926 [= Tav 34,1]
Senhor, se o outro mundo pas[s]ar

Senhor, se o outro mundo pas[s]ar
as[s]i com’aqueste pas[s]’e passei,
e con tal coita com’aqui levei
e lev’, eno iferno ei de morar
por vós, senhor, ca non por outra ren,
ca por vós perco Deus e sis’e sén
cando vos vejo dos olhos catar
atan muit’aposto que non á par;
e ja me trabalhei de os cousir,
e comecei log’enton a ri[i]r,
e er filhei-me log’i a chorar
como omen desemparado d’Amor
e de vós: ai fremosa mia senhor,
non sei como esto podes[s]’endurar!
E ja que vos no iferno falei,
senhor fremosa, ena coita d’aqui
que por vós ei, vedes quanto entend’i
e quanto dá, [a]quanto mui ben sei:
que ala non poderia aver tal
coita qual sofro, tan descomuna[l],
e sofro e nunca por vós acorr’ei,
ca vedes, mia senhor, por que vo-la ei:
porque fez Deus o vosso corpo atal
en que nunca pode omen saber mal
nen sabera; mais eu gran pavor ei,
que vo-la demandará por min Deus,
pois eu morrer, [ai] lume destes meus
olhos, que sempre máis que min amei!
 
 
 
 
5
 
 
 
 
10
 
 
 
 
15
 
 
 
 
20
 
 
 
 
25
 
 
 

Manuscritos


B 923, V 511

Ediciones


I. Edicións críticas: Nunes (1972 [1932]: 341-342 [= LPGP 271]); Arbor Aldea (2008: 25); Littera (2016: I, 287).
II. Outras edicións: Monaci (1875: 186); Braga (1878: 97); Machado & Machado (1953: IV, 284-285).
III. Antoloxías: Ferreiro & Martínez Pereiro (1996b: 58); Mongelli (2009: 73); Souto Cabo (2017: 83).

Variantes manuscritas


1 Senhor] Senho V; outro mundo pas[s]ar] omro mudo rasar B   2 as[s]i] Asy B : asȳ V; pas[s]’e passei] rase rassey V   3 coita, com’] corta tom V   4 E le neno iserno ey de moirar B; lev’, eno] leneno V   5 senhor] senhora BV; ca] ia V   6 perco] ꝑ eo V; sis’e] ssisse B : sisse V   7 vos] uos BV   8 á par] harar B : hara V   9 cousir] toi / sir V   10 comecei] dom etey B : amecey V   11 filhei] silhey V   12 como omen desemparado] tomo homē desenꝑ do V   14 como esto podes[e]’endurar] tomo esto podese durar V   15 vos] uos BV; iferno] isno V   16 coita] toyta V   17 vedes] ned’s B; entend’i] ente udy B   18 dá] co B   19 aver tal] auere cal V   21 qual] q̄l V; sofro] sofre BV; acorr’ei] a coitey B : o coyry V   22 vo-la] uolo BV   23 fez Deus o] sei deus 9 B : soedes o V   24 omen] home V; saber] slvi B : sobī V   25 sabera] sodere V   26-27 Que vola dam andara pr mȳ poys d’s / Eu moirer lume destes meus B : q̄ uolo domādare / p̄ mȳ pois eu morrer / lume destes meus V

Variantes editoriales


1 pas[s]ar] pasar Arbor Aldea   2 pas[s]’] pas’ Arbor Aldea   4 iferno] ifern(o) Nunes   6 perco] perço Nunes, Arbor Aldea, Littera; sis’] siss’ Arbor Aldea   7 cando] quando Nunes   8 atan] A tan Nunes   12 como] com(o) Nunes   14 como] com(o) Nunes; podes[s]’] podes’ Arbor Aldea   16 ena] e na Nunes, Arbor Aldea, Littera   17 quanto] quant(o) Nunes   18 e quanto dá, [a]quanto] e quanto [é] d’aquesto Nunes : e quanto [eu] daquesto Arbor Aldea : e quanto daquesto Littera   19 poderia] poderi(a) Nunes   20 sofro] sofri Nunes, Arbor Aldea   21 sofro] sofr’ Nunes, Arbor Aldea, Littera   22 vo-la ei] no[n] l(o) ey Nunes : vo-lo ei Arbor Aldea : vo-lo hei Littera   23 o] om. Nunes   24 pode omen saber] pod(e) home veer Nunes : pod’homem saber Littera   26 vo-la] vo-lo Littera

Paráfrasis


(I) Señora, se eu pasase a outra vida tal como paso e pasei esta, e con tal coita como aquí levei e levo, hei de morar no inferno por vós, señora, e non por outra cousa, pois por vós perdo a Deus e o siso e a razón cando vos vexo cos ollos ollar (II) de xeito tan aposto que non ten par; e xa me esforcei por comprendelos, e entón comecei logo a rir e logo tamén me puxen alí a chorar como home desamparado de Amor e de vós: ai fermosa señora miña, non sei como poderei soportar isto!

(III) E xa que vos falei do inferno, señora fermosa, vede o que entendo a respecto da coita de aquí que por vós sufro, e canto me vén dela, segundo eu sei: que alá non podería haber tal coita cal eu sufro, tan descomunal, e sufro e nunca de vós recibo auxilio, (IV) pois vede, miña señora, por que vola sufro: porque fixo Deus o voso corpo tal que ningún home pode encontrar nel ningún mal nin poderá; mais eu teño un gran pavor de que Deus vola ha demandar por min, despois de eu morrer, ai lume destes meus ollos, que sempre amei mais que a min!

Métrica


Esquema métrico: 4 x 10a 10b 10b 10a 10c 10c 10a (= Tav 161:25)

Encontros vocálicos: 4 iferno‿ei; 12 como‿omen; 14 como‿esto; 16 fremosa,‿ena; 17 quanto‿entend’; 19 poderi·a‿aver; 21 sofro,‿e; 22 -la‿ei; 23 corpo‿atal; 24 pode‿omen

Notas


Texto
  • *

    Esta cantiga, igual que as cantigas 213 ou 270, presenta unha ligazón interestrófica coa copulativa e entre as estrofas II e III (cunha leve ruptura simétrica) que facilmente se podería interpretar como unha cantiga ateúda. Véxase nota á cantiga 1. Véxase nota á cantiga 74.

  • 1-2

    Na copia desta composición móstrase como o erro <r>/<p> aparece en B e mais en V (<rasar> B, <pasar> V, no v. 1; <passey> B,<rassey> V, v. 2); é máis, no v. 8 o erro é compartido por BV: á par <harar> B, <hara> V. Certamente, este erro é moi frecuente nos cancioneiros italianos; véxanse algunhas mostras da confusión en ambos os apógrafos: padecer <radecer> B, <radeçer> V (556.13); poer <roer> BV (631.10); preito <rreyto> BV (727.15); por én <rorem> BV (803.8); pobreza <rob’za> B, <robzã> V (1330.7) etc.

  • 4

    Igual que acontece con cofonder ~ confonder, na lingua medieval, en xeral, e na lingua trobadoresca, en particular, coexisten as dúas variantes inferno e iferno: a menos evoluída, que triunfou na lingua moderna, atéstase tamén en 1496.23 e 1560.5, mentres que a forma iferno, máis tradicional, coa evolución [nf] > [f], tamén aparece en 379.11, para alén de reaparecer no v. 13 da composición de Froian. Cfr. nota a 194.7.

  • 5

    Obsérvese como os manuscritos achegan a errada lección <senhora>,  feminino analóxico que é excepcional na lingua trobadoresca con relación á forma invariábel senhor, xa que só se atesta en Afonso Sanchez (383.27), Estevan Faian (402.16), Don Denis (551.24), Martin de Caldas (1211.9), Fernand’Esquio (1315.3, 8 e 13) e Gil Perez Conde (1546.23, 1547.16).

  • 6

    A raíz perc-, face á xeral perç-, na P1 de presente indicativo e no presente de subxuntivo de perder, só se rexistra en 54.6, 373.2, 877.1, 882.4, 1549.18, 1605.9. É por isto que, embora sexa posíbel un erro de copia con esquecemento da cedilla, debe ser respectada a lección dos manuscritos.

  • 7

    O grupo latino qu-+á deu como resultado xeral na Idade Media qua-, con manutencio do elemento labiovelar, que posteriormente desapareceu na maior parte dos dialectos galegos (quandō > med. quando > gal. cando); porén, xa desde cedo se detectan formas e grafías que confirma a existencia da evolución ‘galega’ desde os primeiros textos (véxanse diversas formas en textos varios no Corpus Galego-Portugués Antigo, s.v. cando). Outrosí, tal forma é presente en obras serodias, moitas delas territorialmente portuguesas: Orto do Esposo (Maler 1964: s.v. quando); Leal Conselheiro (Roberts 1940: s.v. cando), Vida e Feitos de Júlio César (Mateus 2010: III, s.v. cando). Mesmo se detectan vacilacións editoriais a respecto de quando ~ cando, como acontece no Livro Português de José de Arimateia, con convivencia de formas como qando e q[u]amdo (Miranda 2016: 180 e 191). Cfr. nota a 1339.6.

  • 11

    A perífrase filhar-se + a + infinitivo é unha perífrase modal incoativa, de inicio de acción, con diversas ocorrencias na lingua dos trobadores, en xeral co verbo chorar nas cantigas dos xéneros amorosos. Cfr., por exemplo, viu-me chorar e filhou-s’a chorar (1222.6).

  • 15-18

    Esta pasaxe presenta fundamentalmente dous problemas de edición: o primeiro di respecto á aglutinación / deglutinación de <Ena> B, <ena> V, pois a segmentación da copulativa que realizan Nunes e mais Arbor Aldea e Littera leva consigo unha diferente orientación da pasaxe: ‘e porque vos falei do inferno e da coita..., vedes...’; coa manutención de ena o sentido é levemente diferente: ‘e porque vos falei do inferno (do alén), na coita (do aquén) que teño por vós...’.

    Por outra parte, no v. 18, a diferenza das precedentes edicións, que realizan diversas emendas, seguimos literalmente a lección (case) unánime dos manuscritos, pois co texto proposto só transparece o erro <co>/<da> de B (coa lección correcta en V) e só é necesario, por métrica, restaurar a vogal inicial de aquanto, probabelmente desaparecida no proceso de copia por contigüidade; deste modo, estabelecemos a unidade fraseolóxica aquanto mui ben sei, en liña con outras sinónimas: aquesto sei (eu), aquesto sei eu ben, aquesto sei eu mui ben (cfr. Glosario, s.v. saber).

  • 20

    Descomunal é adxectivo derivado por prefixación de comunal (véxase nota a 537.11), é moito máis común na lingua das cantigas do que a súa base léxica (véxase tamén 3.12, 485.7, 495.16, 497.9, 527.14, 592.14, 1408.27).

  • 20-21

    Os editores precedentes, para non incorreren nunha repetición, emendaron para sofri a lección unánime <sofro> no v. 20, ao tempo que estabelecen o presente (sofr’) a partir da errada lección de BV (<sofre>) no v. 21; non obstante, a repetición obsesiva do sofremento no presente (en face do futuro inferno) fica máis evidente na cantiga se, de acordo co texto de BV, reiteramos tamén o tempo verbal nun período en que este tempo é o único utilizado:
                           ..., vedes quanto entend’i
              e quanto , [a]quanto mui ben sei:
    ​​​​​​​          que ala non poderia aver tal
    ​​​​​​​          coita, qual sofro tan descomuna[l],
    ​​​​​​​          e sofro, e nunca por vós acorr’ei,
              ca vedes, mia senhor, por que vo-la ei: / ...

  • 22

    No relativo ao pronome CD no final desde verso (ca vedes ... por que vo-la ei: / ...), achamos que debe ser emendada a lección dos apógrafos (<uolo>) porque se refire á coita (v. 20).

  • 22-25

    Repárese na repetición da palabra rimante (ei), situación anómala na métrica trobadoresca. Véxase nota a 14.48-50.

  • 24

    Nos apógrafos italianos tamén encontramos a variación ome ~ omen, neste caso coa forma nasalizada en B (véxase tamén 559.9, 1336.16 e 1681.17). Véxase nota a 66.19.

  • 27-28

    A reintegración da interxección en [ai] lume destes meus / olhos vén indicada pola hipometría versal (unha sílaba), para alén de esta expresión aparecer literalmente noutras dúas cantigas, tamén con meus como palabra rimante (173.6-7, 1082.15-16), e coa formulación ai lume destes olhos meus en 296.16 e 808.14.

  • 28

    En face da habitual (e repetida) construción amar máis ca mi(n)/sí (nen al), moi frecuente no corpus trobadoresco (44.13, 102.17, 140.8 e 10, 200.5, 215.16 etc.), coa estrutura comparativa máis ca e sen presenza da preposición perante o pronome tónico, repárese agora na expresión amar máis que min, que só reaparece en D. Pedro de Portugal: Quand’eu perdi aquela que amar / sabia máis que min nen outra ren (626.15-16). Lémbrese, ademais, que os pronomes persoais tónicos poden aparecer sen preposición en numerosas pasaxes trobadorescas (véxase Glosario, s.v. , func. 2). Véxase nota a 861.14.

Buscar
    Sin resultados