511 [= RM 25,109]
Senhor, des quando vos vi

Senhor, des quando vos vi
e que fui vosco falar,
sabed’agora per mí
que tanto fui desejar
vosso ben, e, pois é ‘ssi,
que pouco posso durar,
e moiro-m’assi, de chão:
porque mi fazedes mal
e de vós non ar ei al,
mia morte tenho na mão,
ca tan muito desejei
aver ben de vós, senhor,
que verdade vos direi,
se Deus mi dé voss’amor:
por quant’oj’eu creer sei,
con cuidad’e con pavor
meu coraçon non é são,
porque mi fazedes mal
[e de vós non ar ei al,
mia morte tenho na mão].
E venho-vo-lo dizer,
senhor do meu coraçon,
que possades entender
como prendi ocajon
quando vos [eu] fui veer;
e por aquesta razon
moir’assi servind’en vão:
porque mi fazedes mal
e de [vós non ar ei al,
mia morte tenho na mão].
 
 
 
 
5
 
 
 
 
10
 
 
 
 
15
 
 
 
 
20
 
 
 
 
25
 
 
 
 
30

Manuscrits


B 513, V 96

Éditions


I. Edicións críticas: Lang (1972 [1894]: 24 [= LPGP 227-228]); Nunes (1972 [1932]: 91-92); Eirín (2015: 107); Littera (2016: I, 174-175).
II. Outras edicións: Moura (1847: 25-27); Monaci (1875: 43); Braga (1878: 20); Machado & Machado (1952: III, 35-36); Júdice (1997: 93); Montero Santalha (2004).
III. Antoloxías: Pimpão (1942: 32); Torres (1977: 236).

Variantes manuscrites


2 fui] (foy) fuy B   3 agora] ogora B   5 ‘ssi] llj V   7 chão] chao BV   10 mão] mano B   16 con cuidad'e] Non tuydade B   17 coraçon] corazō B   21 venho] ueno B   22 coraçon] corason V   26 e] et B   27 vão] uano B   28 mi] a mī B : amj̄ V

Variantes éditoriales


5 ‘ssi] si Lang   14 dé] dê Lang, Nunes, Littera   24 ocajon] o cajom Littera   28 mi] a mim Lang, Littera

Paraphrase


(I) Señora, desde que vos vin e fun falar convosco, sabede por min mesmo o moito que desexei o voso ben, e, xa que así é, (sabede) que pouco podo durar e que morro, con certeza: porque me facedes mal e non recibo de vós outra cousa, a miña morte teño ao alcance da man, (II) porque tanto desexei ter o voso ben, señora, que vos vou dicir a verdade, así Deus me dea o voso amor: por canto eu hoxe podo crer, o meu corazón non está san por causa da preocupación e do medo, porque me facedes mal e non recibo de vós outra cousa, a miña morte teño ao alcance da man.

(III) E véñovolo dicir, señora do meu corazón, para que poidades entender como sufrín unha gran desgraza cando vos vin; e por este motivo morro así, servindo sen recompensa: porque me facedes mal e non recibo de vós outra cousa, a miña morte teño ao alcance da man.

Métrique


Esquema métrico: 3 x 7a 7b 7a 7b 7a 7b 7’c 7D 7D 7’C (= RM 75:1)

Notes


Texte
  • *

    Sobre o carácter de cantiga próxima ás cantigas ateúdas, cunha ligazón copulativa das dúas últimas estrofas, véxase nota á cantiga 55. Con todo, os editores, como decote, non considera a continuidade das dúas primeiras estofas.

  • 2

    Neste verso debemos supor a preposición des elíptica: e (des) que fui vosco falar.
    Véxase tamén a significativa corrección do copista en B, ao riscar <foy>, P1 de pretérito de ir, e substituíla pola máis xeral <fuy>. Cfr. nota a 6.26.

  • 5

    Resulta significativo comprobar a existencia da aférese de assi no encontro coa forma verbal é (véxanse tamén 179.30, 218.8 e 11, 246.15, 258.22, 284.16, 374.5, 893.23), que convive coa sinalefa éassi (509.7, 808.9, 1110.5, 1224.14, 1569.32; só existe hiato en 754.4) e co xeral ést’assi para evitala, co recurso á variante éste (cfr. nota a 88.10). En calquera caso, non existe unha dupla forma assi / si para o adverbio, senón que ‘ssi é produto dunha aférese.

  • 7

    O verbo morrer en principio non é un verbo pronominal; porén, nas cantigas profanas detéctase ese carácter nunhas poucas pasaxes (véxase tamén 395.20, 757.7, 758.11, 1005.11, 1065.1, 1097.9, 1235a.3, 1235b.3, 1474.8, 1590.4). Na prosa, tamén aparece esporadicamente algún uso pronominal do verbo morrer, por exemplo nas traducións galegas da General Estoria (véxase Martínez López 1963: 34) e da Crónica de Castilla e mais da Estoria de España (véxase Lorenzo 1975: 727), na Crónica Geral de Espanha de 1344 (véxase Cintra 1952-1990: III, 266), ou na Crónica de D. João I (véxase Fernão Lopes 1994: 396).
    A locución adverbial de chão (tamén en 459.3) é a forma galeguizada de de pran, de orixe provenzal, cunha variación semellante á que se observa en oimais ~ oje-mais. Cfr. nota a 109.21.

  • 10

    A presenza de -n- nas formas manuscritas <mano> (v. 10) e <uano> (v. 27) en B é simple indicación gráfica da nasalidade fonolóxica de /ã/ (confirmada neste caso pola lección de V), o mesmo que noutras voces que se rexistran, en especial, nos apógrafos italianos (case sempre con unha das documentacións correcta) en <bona> bõa e, esporadicamente, en <alguna> algũa e <(h)una> ũa, <capaton es> çapatões, <certano> certão, <lontano> loução, <lunar> lũar, <mano> mão, <pardonar> perdõar, <poner> põer, <uano> vão, <ueno> vẽo, <uilano> vilão. Sobre estas grafías e as formas do tipo irmana, véxase Ferreiro 2008b. Cfr. nota a 582.3.

  • 14

    Nótese o uso de se ~ si equivalente a assi en frases optativo-desiderativas (100.1, 177.10, 188.11, 202.2 etc.) tal como tamén aparece en frases formularias do tipo se ~ si Deus me perdon e variantes. Tal forma procede de sīc con cruzamento coa conxunción condicional se.

  • 24

    A forma ocajon, xunto con acajon (véxase nota a 778.9), é unha variante da forma xeral cajon ‘desastre, desgraza, dano’, procedente do lat. occasiōnem, que perdeu a vogal inicial por un proceso de aférese (ao tempo que por posíbel segmentación da forma de artigo). De calquera forma, ocajon é a forma xeral, xunto con oqueijon, nas Cantigas de Santa Maria (véxase Mettmann 1959-1972: IV, s.v.) e, fóra da poesía, este vocábulo áchase con todas as variantes (cajon, ocajon, enqueijon, oqueijon etc.) en diversos textos prosísticos (CGPA, s.v.). No corpus trobadoresco profano, véxase tamén a variante aqueijon en 1590.18.

  • 28

    Lang nin tampouco Littera non emendaron o evidente erro de copia (cfr. vv. 8 e 18) do refrán, que sería hipermétrico: porque a min fazedes mal vs. porque mi fazedes mal.

Rechercher
    Aucun résultat trouvé