395 [= RM 70,27 (= 157,26)]
Gran sazon á que eu morrera ja

Gran sazon á que eu morrera ja
por mia sennor desejando seu ben;
mais ar direi-vos o que me deten
que non per-moir’, e direi-vo-lo ja:
falan-me dela e ar vou-a veer
ja-quant’, [e] esto me faz ja viver.
E esta coita’n que eu viv’assi
nunca én parte soube mia sen[n]or,
e vou vivend’a gran pesar d’Amor,
e direi ja por quanto viv’assi:
falan-me dela e ar vou-a veer
[ja-quant’, e esto me faz ja viver].
Non viv’eu ja se per aquesto non:
ouç’eu as gentes no seu ben falar
e ven Amor logo por me matar,
e non guaresco se per esto non:
[falan-me dela e ar vou-a veer
ja-quant’, e esto me faz ja viver].
E viverei mentre poder viver,
ca pois por ela me ei a morrer.
 
 
 
 
5
 
 
 
 
10
 
 
 
 
15
 
 
 
 
20

Manuscrits


A 235

Éditions


I. Edicións críticas: Michaëlis (1990 [1904]: I, 457-458); Nobiling (2007 [1907]: 76-77 [= LPGP 451]); Littera (2016: I, 515).
II. Outras edicións: Carter (2007 [1941]: 136); Machado & Machado (1960: VII, 34); Domingues (1992: 31); Arbor Aldea (2016b); Rios Milhám (2018b: III, 395).
III. Antoloxías: Arias Freixedo (2003: 471-472).

Variantes manuscrites


3 vos] uos A   9 pesar] pessar A

Variantes éditoriales


3 vos] vus Michaëlis   6 ja-quant’, [e] esto] ja-quant’, esto Michaëlis : [e] ja quant’esto Nobiling, Littera; faz ja] fazia Michaëlis   12 ja-quant’, e esto] ja-quant’, esto Michaëlis : [e] ja quant’esto Nobiling, Littera; faz ja] fazia Michaëlis   15 Amor] amor Nobiling, Littera   18 ja-quant’, e esto] ja-quant’, esto Michaëlis : [e] ja quant’esto Nobiling, Littera; faz ja] fazia Michaëlis   19 poder] puder Littera   20 ei] ei [eu] Nobiling

Paraphrase


(I) Moito tempo hai xa que eu morrera pola miña señora desexando (recibir) o seu ben; mais direivos tamén o que evita que eu morra de vez, e diréivolo xa: fálanme dela e tamén a vou ver un pouco, e isto xa me fai vivir.

(II) E desta coita en que eu así vivo, nunca parte dela soubo a miña señora, e vou vivindo con gran pesar de Amor, e direi xa por que vivo así: fálanme dela e tamén a vou ver un pouco, e isto xa me fai vivir.

(III) Non vivo eu xa se non é por isto: ouzo eu as xentes falar do seu ben e vén logo Amor para me matar, e non sobrevivo se non é por isto: fálanme dela e tamén a vou ver un pouco, e isto xa me fai vivir.

(1) E vivirei mentres puider, porque despois por ela hei de morrer.

Métrique


Esquema métrico: 3 x 10a 10b 10b 10a 10C 10C + 10c 10c (= RM 160:116)

Encontros vocálicos: 5 delae; 11 delae; 17 delae

Notes


Texte
  • 5-6

    A nosa lectura, coa conseguinte puntuación, vén condicionada polo feito de ja-quanto habitualmente funcionar posposto ao verbo de que depende (veer) (véxase nota a 347.9). Os editores anteriores, para alén de ligar ja-quanto a faz, resolven a hipometría versal a través da forma fazia (Michaëlis), rompendo o sistemático acento rítmico na 4ª sílaba, e mais por medio da introdución da conxunción e como elemento inicial do verso (Nobiling).
    O presente como tempo verbal do refrán aconsella interpretar a secuencia manuscrita <faz ia> como faz ja e non como fazia, tal como Michaëlis fixo para compensar metricamente o segundo verso do refrán.

  • 7

    Neste verso comparece a preposición en nunha crase coa voz anterior (habitualmente coita e dia), tal como se rexistra esporadicamente no corpus; en calquera caso, esta crase ten unha maior presenza no Cancioneiro da Ajuda, que nalgúns casos a presenta fronte a B, que mantén a integridade de en (87.3, 133.15, 279.r1, 306.10) ou que, alternativamente, omite a preposición (70.28, 89.19, 199.14). Véxanse tamén 28.14, 43.20, 59.3, 60.7, 83.19, 133.2, 138.7 e 9, 141.9, 154.r1 e r3, 155.7, 263.6, 267.2, 270.19, 282.8, 388.5390.2, 395.7, 460.4, 465.10, 804.7, 1062.10, 1080.1, 1145.23 e 1420.11. Cfr. nota a 6.4.

  • 9

    No Cancioneiro da Ajuda detéctanse algúns casos de confusión de sibilantes, probabelmente un fenómeno gráfico sen transcendencia fonolóxica. Igual que <pessar> neste verso, véxanse outras formas como <dessamar> desamar (66.21), <dessamparado> desamparado (317.21), <oussasse> ousasse (268.2, 275.4308.11, 313.8 e 346.3 <oussase>) e <oussen> ous’én (268.3), ou as repetidas <guissa> guisa e <guissada> guisada  (72.27, 137.32, 140.1, 2 e 5, 146.19, 147.3, 150.4, 259.18, 409.8, 692.7), <pessar> pesar (90.21, 214.21, 439.4 e 10, 441.6, 12 e 18), <quissesse> quisesse (199.27, 407.10), <quisso> quiso (407.11) e <quisser> quiser (71.18, 692.13). Véxanse tamén notas a 69.7, 80.10, 88.15 e 89.2.

  • 20

    Partindo da xeral crase ou sinalefa na secuencia me ei, Nobiling introduce despois da forma verbal o suxeito eu, ausente do manuscrito; porén, non é universal a crase e/ou sinalefa de me (véxase nota a 323.1).
    O verbo morrer en principio non é un verbo pronominal; porén, nas cantigas profanas detéctase ese carácter nunhas poucas pasaxes (véxase tamén 511,7, 757.7, 758.11, 1005.11, 1065.1, 1097.9, 1235a.3, 1235b.3, 1474.8, 1590.4). Na prosa, tamén aparece esporadicamente algún uso pronominal do verbo morrer, por exemplo nas traducións galegas da General Estoria (véxase Martínez López 1963: 34) e da Crónica de Castilla e mais da Estoria de España (véxase Lorenzo 1975: 727), na Crónica Geral de Espanha de 1344 (véxase Cintra 1952-1990: III, 266), ou na Crónica de D. João I (véxase Fernão Lopes 1994: 396).

Rechercher
    Aucun résultat trouvé