1345 [= RM 68,1]
A mí dizen quantos amigos ei

A mí dizen quantos amigos ei,
porque vivo tan muit’en Portugal,
ca muit’á ja que non fig’i mia prol;
digo-lhis eu como vos eu direi:
«Meus amigos, non mi-o digades sol,
ca mia prol é de viver eu u vir
vel ũa vez a que vi por meu mal,
ca ést’est’oje quanto ben eu ei,
nen me digades, amigos, i al,
ca enquant’eu poder veer os seus
olhos, meu dano ja nunca farei,
mais mia gran prol; vedes por que, par Deus:
ca me querra matar se m’én partir
esta gran coita que me nunca fal».
 
 
 
 
5
 
 
 
 
10
 
 
 
 

Manuscrits


B 1328, V 934

Edicions


I. Edicións críticas: Rodríguez Castaño (1997: 1.327-1.328 [= LPGP 435]); Littera (2016: I, 506).
II. Outras edicións: Monaci (1875: 319); Braga (1878: 175); Machado & Machado (1958: VI, 58-59).
III. Antoloxías: Ferreiro & Martínez Pereiro (1996b: 91).

Variants manuscrites


2 Portugal]  porcugal V   3 muit’] muyc V; fig’i] fighy B : figho V   4 lhis] lhe V; como] om. V; vos] uos BV   5 amigos] amigus V   6 vir] un V   7 a que] aqui B   8 ca] E a B : Ea V; oje] ois B; quanto] q̄ ento V; ben] len B   9 amigos] amiga V   10 enquant’eu] e quanteu B   12 por ... par] par ... ꝑ B   13 querra matar] queira marar B; partir] parar V   14 coita] canta V

Variants editorials


4 como vos] como (e) uos Rodríguez Castaño   8 ca ést’est’oje quanto ben eu ei] e a (est’)est’ oje quanto ben eu ey Rodríguez Castaño   12 par] por Rodríguez Castaño, Littera

Paràfrasi


(I) Dinme cantos amigos teño –porque vivo tanto tempo en Portugal– que xa hai moito tempo que non conseguín alí ningún beneficio; dígolles eu como vos direi: «Meus amigos, nin sequera mencionedes iso, pois o meu beneficio é poder vivir eu onde puider ver, tan sequera unha vez, a que vin para o meu mal, (II) pois este é todo canto ben eu hoxe teño, nin me digades, amigos, outra cousa sobre esa cuestión, pois mentres eu puider ver os seus ollos, nunca farei nada que me prexudique, senón un gran proveito; vede por que, por Deus: porque me quererá matar, se eu me for de alí, esta gran coita que nunca me abandona».

Mètrica


Esquema métrico: 2 x 10a 10b 10c 10a 10c 10d 10b (= RM 213:1)
Encontros vocálicos: 5 mi͜-o

Notes


Text
  • *

    Esta composición semella o reverso da cantiga 119, de Paai Soarez de Taveiroos, coa oposición Portugal / Espanha. Nótese, sobre todo, a reminiscencia expresiva dos vv. 19-20 co inicio da segunda estrofa de Joan Fernandez d’Ardeleiro: 

    Quantos aqui d’Espanha son
    todos perderon o dormir
    con gran sabor que an de s’ir;
    mais eu nunca sono perdi
    des quando d’Espanha saí,
    ca mi-o perdera ja enton.

    E eles, si Deus me perdon,
    desejan sas terras assi
    que non dormiron muit’á i;
    mais, pois i foren, dormirán,
    ca non desejan al nen an
    outra coita se esta non.

    E estou end’eu mui peor,
    que coid’i a perder o sén,
    desejando sempr’aquel ben
    do mundo máis grave d’aver,
    como desejar ben-fazer
    da mui fremosa mia senhor.

    E, de pran, ést’est’o maior
    ben que oj’eu posso saber
    ;
    e Deus, que mi-a fez ben querer,
    se m’este ben quisesse dar,
    non me cuidari’a cambiar
    por rei nen por emperador.

    Canto á estrutura da composición de Ardeleiro, é unha verdadeira cantiga ateúda, con ligazón causal entre as dúas estrofas, aínda que non fose incluída na relación de ateúdas de Gonçalves (2016 [1993]: 269-270).

  • 1-3

    As edicións anteriores interpretan por que (v. 2) como construción interrogativa, a partir dun valor de ‘preguntar, interrogar’ que dizer non presenta na lingua das cantigas (en consecuencia, ca, no v. 3, é considerada conxunción causal). A nosa proposta parte da presenza da conxunción causal porque no v. 2 e ca como conxunción completiva no v. 3.

  • 4

    Nesta pasaxe existe erro do copista de B (parece que escribe o primeiro trazo dun probábel <e> –talvez por ter omitido o pronome vos– e que ía copiar o segundo eu, despois abandonado) e tamén do copista de V (que omite <como>). Isto indica que había un paso confuso. Como o copista de B se decatou do seu erro, é por iso que non completou a letra. A repetición do pronome eu é paralela á do verbo dizer, nunha estrutura especular, polo que se xustifica do punto de vista poético.
    De todos os xeitos, tamén sería posíbel considerar un texto alternativo:

    Digo-lhis eu: «Como é vos direi,
    meus amigos, non mi-o digades sol. / ...

  • 5

    É relativamente frecuente no Cancioneiro da Vaticana a presenza da terminación -us en voces en que é xeral a terminación -os (<amigus>); na realidade, esta grafía aparece case exclusivamente en formas verbais de P4 e nomes masculinos plurais. A súa esporádica presenza, limitada aos apógrafos italianos, mostra que é produto do desenvolvemento da abreviatura <9> en posición final, abreviatura herdada do latín, onde funcionaba como desinencia de nominativo nos nomes da segunda declinación, rematados en -us.

  • 7

    Neste caso concreto, vel equivale a ‘polo menos, sequera’ (tamén en 36.4, 297.16, 1478.15, 1597.8 e 1598.5), a diferenza doutros valores que presenta noutros contextos (véxase nota a 6.8 e 117.16).

  • 8

    A consideración do erro <E a>/<ca> é a opción máis acaída para a restauración dunha lección adecuada ao contexto: permite a manutención de todos os elementos da copia, ao tempo que explicita a ligazón sintáctica e conceptual das dúas estrofas. Téñase en conta que nos cancioneiros italianos prolifera a confusión <e>/<c>, que se pode achar no inicio de verso, de modo que con moita frecuencia se rexistra <ca> para e a (véxase nota a 108.37). No presente verso achamos o erro inverso, isto é, a lección <ea> para ca, tal como acontece noutras pasaxes dos apógrafos: ca <ca> B, <ea> V (480.20), ca <ea> BV (489.21), ca <ca> B, <ea> V (871.11), ca <Ca> B, <E a> B’, <ca> V, <ea> V’ (1027.6), ca <Ea> B, <ca> V (1160.3) etc. 
    Sendo posíbel unha diferente ordenación da forma verbal de seer e do demostrativo esto (ca est’ést’oje...), a orde que persentamos pode verse en Paai Soarez de Taveiroos (119.19):

    E, de pran, ést’est’o maior
    ben que oj’eu posso saber.

  • 12

    A presenza de par Deus debe explicar a previa lección <par> de B (en vedes por que), coa forma correcta por en V.

  • 13

    Nótese a reiteración do erro <a>/<ti> en V (<parar> partir), que acharemos nos dous apógrafos italianos en diversas pasaxes, ás veces coa confusión <a>/<ci>: <para> B parti (18.18), <Maram> B Martin (115.8), <marã> B Martin (115.22), <parar> B partir (627.9), <parado> BV partido (1326.21), <conssenar> B consentir (1468.15), <ama> B cima (1489.47) etc.

Cercar
    No s'ha trobat cap resultat