633 [= RM 33,7]
Ouç’eu dizer ũu verv’aguis[a]do

Ouç’eu dizer ũu verv’aguis[a]do:
que «ben e mal sempre na face [v]en»;
e verdad’é per com’end’a mí aven
d’ũa dona u tod’est’ei osmado,
ca de quanto ben na sa face vi
ven end’, amigos, tanto mal a mí,
per que o verv’en meu dan’é provado.
[D]a sa bondade e seu prez mui loado
e sa mesura nen do seu bon sén
non mi ven mal, mais d’outro mui gran ben
que eu, amigos, polo meu pecado
na sa fremosa face conhoci:
por quanto mal end’a min ven d’ali
está o verv’en meu dan’acertado.
[De] mazel’e grand’afan e cuidado
e gran coita que m’aficado ten,
de tod’est’a min non fal ende ren,
por qual doaire (quan ben apostado!)
na sa face fremosa conhoci
con gran beldade, amigos: e assi
en meu dan’é o verv’afaçaiado.
[E] des enton, amigos, entendi
que este vervo, que eu sempr’ouví,
é con verdad’en [meu] dan’acabado.
 
 
 
 
5
 
 
 
 
10
 
 
 
 
15
 
 
 
 
20
 
 
 
 

Manuscrits


B 618, V 219

Éditions


I. Edicións críticas: Nunes (1972 [1932]: 219-220); Radulet (1979: 76 [= LPGP 269-270]); Littera (2016: I, 284-285).
II. Outras edicións: Monaci (1875: 85-86); Braga (1878: 44); Machado & Machado (1952: III, 266-267).
III. Antoloxías: Alvar & Beltrán (1989: 362); Ferreiro & Martínez Pereiro (1996b: 57); Arias Freixedo (2003: 890-891); Magalhães (2007: 118); Mongelli (2009: 84); Souto Cabo (2017: 81).

Variantes manuscrites


1 Ouç’eu] O ouceu BV   2 face [v]en] facee B : fate ē V   3 a mí] amī V   4 d’ũa] hūa B : dhūa V   5 quanto] Quando B : qn̄do V   6 a mí] amī B   7 dan’é] dame V   8 loado] leado V   10 gran]  g̃ra B   13 quanto] quando B : qn̄do V; d’ali] dalij BV   14 Esta < + > meu danac̄ cado B : esta om̄auem meu danat̃ tada V   15 mazel’] Ase mal B : Ma sel V   16 gran] g̃ra B; ten] cem B   17 tod’] rod V; a min non fal ende ren] āmī no < + > B : ā mi nō falgerreui V   18 doaire] do\a/ire B   19 sa face fremosa conhoci] se face fr̄mosa conhoţi V   21 afaçaiado] a facayado BV   22 enton] ençō B; amigos] amigoꝯ   24 acabado] a cabada V

Variantes éditoriales


1 Ouç’eu] O ouç’eu Radulet : Ouç[o] eu Littera; ũu] um Littera    3 e verdad’é] é verdade Nunes; mí] min Nunes   4 ũa] ua Littera   6 mí] min Radulet   13 por] per Littera   15 mazel’] masel’ Nunes, Littera   17 est’] este Radulet   18 doaire] doair’e Littera; quan] tam Nunes   21 afaçaiado] asegurado Nunes : afaçanhado Radulet

Paraphrase


(I) Escoito eu dicir un oportuno proverbio: que «o ben e o mal sempre vén no rostro»; e é verdade por como iso me acontece a min cunha dona en que todo isto percibín, pois de canto ben vin na súa face me vén por iso, amigos, tanto mal a min que o proverbio no meu dano se ve probado.

(II) Da súa bondade e da súa moi louvada valía e da súa mesura e do seu bo xuízo non me vén mal, mais si doutro gran ben que eu, amigos, pola miña desgraza percibín na súa fermosa face: por todo canto mal me a min vén por iso de alí o proverbio no meu dano se cumpre.

(III) De pena e de grande afán e preocupación e de gran coita que me ten atormentado, de todo isto a min non me falta nada, por esa xentileza –que ben disposta!– que na súa fermosa face coñecín con gran beldade, amigos: e así no meu dano o proverbio é confirmado.

(1) E desde entón, amigos, entendín que este proverbio, que eu sempre ouvín, con verdade se cumpre no meu propio sufrimento.

Métrique


Esquema métrico: 3 x 10’a 10b 10b 10’a 10c 10c 10’a + 10c 10c 10’a (= RM 161:137)

Encontros vocálicos: 3 míaven; 8 bondadee; 20 beldade,amigos

Notes


Texte
  • 1

    Ambos os dous manuscritos comezan o verso cun <Oouceu> en que se percibe a repetición da vogal inicial de Ouço. Porén, Radulet respecta a lección de BV e inicia o verso cunha imposíbel forma pronominal; a alternativa editorial sería considerar un erro <o>/<e>, frecuente no corpus, de modo que a cantiga fose iniciada por unha copulativa (o cal condicionaría a medida unisilábica de ũu, véxase nota a 114.15): E ouç’eu ...

    Canto ao vervo ‘proverbio popular’ que aparece repetidamente na cantiga, tamén se rexistra como elemento importante noutras composicións, con frecuencia no sintagma verv’antigo1  (Filgueira Valverde 1992: 168-169). Véxase 697.16, 1124.4, 1312.4, 1389.2, 1407.19, 1521.7, 1640.4.

  • 5

    Ao longo do corpus áchanse algunhas confusións de copia entre quando e quanto (véxase tamén o v. 13), facilmente detectábeis cando algún dos manuscritos achega o texto correcto (véxase, por exemplo, 166.10, 423.5, 599.14 ou 624.12), mais de carácter por veces incerto cando existe coincidencia na lección dos apógrafos (633.5 e 13, 1186.14, 1279.3).

  • 11

    Neste contexto pecado significa ‘desgraza, infortunio, castigo’, valores presente tamén en 33.3, 936.10 e 1228.9, 1429.15, 1555.13).

  • 15

    Emendamos as corrompidas leccións de BV para mazela (<LV macĕllam, de macŭlam) ‘dor, mágoa’ (tamén en 1585.14), pois a forma masela, fixada en Nunes e Radulet, constitúe un unicum gráfico na lingua medieval (véxase CGPA, s.v. *masela, mazela): a grafía debe ser produto dun erro de copia, similar a outras formas do tipo <fasedes> B fazedes (500.16), <lasero> V lazero (982.26) ou <uaso> BV vazo (1402.16).

  • 21

    O participio afaçaiado ‘relatado como se fose unha fazaña’ contrasta con afaçanhado (1487.4) e ambos representan a dupla evolución de -n- latino cando a consoante nasal vai seguida de iode (cfr., tamén façanha vs. façãia ~ façaia; véxase CGPA, s.v. façãya, façaya etc.): palatalización ou, menos frecuentemente, desaparición dese elemento (véxase Ferreiro 1999: §108). Véxase nota a 103.1.

  • 22

    É relativamente frecuente a omisión da copulativa inicial de estrofa (e de verso) ou de fiinda nos manuscritos, que nos permite neste caso restaurar a isometría versal. Casos semellantes, en fiindas, documéntanse en 274.19, 287.19, 398.22, 527.19, 578.19, 581.19, 841.19, 1019.22, 1020.19, 1051.19, 1057.19.

  • 24

    En face da forma maioritaria oir, como evolución xeral de audire na lingua trobadoresca (véxase Ferreiro 1999: §211a), a variante ouvir é de uso limitado no corpus (véxase 384.17, 633.23, 764.15, 804.15, 968.4, 1055.9, 1233.12, 1322.13, 1346.22, 1361.3, 1522.4), tendo en conta que a P1 de presente indicativo (ouço) e o presente subxuntivo (ouça etc.) son formas únicas. Cfr. nota a 618.10.

  1. ^

    Na Crónica Geral de Espanha de 1344 recibe o nome de palavra antiga, sinónimo do sintagma consagrado na lírica trobadoresca: querote dizer hũa palavra antiga que diz assy: «Sempre homem merca bem com o torpe e com o coytado» (Cintra 1952-1990: III, 383).

Rechercher
    Aucun résultat trouvé