inicial do pronome lhe ~ lhi ([ɾʎ] > [ʎ]) prodúcese ocasionalmente, en especial nos cancioneiros apógrafos italianos (véxase nota a 21.3). Nótese, ademais, que a crase en lh’ei encobre unha forma pronominal contracta lho.
A maior / sa cadela pode ser a sa cadela maior, mais tamén pode constituír unha referencia á soldadeira de Maior Garcia. Cfr. 1683.1-5, onde se alude a un daian en relación a esta personaxe (véxase Mettmann 1966: 318):
Maior Garcia vi tan pobr’ogano
que nunca tan pobr’outra molher vi,
que, se non foss[e] o arcediano,
non avia que deitar sobre sí;
ar cobrou pois sobr’ela o daian.
A presenza do pronome no v. 21 e a hipometría versal aconsellan a súa restauración neste verso (véxase 1224.17 para un caso similar indubitábel), antes do recurso a ele que Lapa e Paredes prefiren.
Carolina Michaëlis suxire que Alvor podería ser o nome do podengo do dean (véxase Paredes, nota ao v. 11).