I. Edicións críticas: Nunes (1973 [1928]: 345-346 [= LPGP 505-506]); Cohen (2003: 384); Littera (2016: I, 590-591).
II. Outras edicións: Monaci (1875: 261); Braga (1878: 142); Machado & Machado (1956: V, 234-235); Camargo et alii (1990: 48-49); Burgazzi (2015: 39).
III. Antoloxías: Nunes (1959: 307-308).
1 Ir-vos] Iruos B : Jrnos V 2 end’eu mui gran] andeu muy g̃ra B 3 ca] Ea B 6 aja] aiha BV 8 aja] aiha BV; nen ũu] nē nū B 9 -vos] uos BV 10 vos vós] uos uos BV 12 perdud’ei] perduđy V 18 vos] uos BV; sen meu] se meu B 20 ficade] ficado B : ficađ V; par] p̃ V 26 mostre] monstre B
8 nen ũu] nen un Cohen : nẽum Littera 10 vos vós] vós vos Nunes, Cohen, Littera 16 nen ũu] nen un Cohen : nẽum Littera 20 par Deus] por Deus Littera 24 nen ũu] nen un Cohen : nẽum Littera
(I) Querédesvos ir, amigo, e sufro por iso un gran pesar, porque me facedes andar triste por vós, eu ben volo digo, pois sen vós non hei de ver, amigo, nada onde eu poida encontrar pracer: e como hei, sen vós, ver nada onde eu poida sentir pracer?
(II) E aínda vos direi outra cousa, xa que vós vos queredes ir, meu amigo, e afastarvos de min: perdín toda a miña felicidade, pois sen vós non hei de ver, amigo, nada onde eu poida encontrar pracer: e como hei, sen vós, ver nada onde eu poida sentir pracer?
(III) Chorarán estes meus ollos pois vos ides contra a miña vontade, porque estades moi irado comigo; mais ficade comigo, por Deus, pois sen vós non hei de ver, amigo, nada onde eu poida encontrar pracer: e como hei, sen vós, ver nada onde eu poida sentir pracer?
(1) A San Servando irei dicir que de vós me mostre pracer.
Esquema métrico: 7’a 8b 8b 7’a 8C 8C 8C 8C (I [= RM 166:1]) + 8a 8b 8b 8a 8C 8C 8C 8C (II [= RM 166:3]) + 8a 7’b 7’b 8a 8C 8C 8C 8C (III [= RM 166:2]) + 8c 8c
Encontros vocálicos: 6 amigo,‿ond’; 8 ũ͜u; 14 amigo,‿ond’; 16 ũ͜u; 19 mi‿andades; 22 amigo,‿ond’; 24 ũ͜u
Para alén do íncipit, nótese a coincidencia conceptual e formal (nomeadamente nas rimas) entre os versos da estrofa primeira da cantiga de Joan Servando e mais unha cantiga de Joan Airas de Santiago (cfr., tamén, outros íncipits similares: Ir-vos queredes, amigo, d’aquen, de Meen Rodriguez Tenoiro, 733.1; Ir-vos queredes, amigo, [d’aqui], de Sancho Sanchez, 941.1):
Ir-vos queredes, amigo,
d’aqui por me fazer pesar,
e, pois vos queredes quitar
d’aqui, vedes que vos digo:
quitade ben o coraçon
de min e ide-vos enton (1053.1-6).
Neste verso rexístrase o erro <e>/<c>, que afecta á partícula ca e que se detecta ao longo dos cancioneiros con relativa frecuencia: ca <ea> A (270.5); ca <E a> A, <Ca> B (284.13); ca <ca> B, <e a> V (480.20); ca <ea> BV (489.21); ca <E a> BV (744.7) etc. Na realidade, estamos perante o erro inverso a <ca> por e a, que levanta problemas de edición nalgunhas pasaxes. Véxase nota a 108.37.
Nótese a unánime e repetida lección <aiha> aja, coa grafía <ih> para /ʒ/, talvez a indicar a real existencia do fonema africado palatal sonoro /dʒ/, par sonoro do correspondente africado palatal xordo /ʧ/ <ch> (véxase Larson 2019 [2018]: 53, n. 20). Ao longo de BV achamos aínda outras grafías idénticas: <quiiheu> B quig’eu (250.7), <ihoãna> B Joana (429.16), <iha> BV ja (835.4), <ueihagora> V vej’agora (1007.5), <iha> B ja (1585.27).
O indefinido ũu (e tamén algũu e neũu) debería, aparentemente, computar como bisilábico, e así acontece con certa frecuencia ao longo do corpus; porén, na maior parte das súas ocorrencias funciona como unha forma monosilábica, revelando dese xeito que se trata dunha grafía conservadora. Algo similar acontece con bõo ~ boo (véxase nota a 241.10) e, aínda en menor medida, con sõo ~ soo (véxase nota a 10.25), que son basicamente voces bisilábicas, aínda que nalgunhas ocasións computan como unisilábicas.
Para alén de que a secuencia manuscrita <uos uos> permita unha ou outra lectura, ao longo do corpus sempre vai en primeiro lugar a forma átona (pois que vos vós queredes ir).
Talvez San Servando se refira á ermida de San Servando, sita no lugar de Pazos, parroquia de Barxés, no concello ourensán de Muíños.
Repárese na variante de B, que rexistra unha forma aparentemente latinizante monstrar; porén, esta forma resulta anómala na altura cronolóxica do trobadorismo. Con efecto, a análise das leccións manuscritas evidencia que a aparición da consoante nasal é produto exclusivo da intervención dalgúns copistas de B, pois, cando o verbo conta con dous testemuños, nun deles sempre se rexistra a forma (a)mostrar –na única documentación de demostrar, B presenta tamén a grafía latinizante (1674.15)–. Véxanse, así, B vs. A (188.12, 309.15) e B vs. V (576.7, 624.2, 659.16, 1072.4, 1096.26, 1160.26, 1463.18, 1476.23, 1488.3, 1643.13 e 1663.6). A teor destes datos, emendamos a lección de B neste verso e mais en 291.11 e 1557.16. Cfr. nota a 110.5.