I. Edicións críticas: Michaëlis (1990 [1904]: I, 539 [= LPGP 992]); Fernández Graña (2007: 365); Littera (2016: II, 570).
II. Outras edicións: Carter (2007 [1941]: 162); Machado & Machado (1960: VII, 56-57); Arbor Aldea (2016b); Rios Milhám (2018b: III, 439).
III. Antoloxías: Ferreiro & Martínez Pereiro (1996b: 234); Arias Freixedo (2003: 923-924).
4 pesar] pessar A 9 porque] por quei A 10 pesar] pessar A 17 ao] No A
9 porque] porqu’eu Michaëlis : porque eu Littera 14 ouve] ouv(e) Michaëlis : houv’ Littera 17 demo] dem(o) Michaëlis; acomend’] comend’ Littera
(I) Vénme tanto mal por amar a miña señora, abofé, meus amigos, que é así que debo dicir con pesar: ao demo encomendo Amor e a min mesmo se teño pracer en amar!
(II) Cando me lembra canto mal, meus amigos, me vén de Amor porque amo a miña señora, digo con pesar, e non con outra cousa: ao demo encomendo Amor e a min mesmo se teño pracer en amar!
(III) Cando me lembra o pracer, amigos, que tiven e que perdín por Amor, desde que vin a miña señora, con gran pesar teño que dicir: ao demo encomendo Amor e a min mesmo se teño pracer en amar!
(1) Mais amo a miña señora, e amareina mentres eu estiver vivo.
Esquema métrico: 3 x 8a 8b 8b 8a 8C 8C + 8c 8c (= RM 160:397)
Encontros vocálicos: 14 ouve‿e; 17 demo‿acomend(o)
Esta cantiga de amor, considerada anónima, adquire un certo ton paródico a partir do refrán.
No Cancioneiro da Ajuda detéctanse algúns casos de confusión de sibilantes, probabelmente un fenómeno gráfico sen transcendencia fonolóxica. Igual que <pessar> neste verso e mais no v. 10, véxanse outras formas como <dessamar> desamar (66.21), <dessamparado> desamparado (317.21), <oussasse> ousasse (268.2, 275.4, 308.11, 313.8 e 346.3 <oussase>) e <oussen> ous’én (268.3), ou as repetidas <guissa> guisa e <guissada> guisada (72.27, 137.32, 140.1, 2 e 5, 146.19, 147.3, 150.4, 259.18, 409.8, 692.7), <pessar> pesar (90.21, 214.21, 395.9, 441.6, 12 e 18), <quissesse> quisesse (199.27, 407.10), <quisso> quiso (407.11) e <quisser> quiser (71.18, 692.13). Véxanse tamén notas a 69.7, 80.10, 88.15 e 89.2.
Nótese a variación lingüística no refrán entre comendar (I-II) e acomendar (III), moi similar á que se rexistra na cantiga 169 (cfr. nota a 27.4). De calquera maneira, este é o único rexistro de comendar que se documenta no corpus, en face de acomendar, que aparece sempre na expresión acomendar ao demo:
E ao demo vou acomendar
prez deste mundo e armas e lidar (484.29)A dem’acomend’eu Amor
e bëeiga Deus-la senhor,
de que non sera sabedor
nulh’om’enquant’eu vivo for (901.25).
O pronome min (tamén nos vv. 12 e 18 do refrán), como as restantes formas pronominais tónicas oblicuas (mí ~ min, ti, nós, vós, el ~ ela), pode aparecer como complemento directo sen preposición, como forma libre, con algunha frecuencia na lingua trobadoresca.
Emendamos o obvio erro de A coa anulación de <i>, fronte á anómala crase michaëliana porqu’eu (véxase Ferreiro 2009), cun pronome inexistente no manuscrito, que en Littera é reconvertido, con dano para a métrica (o verso tórnase hipérmetro), en porque eu.
Obsérvese como a variación lingüística no refrán, coa variación comendar ~ acomendar, foi anulada en Littera.