I. Edicións críticas: Michaëlis (1990 [1904]: I, 305 [= LPGP 961]); Piccat (1995: 209); Littera (2016: II, 506-507).
II. Outras edicións: Carter (2007 [1941]: 92); Marques Braga (1945: 287-288); Machado & Machado (1960: VII, 12); Arbor Aldea (2016b); Rios Milhám (2018a: II, 261).
O v. 6 aparece como derradeiro verso da estrofa II.
1-2 morrer / assi vejo] assi. / ueio morrer A 3 vos] uus A 5 vos] uus A; -vos] uus A 8 vos] uus A 11 vos] uus A 14 vos] uus A
1-2 morrer / assi vejo] morrer / vejo assi Michaëlis, Piccat, Littera 3 vos] vus Michaëlis, Piccat 5 vos ... vos] vus ... vus Michaëlis, Piccat 6 e ve[e]des que coita de sofrer!] e vedes que coita ei de soffrer! Michaëlis : e vedes que coita ei de sofrer! Piccat : e vedes que coita hei de sofrer! Littera 7 devi’a] devia Michaëlis, Piccat, Littera 8 vos] vus Michaëlis, Piccat 11 vos] vus Michaëlis, Piccat 13 vos] vus Michaëlis, Piccat 14 esto[u]] esto Michaëlis; vos] vus Michaëlis, Piccat 17 conven-mi a guardar] conven mi-a guardar Michaëlis
(I) Fermosa señora, xa que eu hoxe así me vexo morrer de modo que contra vós non me vale cousa ningunha nin a grandísima coita que por vós sufrín desde que vos vin, isto vos direi: vede que coita teño que sufrir!
(II) E, miña señora, nada debía perder eu convosco por vos amar máis que a min mesmo nin a cousa ningunha, nin por non ter desexo de nada senón de vós e de poder vivir onde vos vexo, e ter que me ocultar de vós e de calquera outro para que non mo descubran.
(III) E, miña señora, con respecto a vós síntome como vos vou dicir: desde que vos amei perdín o gusto todo polo mundo e non puiden sentir satisfacción de ninguna outra cousa excepto de vós, e convenme, o máis que eu puider, evitar que me saibades isto.
Esquema métrico: 3 x 10a 10b 10b 10c 10c 10a (= RM 189:13)
Encontros vocálicos: 18 mi-‿o; 16 mi‿ar; 17 mi‿a; 18 mi-‿o
Fronte ao texto copiado no Cancioneiro da Ajuda, con evidente erro delatado pola rima, recolocamos morrer como palabra rimante no v. 1 e incorporamos assi ao v. 2, na mesma orde indicada por A (assi vejo), sorprendentemente invertida en todas as edicións precedentes.
Este verso, necesario do punto de vista métrico e discursivo na estrofa I, aparece deslocado no manuscrito para o final da segunda estrofa. Nótese, ademais, a diverxente emenda nas anteriores edicións, coa introdución da preposición de para estabelecer a perífrase aver de + infinitivo. En calquera caso, véxase a mesma expresión en 154.1 ou 206.1, e, especialmente, coa mesma formulación en 143.r.
A interpretación das secuencias do tipo <deuia>, <auia>, <ouuera> + inf. como devi’a / avi’a / ouver’a + infinitivo vén determinada non só polo feito de a presenza da preposición a ser maioritaria nestas perífrases (véxase Glosario, s.v. aver, dever), mais tamén pola concorrencia das leccións <deuia> A / <deuia a> B (128.22, 128.28, 386.13), <ouuera> A / <ouu’a a> (70.13) ~ <ouuera a> B (129.23), que indican a real crase coa preposición nas leccións do Cancioneiro da Ajuda.
Na expresión amar máis ca mí/min (nen al) non ten cabida a preposición a (véxase nota a 44.13), e o mesmo ocorre en querer melhor ca min (177.22, 530.4, 531.r, 683.7, 743.15-16, 830.13-14, 1091.19), que tampouco recorre á preposición para introducir o complemento. Véxase nota a 861.9. Cfr. notas a 44.13 e 243.16.
O verbo encobrir presenta elisión da vogal inicial e- (tamén 6.4), do mesmo modo que outras voces foneticamente similares que se poden achar ao longo do corpus, sempre após vogal a: endurar: coita ‘ndurar (195.15 e 18); ensandecer: querria ‘nsandecer (182.7), a ‘nsandecer (182.16), ela ‘nsandeci (389.5); entender: ela ‘ntendi (1092.9), podia ‘ntender (1249.9). A mesma elisión pode verse en a ‘ndar (700.r2) e mais en ela ‘nton (1400.5), para alén doutros encontros con crases similares. Véxase nota a 18.16, 51.1, 73.19, 358.21, 878.1.
É relativamente frecuente a omisión da copulativa inicial de estrofa (e de fiinda ou de verso) nos manuscritos, que nos permite neste caso restaurar a isometría versal. Casos semellantes documéntanse en 106.8, 151.7, 157.7, 163.11, 261.13, 293.8, 294.7 e 13, 332.7, 408.7, 447.7, 448.8, 490.19, 586.11 etc.
A imposibilidade de encaixar satisfactoriamente como (v. 13) no contexto aconsella aceptar a leve emenda proposta por Nobiling (2007 [1907b]: 196), facendo transparecer a expresión estar de vós, para indicar a situación respecto á señora, formulación que se rexistra en máis ocasións no corpus:
E d’al estou de vós peior: / ... (156.8).
Cuidades vós, mia sennor, que mui mal
estou de vós, e cuid’eu que mui ben
estou de vós, sennor, por ũa ren
que vos ora direi, ca non por al (246.2-3).
ca estou de vós como vos direi: / ... (279.10)...
Deste modo, esta estrofa cadra perfectamente co expresado na primeira, onde o trobador fala do moito que ama a señora e da gran coita que sofre, e sobre todo, onde lle pide que atenda ao que lle vai dicir ao respecto.
Neste verso rexístrase a estrutura verbal conviir + a + infinitivo, en liña coa necesaria presenza do nexo preposicional (a ou de) cando a forma conxugada de conviir vai seguida de infinitivo, de xeito que só está ausente o nexo cando o infinitivo vai anteposto: pois m’escolher conven (377.19), perfiar me conven! (1337.21), colher non conven (1679.8). Véxase Glosario, s.v. conviir.