382 [= RM 9,9]
Pois que vós per i máis valer cuidades

Pois que vós per i máis valer cuidades,
mal vos quer’eu conselhar, mia sen[h]or;
pera sempre fazerde-lo peior,
quero-vos eu dizer como façades:
amad’aquel que vos ten en desden
e leixade min que vos quero ben,
[e] nunca vós melhor fus[o] enchades.
Al vos er quero dizer que faredes,
pois que vos ja mal ei de conselhar;
pois per i máis cuidades acabar,
assi fazede como vós fazedes:
fazede ben sempre a quen vos mal faz
e matade min, sen[h]or, pois vos praz,
e nunca vós melhor mouro matedes.
Ca non sei omen que se mal non queixe
do que m’eu queixo, d’aver sempre mal,
por én dig’eu con gran coita mortal:
aquel que vos filhou nunca vos leixe,
e moira eu por vós com’é razon,
e, pois ficardes con el des enton,
coçar-vos-edes con a mão do peixe.
Do que diran pois, se Deus vos perdon,
por vós, sen[h]or, quantos no mundo son,
leade todo e fazed’end’un feixe.
 
 
 
 
5
 
 
 
 
10
 
 
 
 
15
 
 
 
 
20
 
 
 
 

Manuscritos


B 414, V 25

No final de B, como se fose o derradeiro verso desta composción, aparece  copiado o v. 1 da cantiga seguinte (onhocedes a douzela).

Edições


I. Edicións críticas: Nunes (1972 [1932]: 35-36 [= LPGP 105]); Lopes (2002: 472); Arbor Aldea (2001: 206-207); Longo (2003: 117-118); Littera (2016: I, 71-72).
II. Outras edicións: Monaci (1875: 17); Braga (1878: 5); Michaëlis (2004 [1896-1905]: 513-514); Machado & Machado (1950: II, 225-226); Rios Milhám (2018: II, 382).

Variantes manuscritas


1 que] q̄e BV; máis] mays de BV; cuidades] euydades V   2 vos] uos BV; sen[h]or] semʳ B : cem̃ V   3 ꝑa semꝑ fezerdelo peyō B : ꝑa semꝑ fezerdelo peyor V   4 vos] uos BV; eu] en B; façades] facades B : facodes V   5 vos mal faz] uos mal fez BV   6 min] om. V; vos] uos B : nos V   8 vos] uos BV   9 vos ja] uos la BV   10 cuidades] caydades V; acabar] Acobar B   11 assi] Alli B   12 sempre] senꝑ BV; vos] nos B : uos V; faz] fez BV   13 matade min, sen[h]or] matode nū cem̃ V; vos] uos BV   14 melhor] molhor BV   15 non] nā BV; sei] ley B; queixe] q̄yre B : q̄yx̄e   16 queixo] q̄yco B : q̄yeo V; d’aver] doū B; sempre] senꝑ BV   17 dig’eu] daguen B : dignen V; mortal] moytal B   18 vos] uos BV; filhou] filhon V; leixe] lexxe V   19 razon] a razō B : arazō V   20 enton] ento V   21 coçar-vos-edes con a mão] cocar uos edes cō a maāo BV; peixe] pixe V   22 diran] ditā B; vos] uos B; perdon] perdem V   23 quantos] q̄ntoy V; mundo] mando BV   24 leade] deade B : da de V; un feixe] hiū teyxe BV

Variantes editoriais


1 que] om. Arbor Aldea, Longo; máis] máis de Arbor Aldea, Longo   3 fazerde-] fezerde- Longo   6 leixade] leixad’[a] Lopes, Littera   7 [e] nunca vós melhor fus[o] enchades] [e] nunca vós melhor [en]fus’enchades Nunes, Lopes, Littera :  [e que] nunca vós melhor fus’enchades Arbor Aldea   12 sempre] sempr’ Nunes, Lopes, Arbor Aldea, Littera   13 min] mi Lopes, Littera   15 omen] home Arbor Aldea; mal] mais Nunes   18 vos] vus Longo   19 razon] a razon Longo   21 mão] mãao Nunes   24 leade] dade Nunes, Longo : [a]tade Lopes, Littera : liade Arbor Aldea; feixe] peixe Nunes

Métrica


Esquema métrico: 3 x 10’a 10b 10b 10’a 10c 10c 10’a + 10c 10c 10’a (= RM 161:121)

Encontros vocálicos: 12 semprea; 24 todoe

Notas


Texto
  • *

    Cantiga de amor fronteiriza co escarnio, especialmente polas sutís referencias dos vv. 7, 14 e 21.

  • 1

    A hipermetría versal, por unha banda, e a inexistencia da expresión máis de valer orientan para a expunción da preposición de en vez da conxunción que (Arbor, Longo), de modo que fica un verso moi similar a porque cuidades máis valer per i, de Joan Airas (1027.10).

  • 6

    O pronome min (tamén no v. 13), como as restantes formas pronominais tónicas oblicuas (mí ~ min, ti, nós, vós, el ~ ela), pode aparecer como complemento directo sen preposición, como forma libre, con algunha frecuencia na lingua trobadoresca.

  • 7

    A solución métrica do verso máis económica semella a proposta en Longo, coa reintegración da copulativa inicial e a restauración da vogal final de fuso. Ademais, esta solución é condicente co verso simétrico da estrofa II: [e] nunca vós melhor fus[o] enchades (v. 7) / e nunca vós melhor mouro matedes (v. 14).
    Encher o fuso debe constituír un proverbio ou dito popular cuxos rastros fican en cantares como o seguinte:

            A miña roca empenada,
            o meu fuso por encher,
            a miña sogra enterrada,
            o meu home por nacer
    (Cabanillas 1951: 100).

    O seu significado, por tanto, debe ser ‘conseguir o obxectivo, rematar a tarefa’.

  • 12

    A rima en -az (praz) esixe modificar a lección <fez> dos manuscritos.

  • 14

    Nótese, de novo, a probábel presenza doutro proverbio que talvez signifique o mesmo que encher fuso (v. 7). Cfr. o seguinte texto de António Prestes (Auto da Ave Maria, vv. 1426-1429), do século XVI1 :

            Mais tem, que sem matar mouro
            nem pagão
            nem suar nada seu pão
            sem ser Mina, o hão por ouro.

  • 19

    A expunción de <a> de modo que transpareza a xeral frase verbal seer razon (coas variantes seer con razon e seer de razon) resolve a hipermetría versal.

  • 21

    A frase proverbial recollida neste verso, cuxo significado non se percibe con total clareza, parece indicar que non vai ter quen a ‘acariciase’ (o peixe non ten mans), aínda que Mariña Arbor suxire prácticas autoeróticas femininas a partir de coçar ‘rascar, acariciar’ e o uso que se lle daba a algún tipo de peixe. Neste sentido, os vv. 7 e 14 poderían ter unha segunda lectura, tamén de carácter erótico, cunha alusión ao órgano sexual masculino en fuso e a manter relacións sexuais cun home inferior en matar mouro.

    De todos os xeitos, coçar significa ‘ter cópula con’ no Cancioneiro Geral de Garcia de Resende (véxase Dias 2003: VI, s.v. coçar), sentido confirmado por diversas pasaxes do antecitado cancioneiro: 

    eu sei bem que vos coçava
    e que quando m’aprazia, 
    em osso vos cavalgava (Dias 1990: I, 19).

    Por súa parte, mão, como outras voces terminadas en -ão e en -ao (nomeadamente mao, véxase nota a 485.20), presenta nos apógrafos italianos a forma gráfica <aāo> ou <āao>, con duplicación vocálica característica destes encontros vocálicos, presente na escrita galego-portuguesa desde os seus inicios e con frecuencia progresiva nos textos finais da Idade Media.

    De feito, ao longo do corpus das cantigas <-aão>, con algunhas variantes e/ou lapsos de copia, rexístrase en alão (1450.2), mão (461.26, 1118.11, 1314.8, 1387.5), cristão (1119.21), Foão (1338.1), irmão (1118.18), temporão (1471.13), verão (1624.5) e vilão (115.30, 1592.5).

  • 24

    A pesar do constante uso de liar ‘ligar, atar, prender’ (456.11, 920.5, 1205.14, 17, 19 e 22) e liado (1359.4), os manuscritos apuntan á forma lear, descendente lexítimo (documentado tamén na lingua moderna), a lección de B apunta á forma lear, do lat. lĭgāre. O erro <d>/<l> que aparece noutras pasaxes: <t’lhadas ed’s> B trilha-las-edes (457.13), <eda> V ela (865.28), <da> V (1451.6), <filhado> B filha-lo (1504.3), <deiteyra> B leiteira (1530.12).
    O verso, coa expresión fazer un feixe, deberá significar, pois, ‘atade todo e facede un feixe’.

  1. ^

    Centro de Estudos de Teatro, Teatro de Autores Portugueses do Séc. XVI - Base de dados textual [on-line] <http://www.cet-e-quinhentos.com/>

Procurar
    Não foram encontrados resultados