926 [= RM 34,1]
Senhor, se o outro mundo pas[s]ar

Senhor, se o outro mundo pas[s]ar
as[s]i com’aqueste pas[s]’e passei,
e con tal coita com’aqui levei
e lev’, eno iferno ei de morar
por vós, senhor, ca non por outra ren,
ca por vós perco Deus e sis’e sén
cando vos vejo dos olhos catar
atan muit’aposto que non á par;
e ja me trabalhei de os cousir,
e comecei log’enton a ri[i]r,
e er filhei-me log’i a chorar
como omen desemparado d’Amor
e de vós: ai fremosa mia senhor,
non sei como esto podes[s]’endurar!
E ja que vos no iferno falei,
senhor fremosa, ena coita d’aqui
que por vós ei, vedes quanto entend’i
e quanto dá, [a]quanto mui ben sei:
que ala non poderia aver tal
coita qual sofro, tan descomuna[l],
e sofro e nunca por vós acorr’ei,
ca vedes, mia senhor, por que vo-la ei:
porque fez Deus o vosso corpo atal
en que nunca pode omen saber mal
nen sabera; mais eu gran pavor ei,
que vo-la demandará por min Deus,
pois eu morrer, [ai] lume destes meus
olhos, que sempre máis que min amei!
 
 
 
 
5
 
 
 
 
10
 
 
 
 
15
 
 
 
 
20
 
 
 
 
25
 
 
 

Manuscrits


B 923, V 511

Éditions


I. Edicións críticas: Nunes (1972 [1932]: 341-342 [= LPGP 271]); Arbor Aldea (2008: 25); Littera (2016: I, 287).
II. Outras edicións: Monaci (1875: 186); Braga (1878: 97); Machado & Machado (1953: IV, 284-285).
III. Antoloxías: Ferreiro & Martínez Pereiro (1996b: 58); Mongelli (2009: 73); Souto Cabo (2017: 83).

Variantes manuscrites


1 Senhor] Senho V; outro mundo pas[s]ar] omro mudo rasar B   2 as[s]i] Asy B : asȳ V; pas[s]’e passei] rase rassey V   3 coita, com’] corta tom V   4 E le neno iserno ey de moirar B; lev’, eno] leneno V   5 senhor] senhora BV; ca] ia V   6 perco] ꝑ eo V; sis’e] ssisse B : sisse V   7 vos] uos BV   8 á par] harar B : hara V   9 cousir] toi / sir V   10 comecei] dom etey B : amecey V   11 filhei] silhey V   12 como omen desemparado] tomo homē desenꝑ do V   14 como esto podes[e]’endurar] tomo esto podese durar V   15 vos] uos BV; iferno] isno V   16 coita] toyta V   17 vedes] ned’s B; entend’i] ente udy B   18 dá] co B   19 aver tal] auere cal V   21 qual] q̄l V; sofro] sofre BV; acorr’ei] a coitey B : o coyry V   22 vo-la] uolo BV   23 fez Deus o] sei deus 9 B : soedes o V   24 omen] home V; saber] slvi B : sobī V   25 sabera] sodere V   26-27 Que vola dam andara pr mȳ poys d’s / Eu moirer lume destes meus B : q̄ uolo domādare / p̄ mȳ pois eu morrer / lume destes meus V

Variantes éditoriales


1 pas[s]ar] pasar Arbor Aldea   2 pas[s]’] pas’ Arbor Aldea   4 iferno] ifern(o) Nunes   6 perco] perço Nunes, Arbor Aldea, Littera; sis’] siss’ Arbor Aldea   7 cando] quando Nunes   8 atan] A tan Nunes   12 como] com(o) Nunes   14 como] com(o) Nunes; podes[s]’] podes’ Arbor Aldea   16 ena] e na Nunes, Arbor Aldea, Littera   17 quanto] quant(o) Nunes   18 e quanto dá, [a]quanto] e quanto [é] d’aquesto Nunes : e quanto [eu] daquesto Arbor Aldea : e quanto daquesto Littera   19 poderia] poderi(a) Nunes   20 sofro] sofri Nunes, Arbor Aldea   21 sofro] sofr’ Nunes, Arbor Aldea, Littera   22 vo-la ei] no[n] l(o) ey Nunes : vo-lo ei Arbor Aldea : vo-lo hei Littera   23 o] om. Nunes   24 pode omen saber] pod(e) home veer Nunes : pod’homem saber Littera   26 vo-la] vo-lo Littera

Paraphrase


(I) Señora, se eu pasase a outra vida tal como paso e pasei esta, e con tal coita como aquí levei e levo, hei de morar no inferno por vós, señora, e non por outra cousa, pois por vós perdo a Deus e o siso e a razón cando vos vexo cos ollos ollar (II) de xeito tan aposto que non ten par; e xa me esforcei por comprendelos, e entón comecei logo a rir e logo tamén me puxen alí a chorar como home desamparado de Amor e de vós: ai fermosa señora miña, non sei como poderei soportar isto!

(III) E xa que vos falei do inferno, señora fermosa, vede o que entendo a respecto da coita de aquí que por vós sufro, e canto me vén dela, segundo eu sei: que alá non podería haber tal coita cal eu sufro, tan descomunal, e sufro e nunca de vós recibo auxilio, (IV) pois vede, miña señora, por que vola sufro: porque fixo Deus o voso corpo tal que ningún home pode encontrar nel ningún mal nin poderá; mais eu teño un gran pavor de que Deus vola ha demandar por min, despois de eu morrer, ai lume destes meus ollos, que sempre amei mais que a min!

Métrique


Esquema métrico: 4 x 10a 10b 10b 10a 10c 10c 10a (= RM 161:25)

Encontros vocálicos: 4 ifernoei; 12 comoomen; 14 comoesto; 16 fremosa,ena; 17 quantoentend’; 19 poderi·aaver; 21 sofro,e; 22 -laei; 23 corpoatal; 24 podeomen

Notes


Texte
  • *

    Esta cantiga, igual que as cantigas 213 ou 270, presenta unha ligazón interestrófica coa copulativa e entre as estrofas II e III (cunha leve ruptura simétrica) que facilmente se podería interpretar como unha cantiga ateúda. Véxase nota á cantiga 1. Véxase nota á cantiga 74.

  • 1-2

    Na copia desta composición móstrase como o erro <r>/<p> aparece en B e mais en V (<rasar> B, <pasar> V, no v. 1; <passey> B,<rassey> V, v. 2); é máis, no v. 8 o erro é compartido por BV: á par <harar> B, <hara> V. Certamente, este erro é moi frecuente nos cancioneiros italianos; véxanse algunhas mostras da confusión en ambos os apógrafos: padecer <radecer> B, <radeçer> V (556.13); poer <roer> BV (631.10); preito <rreyto> BV (727.15); por én <rorem> BV (803.8); pobreza <rob’za> B, <robzã> V (1330.7) etc.

  • 4

    Igual que acontece con cofonder ~ confonder, na lingua medieval, en xeral, e na lingua trobadoresca, en particular, coexisten as dúas variantes inferno e iferno: a menos evoluída, que triunfou na lingua moderna, atéstase tamén en 1496.23 e 1560.5, mentres que a forma iferno, máis tradicional, coa evolución [nf] > [f], tamén aparece en 379.11, para alén de reaparecer no v. 13 da composición de Froian. Cfr. nota a 194.7.

  • 5

    Obsérvese como os manuscritos achegan a errada lección <senhora>,  feminino analóxico que é excepcional na lingua trobadoresca con relación á forma invariábel senhor, xa que só se atesta en Afonso Sanchez (383.27), Estevan Faian (402.16), Don Denis (551.24), Martin de Caldas (1211.9), Fernand’Esquio (1315.3, 8 e 13) e Gil Perez Conde (1546.23, 1547.16).

  • 6

    A raíz perc-, face á xeral perç-, na P1 de presente indicativo e no presente de subxuntivo de perder, só se rexistra en 54.6, 373.2, 877.1, 882.4, 1549.18, 1605.9. É por isto que, embora sexa posíbel un erro de copia con esquecemento da cedilla, debe ser respectada a lección dos manuscritos.

  • 7

    O grupo latino qu-+á deu como resultado xeral na Idade Media qua-, con manutencio do elemento labiovelar, que posteriormente desapareceu na maior parte dos dialectos galegos (quandō > med. quando > gal. cando); porén, xa desde cedo se detectan formas e grafías que confirma a existencia da evolución ‘galega’ desde os primeiros textos (véxanse diversas formas en textos varios no Corpus Galego-Portugués Antigo, s.v. cando). Outrosí, tal forma é presente en obras serodias, moitas delas territorialmente portuguesas: Orto do Esposo (Maler 1964: s.v. quando); Leal Conselheiro (Roberts 1940: s.v. cando), Vida e Feitos de Júlio César (Mateus 2010: III, s.v. cando). Mesmo se detectan vacilacións editoriais a respecto de quando ~ cando, como acontece no Livro Português de José de Arimateia, con convivencia de formas como qando e q[u]amdo (Miranda 2016: 180 e 191). Cfr. nota a 1339.6.

  • 11

    A perífrase filhar-se + a + infinitivo é unha perífrase modal incoativa, de inicio de acción, con diversas ocorrencias na lingua dos trobadores, en xeral co verbo chorar nas cantigas dos xéneros amorosos. Cfr., por exemplo, viu-me chorar e filhou-s’a chorar (1222.6).

  • 15-18

    Esta pasaxe presenta fundamentalmente dous problemas de edición: o primeiro di respecto á aglutinación / deglutinación de <Ena> B, <ena> V, pois a segmentación da copulativa que realizan Nunes e mais Arbor Aldea e Littera leva consigo unha diferente orientación da pasaxe: ‘e porque vos falei do inferno e da coita..., vedes...’; coa manutención de ena o sentido é levemente diferente: ‘e porque vos falei do inferno (do alén), na coita (do aquén) que teño por vós...’.

    Por outra parte, no v. 18, a diferenza das precedentes edicións, que realizan diversas emendas, seguimos literalmente a lección (case) unánime dos manuscritos, pois co texto proposto só transparece o erro <co>/<da> de B (coa lección correcta en V) e só é necesario, por métrica, restaurar a vogal inicial de aquanto, probabelmente desaparecida no proceso de copia por contigüidade; deste modo, estabelecemos a unidade fraseolóxica aquanto mui ben sei, en liña con outras sinónimas: aquesto sei (eu), aquesto sei eu ben, aquesto sei eu mui ben (cfr. Glosario, s.v. saber).

  • 20

    Descomunal é adxectivo derivado por prefixación de comunal (véxase nota a 537.11), é moito máis común na lingua das cantigas do que a súa base léxica (véxase tamén 3.12, 485.7, 495.16, 497.9, 527.14, 592.14, 1408.27).

  • 20-21

    Os editores precedentes, para non incorreren nunha repetición, emendaron para sofri a lección unánime <sofro> no v. 20, ao tempo que estabelecen o presente (sofr’) a partir da errada lección de BV (<sofre>) no v. 21; non obstante, a repetición obsesiva do sofremento no presente (en face do futuro inferno) fica máis evidente na cantiga se, de acordo co texto de BV, reiteramos tamén o tempo verbal nun período en que este tempo é o único utilizado:
                           ..., vedes quanto entend’i
              e quanto , [a]quanto mui ben sei:
    ​​​​​​​          que ala non poderia aver tal
    ​​​​​​​          coita, qual sofro tan descomuna[l],
    ​​​​​​​          e sofro, e nunca por vós acorr’ei,
              ca vedes, mia senhor, por que vo-la ei: / ...

  • 22

    No relativo ao pronome CD no final desde verso (ca vedes ... por que vo-la ei: / ...), achamos que debe ser emendada a lección dos apógrafos (<uolo>) porque se refire á coita (v. 20).

  • 22-25

    Nótese a repetición da palabra rimante (ei) nestes dous versos, feito que, en principio, constitúe unha anomalía na métrica trobadoresca, sen relación con algúns artificios construtivos na rima. Tal reiteración rimática obsérvase esporadicamente ao longo do corpus: 14.48-50 (poderia), 524.9-11 (ei), 704.7-8 (eles), 734.19-20 (i), 783.22-23 (son), 821.16-17 (al), 838.7-11 (é), 879.19-20 (al), 923.10-11 (ei), 935.18-20 (i), 1034.7-9 (quiser), 1043.14-15 (al), 1329.15-21 (vista), 1354.r1-r2, 1366.12-15 (i), 1387.10-14 (treedor), 1388.1-7 (talharon), 1400.23-24 (arteira), 1470b.12-13 (én), 1477.23-25 (ali), 1506.2-3 (cantar), 1535.18-21 (i), 1540.14-18 (i), 1549.19-20 (én), 1633.8-14 (capa).

  • 24

    Nos apógrafos italianos tamén encontramos a variación ome ~ omen, neste caso coa forma nasalizada en B (véxase tamén 559.9, 1336.16 e 1681.17). Véxase nota a 66.19.

  • 27-28

    A reintegración da interxección en [ai] lume destes meus / olhos vén indicada pola hipometría versal (unha sílaba), para alén de esta expresión aparecer literalmente noutras dúas cantigas, tamén con meus como palabra rimante (173.6-7, 1082.15-16), e coa formulación ai lume destes olhos meus en 296.16 e 808.14.

  • 28

    En face da habitual (e repetida) construción amar máis ca mi(n)/sí (nen al), moi frecuente no corpus trobadoresco (44.13, 102.17, 140.8 e 10, 200.5, 215.16 etc.), coa estrutura comparativa máis ca e sen presenza da preposición perante o pronome tónico, repárese agora na expresión amar máis que min, que só reaparece en D. Pedro de Portugal:

    Quand’eu perdi aquela que amar
    abia máis que min nen outra ren (626.15-16).

    Lémbrese, ademais, que os pronomes persoais tónicos poden aparecer sen preposición en numerosas pasaxes trobadorescas (véxase Glosario, s.v. , func. 2). Véxase nota a 861.14.

Rechercher
    Aucun résultat trouvé