261 [= Tav 152,14]
[S]ennor fremosa, pois m’oj’eu morrer

[S]ennor fremosa, pois m’oj’eu morrer
assi vejo que contra vós gran ben
que vos quero non me val nulla ren
nen mui gran coita que por vós levei
des que vos vi, atanto vos direi:
e ve[e]des que coita de sofrer!
E, mia sennor, non devi’a perder
eu contra vós por vos querer mellor
ca min nen al, nen aver d’al sabor
senon de vós e de poder guarir
u vos vejo, e aver-m’a ‘ncobrir
de vós e d’outre de mi-o entender.
[E], mia sennor, como vos eu disser
esto[u] de vós: des quando vos amei
todo sabor do mundo perdud’ei,
e non mi ar pude d’outra ren pagar
senon de vós, e conven-mi a guardar
de mi-o saberdes quant’eu máis poder.
 
 
 
 
5
 
 
 
 
10
 
 
 
 
15
 
 
 

Manuscrits


A 153

Éditions


I. Edicións críticas: Michaëlis (1990 [1904]: I, 305 [= LPGP 961]); Piccat (1995: 209); Littera (2016: II, 506-507).
II. Outras edicións: Carter (2007 [1941]: 92); Machado & Machado (1960: VII, 12); Arbor Aldea (2016b); Rios Milhám (2018a: II, 261).

Variantes manuscrites


O v. 6 aparece como derradeiro verso da estrofa II.

1-2 morrer / assi vejo] assi. / ueio morrer A   3 vos] uus A   5 vos] uus A; -vos] uus A   8 vos] uus A   11 vos] uus A   14 vos] uus A

Variantes éditoriales


1-2 morrer / assi vejo]  morrer / vejo assi Michaëlis, Piccat, Littera   3 vos] vus Michaëlis, Piccat   5 vos ... vos] vus ... vus Michaëlis, Piccat   6 e ve[e]des que coita de sofrer!] e vedes que coita ei de soffrer! Michaëlis : e vedes que coita ei de sofrer! Piccat : e vedes que coita hei de sofrer! Littera   7 devi’a] devia Michaëlis, Piccat, Littera   8 vos] vus Michaëlis, Piccat   11 vos] vus Michaëlis, Piccat   13 vos] vus Michaëlis, Piccat   14 esto[u]] esto Michaëlis; vos] vus Michaëlis, Piccat   17 conven-mi a guardar] conven mi-a guardar Michaëlis

Paraphrase


(I) Fermosa señora, xa que eu hoxe así me vexo morrer de modo que contra vós non me vale cousa ningunha nin a grandísima coita que por vós sufrín desde que vos vin, isto vos direi: vede que coita teño que sufrir!

(II) E, miña señora, nada debía perder eu convosco por vos amar máis que a min mesmo nin a cousa ningunha, nin por non ter desexo de nada senón de vós e de poder vivir onde vos vexo, e ter que me ocultar de vós e de calquera outro para que non mo descubran.

(III) E, miña señora, con respecto a vós síntome como vos vou dicir: desde que vos amei perdín o gusto todo polo mundo e non puiden sentir satisfacción de ninguna outra cousa excepto de vós, e convenme, o máis que eu puider, evitar que me saibades isto.
 

Métrique


Esquema métrico: 3 x 10a 10b 10b 10c 10c 10a (= Tav 189:13)

Encontros vocálicos: 18 mi-‿o; 16 mi‿ar; 17 mi‿a; 18 mi-‿o

Notes


Texte
  • 1-2

    Fronte ao texto copiado no Cancioneiro da Ajuda, con evidente erro delatado pola rima, recolocamos morrer como palabra rimante no v. 1 e incorporamos assi ao v. 2, na mesma orde indicada por A (assi vejo), sorprendentemente invertida en todas as edicións precedentes.

  • 6

    Este verso, necesario do punto de vista métrico e discursivo na estrofa I, aparece deslocado no manuscrito para o final da segunda estrofa. Nótese, ademais, a diverxente emenda nas anteriores edicións, coa introdución da preposición de para estabelecer a perífrase aver de + infinitivo. En calquera caso, véxase a mesma expresión en 154.1 ou 206.1, e, especialmente, coa mesma formulación en 143.r

  • 7

    A interpretación das secuencias do tipo <deuia>, <auia>, <ouuera> + inf. como devi’a / avi’a / ouver’a + infinitivo vén determinada non só polo feito de a presenza da preposición a ser maioritaria nestas perífrases (véxase Glosario, s.v. aver, dever), mais tamén pola concorrencia das leccións <deuia> A / <deuia a> B (128.22, 128.28, 386.13), <ouuera> A / <ouu’a a> (70.13) ~ <ouuera a> B (129.23), que indican a real crase coa preposición nas leccións do Cancioneiro da Ajuda.

  • 8-9

    Na expresión amar máis ca mí/min (nen al) non ten cabida a preposición a (véxase nota a 44.13), e o mesmo ocorre en querer melhor ca min (177.22, 530.4, 531.r, 683.7, 743.15-16830.13-14, 1091.19), que tampouco recorre á preposición para introducir o complemento. Véxase nota a 861.9. Cfr. notas a 44.13 e 243.16.

  • 11

    O verbo encobrir presenta elisión da vogal inicial e- (tamén 6.4), do mesmo modo que outras voces foneticamente similares que se poden achar ao longo do corpus, sempre após vogal a: endurar: coita ‘ndurar (195.15 e 18); ensandecer: querria ‘nsandecer (182.7), a ‘nsandecer (182.16), ela ‘nsandeci (389.5); entender: ela ‘ntendi (1092.9), podia ‘ntender (1249.9). A mesma elisión pode verse en a ‘ndar (700.r2) e mais en ela ‘nton (1400.5), para alén doutros encontros con crases similares. Véxase nota a 18.16, 51.1, 73.19, 358.21, 878.1.

  • 13

    É relativamente frecuente a omisión da copulativa inicial de estrofa (e de fiinda ou de verso) nos manuscritos, que nos permite neste caso restaurar a isometría versal. Casos semellantes documéntanse en 106.8, 151.7, 157.7, 163.11, 261.13, 293.8, 294.7 e 13, 332.7, 408.7, 447.7, 448.8, 490.19, 586.11 etc.

  • 13-14

    A imposibilidade de encaixar satisfactoriamente como (v. 13) no contexto aconsella aceptar a leve emenda proposta por Nobiling (2007 [1907b]: 196), facendo transparecer a expresión estar de vós, para indicar a situación respecto á señora, formulación que se rexistra en máis ocasións no corpus: E d’al estou de vós peior: / ... (156.8); Cuidades vós, mia sennor, que mui mal / estou de vós, e cuid’eu que mui ben / estou de vós, sennor, por ũa ren / que vos ora direi, ca non por al (246.2-3); ca estou de vós como vos direi: / ... (279.10) etc.

    Deste modo, esta estrofa cadra perfectamente co expresado na primeira, onde o trobador fala do moito que ama a señora e da gran coita que sofre, e sobre todo, onde lle pide que atenda ao que lle vai dicir ao respecto.

  • 17

    Neste verso rexístrase a estrutura verbal conviir + a + infinitivo, en liña coa necesaria presenza do nexo preposicional (a ou de) cando a forma conxugada de conviir vai seguida de infinitivo, de xeito que só está ausente o nexo cando o infinitivo vai anteposto: pois m’escolher conven (377.19), perfiar me conven! (1337.21), colher non conven (1679.8). Véxase Glosario, s.v. conviir.

Rechercher
    Aucun résultat trouvé