578 [= RM 25,138]
Vós, que vos en vossos cantares «meu

Vós, que vos en vossos cantares «meu
amigo» chamades, creede ben
que non dou eu por tal enfinta ren;
e por aquesto, senhor, vos mand’eu
que, ben quanto quiserdes des aqui
fazer, façades enfinta de mí,
ca demo lev’essa ren que eu der
por enfinta fazer o mentiral
de min, ca me non monta ben nen mal!
E por aquesto vos mand’eu, senher,
que, ben [quanto quiserdes des aqui
fazer, façades enfinta de mí],
ca mi non tolh’a mí ren nen mi dá
de s’enfinger de mí mui sen razon
ao que eu nunca fiz se mal non;
e por én, senhor, vos mand’ora ja
que, ben quanto quiserdes des aqui
[fazer, façades enfinta de mí],
[e] estade com’estades de min,
e enfingede-vos ben des aqui.
 
 
 
 
5
 
 
 
 
10
 
 
 
 
15
 
 
 
 
20

Manuscrits


B 561, V 164

Edicions


I. Edicións críticas: Lang (1972 [1894]: 71 [= LPGP 242]); Nunes (1973 [1928]: 12-13); Cohen (2003: 594); Littera (2016: I, 216).
II. Outras edicións: Moura (1847: 129-130); Monaci (1875: 67); Braga (1878: 33); Machado & Machado (1952: III, 175); Cohen (1987: 36); Júdice (1997: 29); Montero Santalha (2004).

Variants manuscrites


1 vos] uos BV; vossos] uossa V   5 quiserdes] uiserdes V   10 senher] senhor BV

Variants editorials


4 vos] vós Lang   8 por enfinta fazer o mentiral] [tal] enfinta fazer ou mentir al Lang   10 senher] senhor Lang   19 min] mi Lang, Nunes, Cohen, Littera

Paràfrasi


(I) Vós, que nos vosos cantares vos chamades «meu amigo», crede ben que eu non lle dou ningún valor a tal finximento; e por isto, señor, eu vos mando que de aquí en diante fagades toda canta presunción de min quixerdes facer, (II) pois leve o demo a importancia que eu lle dou a que o mentireiro se vanglorie de min, pois nin me vai nin me vén. E por isto vos mando eu, señor, que de aquí en diante fagades toda canta presunción de min quixerdes facer, (III) pois a min non me quita nin me dá nada o feito de fachendear de min sen motivo aquel a quen nunca lle fixen máis que mal; e por iso, señor, vos mando xa agora que de aquí en diante fagades toda canta presunción de min quixerdes facer, (1) e seguide como estades comigo, e gabádevos ben de aquí en diante.

Mètrica


Esquema métrico: 3 x 10a 10b 10b 10a 10C 10C + 10c 10c (= RM 160:36)

Notes


Text
  • *

    Sobre o carácter de verdadeira cantiga ateúda atá a fiinda desta composición (non considerado en ningunha das edicións precedentes), con estrofas ligadas causalmente coa conxunción ca, véxase nota á cantiga 15.

  • 3

    Enfinta ‘finximento, engano, presunción’ (tamén no refrán e mais no v. 8) é voz case exclusiva da lírica profana (véxase CGPA, s.v. enfinta, emfimta). 

  • 7-8

    A frase desiderativa coa presenza da construción levar o demo (máis frecuente no xénero satírico), confire un certo carácter coloquial á composición, tal como volve acontecer noutra cantiga de Don Denis (véxase 502.5-6578.7-8).

  • 8

    Lang semella non ter identificado mentiral, pois fixou un texto arbitrario. A voz mentiral ‘mentiroso’, probábel provenzalismo (véxase García-Sabell Tormo 1990: 227-228), ten escasas ocorrencias no corpus poético trobadoresco profano (véxanse 294.3, 917.13, 953.5); tamén se atesta esporadicamente nas Cantigas de Santa Maria (véxase Mettmann 1959-1972: IV, s.v.) e moi raras veces na prosa (véxase CGPA, s.v. mentiral):

    e quen nos quiser mentir peyte a outra parte C morabetinos e seya mentiral (doc. 1269).

    E aquelle que hy nõ fosse ao dya que fosse posto, que ficasse por mentiral e fallido e que perdesse os reynos (Crónica Geral de Espanha de 1344).

    Co mesmo significado, no corpus profano achamos mentidor (1292.7) e mentireiro (1389.3), fronte ao fantasmal mentido de Michaëlis.

  • 10

    A forma senher (forma esixida pola rima en -ɛr) é unha variante provenzalizante de senhor, que tamén se rexistra en 375.16, 491.4, 1324.18, 1388.20, 1473.5; a variante sinher aparece en 1396.12, 1431.29, 1500.13, 1644.23. E tamén se rexistra nas Cantigas de Santa Maria, sempre en posición de rima (CSM 5.75, 25.43, 245.51, 265.75, 296.28).

  • 14

    O verbo enfingir (e enfengir), da terceira conxugación, é maioritario na lírica profana, mais aínda presenta por veces desinencia de segunda conxugación, tanto coa forma enfenger (768.5, 1030.3), como coa variante disimilada enfinger.

  • 19

    Máis unha vez a métrica indica que é necesaria a copulativa inicial da fiinda, ausente con relativa frecuencia nos manuscritos. Casos semellantes, en fiindas, documéntanse en 274.19, 287.19, 398.22, 527.19, 581.19, 633.22, 841.19, 1019.22, 1020.19, 1051.19, 1057.19.

Cercar
    No s'ha trobat cap resultat