287 [= RM 75,20 (= 157,47)]
[...] / que me vós nunca quisestes fazer

[......................................................
........................................................
........................................................
.......................................................]
que me vós nunca quisestes fazer:
en que me vistes de me mal querer?
Por Deus e por mesura e por mí,
dizede-m’esto que vos vin rogar,
e tal rogo non vos dev’a pesar,
e terrei que me fazedes ben i,
[que me vós nunca quisestes fazer:
en que me vistes de me mal querer?]
Por aquesto que vos rogo, sennor,
dizede-mi-o, ca vos non jaz i mal
nen vos rog’eu que me digades al,
e terrei que me fazedes amor,
[que me vós nunca quisestes fazer:
en que me vistes de me mal querer?]
[E] vedes por que o quero saber:
por me guardar de vos pesar fazer.
 
 
 
 
5
 
 
 
 
10
 
 
 
 
15
 
 
 
 
20

Manuscritos


A 180

Edicións


I. Edicións críticas: Michaëlis (1990 [1904]: I, 357 [= LPGP 496]); Fernández Graña (2007: 145); Littera (2016: II, 561); Barberini (2017a: 23); Barberini (2017b: 321).
II. Outras edicións: Carter (2007 [1941]: 107); Machado & Machado (1960: VII, 23); Arbor Aldea (2016b); Rios Milhám (2018a: II, 287).

Variantes manuscritas


9 vos] uos A   14 vos] uos A   15 vos] uos   20 vos] uos A

Variantes editoriais


A lacuna de A xera moitas incertezas sobre a verdadeira estruturación desta composición, con diversas propostas conforme as edicións.

5-6 puntuación en Barberini, non interrogativa   8 vos] vus Michaëlis   9 vos] vus Michaëlis   13 vos] vus Michaëlis   14 vos] vos Michaëlis   15 vos] vus Michaëlis   20 vos] vos Michaëlis

Paráfrase


(I) [...] que vós nunca me quixestes facer: que vistes en min para me mal querer?

(II) Por Deus e por mesura e por min, dicídeme isto que vos vin rogar, e tal rogo non vos debe causar pesar, e pensarei que con iso me facedes ben, que vós nunca me quixestes facer: que vistes en min para me mal querer?

(III) Por isto que vos rogo, señora, dicídemo, pois non vos prexudica nin eu vos rogo que me digades outra cousa, e considerarei que me faredes un xesto de amor, que vós nunca me quixestes facer: que vistes en min para me mal querer?

(IV) E vede por que o quero saber: para evitar causarvos pesar.

Métrica


Esquema métrico: 3 x 10a 10b 10a 10b 10C 10C + 10c 10c

Encontros vocálicos: 14 -mi-‿o

Notas


Texto
  • *

    A cantiga tamén é considerada como anónima.
    Verbo da conformación textual da cantiga, Michaëlis (e Littera) optou por considerar que os dous primeiros versos son os derradeiros dunha cobra perdida, seguida da estrofa de oito versos e, finalmente, unha fiinda de dous versos. Na opción alternativa, proposta en Montero Santalla (2000: 332-334) e aceptada en Fernández Graña e Barberini, os dous primeiros versos constituirían o refrán da primeira estrofa perdida. En calquera dos casos existen problemas, de estrutura rimática na opción michaëliana, e de ausencia do refrán na presente alternativa. É, con efecto, anómala a ausencia total de refrán na copia a partir da segunda estrofa: como é habitual na transcrición dos cancioneiros, este debería aparacer de forma abreviada a partir desa segunda cobla

  • 1-4

    Inducido polas restantes estrofas, Barberini hipotiza o inicio dalgúns destes versos: [Por...] (v. 1), [dizede-me...] (v. 2), [e terrei que me fazedes...] (v. 4).

  • 5-6

    Puntuamos interrogativamente o segundo verso do refrán de modo que adquira sentido no conxunto desta composición fragmentaria, en face da formulación enunciativa das anteriores edicións. Deste modo, o verso podería entenderse así (a preposición de introduce unha cláusula final): ‘que vistes que eu fixese para me mal quererdes?’.

  • 19

    É relativamente frecuente a omisión da copulativa inicial de estrofa (e de verso) ou de fiinda nos manuscritos, que nos permite neste caso restaurar a isometría versal. Casos semellantes, en fiindas, documéntanse en 274.19, 398.22, 527.19, 578.19, 581.19, 633.22, 841.19, 1019.22, 1020.19, 1051.19, 1057.19.

Buscar
    Non se atopou ningún resultado