149 [= RM 97,33]
Pois non ei de Dona ’Lvira

Pois non ei de Dona ’Lvira
seu amor, e ei sa ira,
esto farei, sen mentira,
pois me vou de Santa Vaia:
morarei cabo da Maia,
en Doir’, entr’o Port’e Gaia.
Se crevess’eu Martin Sira,
nunca m’eu d’ali partira,
d’u m’el disse que a vira
en Sant’Oane, en saia:
morarei cabo da Maia,
[en Doir’, entr’o Port’e Gaia].
 
 
 
 
5
 
 
 
 
10
 
 

Manuscripts


A 62, B 173

Editions


I. Edicións críticas: Michaëlis (1990 [1904]: I, 131); Bertolucci Pizzorusso (1992 [1963]: 115); Lapa (1970 [1965]: 432 [= LPGP 988-989]); Lopes (2002: 305); Littera (2016: II, 559-560).
II. Outras edicións: Molteni (1880: 71); Carter (2007 [1941]: 39); Marques Braga (1945: 127); Machado & Machado (1949: I, 263-264); Arbor Aldea (2016b); Rios Milhám (2017: I, 149).
III. Antoloxías: Nemésio (1961 [1949]: 215); Tavares & Miranda (1987: 243-244); Magalhães (2007: 131).

Manuscript variants


1 ‘Lvira] el uira B   4 Vaia] uya B   6 Doir’, entr’o Port’e] doyro antro porto e B   10 en Sant’Oane : en] eussanhoane ꞇ en B

Editorial variants


1 ‘Lvira] Elvira Bertolucci Pizzorusso, Lapa, Lopes, Littera   4 Santa] Sancta Michaëlis   6 Doir’, entr’o Port’e] Doyro, / antr’o Porto / e Bertolucci Pizzorusso : Doiro, antr’o Porto e Lapa, Lopes, Littera   10 Sant’Oane] Santoane Michaëlis : Ssanhoane / e Bertolucci Pizzorusso : Sanhoane e Lapa, Lopes, Littera   12 Doir’, entr’o Port’e] Doyro, / antr’o Porto / e Bertolucci Pizzorusso : Doiro, antr’o Porto e Lapa, Lopes, Littera

Paraphrase


(I) Pois non teño de dona Elvira o seu amor, e teño a súa ira, farei isto, certamente, pois me vou de Santa Ovaia: morarei cabo da Maia, no Douro, entre o Porto e Gaia.

(II) Se eu crese a Martín Sira nunca me afastaría de alí, de onde me el dixo que a vira, no San Xoán, en saia: morarei cabo da Maia, no Douro, entre o Porto e Gaia.

Metrics


Esquema métrico: 2 x 7’a 7’a 7’a 7’b 7’B 7’B (= RM 19:39)

Notes


Text
  • *

    Esta anónima cantiga (tamén atribuída aos trobadores Martin Soarez e Roi Gomez de Briteiros) trata o mesmo tema que a composición anterior: o rapto de D. Elvira Anes da Maia por parte de Roi Gomez de Briteiros.

  • 1

    A lección de A escurece, a diferenza de B (dona Elvira), o nome da muller raptada, por causa da elisión da vogal inicial do nome. É por isto que todos os editores anteriores acolleron a forma íntegra Elvira, que, de calquera forma, é máis transparente na elocución completa do sintagma. Este tipo de elisión prodúcese en voces cunha sílaba inicial /al/ ou /el/ (albergar, alguen, alvor, Elvira), que poden sofrer aférese da vogal inicial, sempre despois de /a/, tónica ou átona: (dira ‘lguen, 73.9; a ‘lvor (454.11); a ‘lguen (757.r1); a ‘lbergar (1474.17); e algo similar pode acontecer coa forma do artigo el- (cfr. nota a 51.1). Véxase nota a 6.4, 18.16, 51.1, 358.21, 878.1.
    A citación expresa do nome da amada vai contra unha das regras do amor cortés, a do segredo amoroso. Véxase nota a 111.1.

  • 3

    A expresión sen mentira, que equivale ao usual per bõa fe, é locución de circulación habitual na Idade Media (véxase, por exemplo, sen me͂tira na Crónica Troiana; Lorenzo 1985: 264, 318), o mesmo que sen mentir ~ sen me͂tir, presente tamén en diversas obras (CSM 3.39, 5.61 etc.; Lorenzo 1985: 327, 353, 526 etc.).

  • 4-6

    Os topónimos portugueses Maia (as terras da Maia, entre os ríos Lima e Douro), Doiro, Porto e Gaia (Vila Nova de Gaia) son transparentes; mais Santa Vaia pode referirse a diversas poboacións. En calquera caso, nótese como nos Livros de Linhagens aparece a mesma formulación xeográfica a respecto destes topónimos:

    E veerom por mar portar na foz de Doiro, que é antre o Porto e Gaia (Mattoso 1980: I, 404).

  • 5

    A locución prepositiva cabo de (tamén 1342.17, 1382.10, 1388.5 e 7, 1507.15, 1509.5 e 1640.7) forma parte do conxunto de locucións construídas a partir da preposición cabo: de cabo (603.3), per cabo (1507.5) e en cabo de (1578.21). Cfr. nota a 326.19.

  • 6

    Neste verso aparece a única documentación da forma entre fronte á forma xeral antre (e a variante ontre). Véxase nota a 92.20.

  • 7

    Nótese a presenza da raíz crev- nos tempos de pretérito, aínda sobrevivente perante as formas innovadoras de carácter analóxico que tamén se rexistran no corpus das cantigas profanas, onde aínda son minoritarias as formas creesse (pretérito de subxuntivo) e creer (futuro de subxuntivo). A mesma raíz, nas formas crevestes, crevesse e crever, pode verse tamén nas seguintes pasaxes: 460.18, 470.13, 534.7, 832.2, 1050.14 e 20, 1257.10, 1368.11, 1502.4 e 1666.6. Vexase Mariño Paz (2005: 192-196).

    Martin Sira, cuxa familia apoiou Afonso III, é denominado Martin Xira no Nobiliario do Conde D. Pedro, ao tempo que o cualifica como «cavaleiro bõo e rico».

  • 10

    Sant’Oane (Sanhoane en B) é outro topónimo que pode corresponder a calquera dos moitos Seoane, Seivane etc. resultados concorrentes derivados da mesma base latina Sanctu Ihoanne ‘San Xoán’. Con todo, Sant’Oante tamén se pode referir á festa do San Xoán.
    O raro motivo da primeira visión da dama ‘en saia’, que neste caso parece ter un certo ton paródico, foi utilizado por Paai Soarez de Taveiros na súa famosa e heterodoxa cantiga da Guarvaia (cfr. cantiga 124).

Search
    No results