38 [= RM 47,26]
Que cousiment’ora fez mia senhor

Que cousiment’ora fez mia senhor
que me non quis leixar morrer d’amor,
ca ja, entanto com’eu vivo for,
averei sempre que lhi gradecer,
ca me mostrou o seu bon parecer
e non me quis le[i]xar d’amor morrer!
Sempr’eu a Deus por mia morte roguei
gran sazon e máis nunca o farei
mentr’oer esta senhor que oj’ei,
nen ja Deus nunca m’outra leix’aver,
ca me mostrou o seu bon parecer
[e non me quis leixar d’amor morrer].
 
 
 
 
5
 
 
 
 
10
 
 

Manuscritos


B 64

O refrán da segunda estrofa (o v. 1) foi copiado como se fose o inicio dunha nova estrofa.

Ediciones


I. Edicións críticas: Michaëlis (1990 [1904]: I, 692 [= LPGP 325]); Littera (2016: I, 358).
II. Outras edicións: Molteni (1880: 21); Machado & Machado (1949: I, 84); Rios Milhám (2017: I, 38).

Variantes manuscritas


2 morrer] moirer B   6 morrer] moirer   9 mentr’oer] ment’u oer B; oj’ei] ogev B

Variantes editoriales


9 mentr’oer esta senhor que] mentr’eu oer’ esta senhor qu(e) Michaëlis : mentr'houver esta senhor que Littera

Paráfrasis


(I) Que axuizadamente obrou a miña señora, que agora non me quixo deixar morrer de amor, pois xa mentres eu vivo for terei sempre que lle agradecer, porque me mostrou a súa bela figura e non me quixo deixar morrer de amor

(II) Sempre eu roguei a Deus pola miña morte desde hai moito tempo e xa nunca máis o farei mentres eu tiver esta señora que hoxe teño, nin Deus nunca me deixe ter outra, porque me mostrou a súa bela figura e non me quixo deixar morrer de amor.

Métrica


Esquema métrico: 2 x 10a 10a 10a 10b 10B 10B (= RM 19:14)

Notas


Texto
  • 1

    Cousimento ‘discreción, siso’ é voz de orixe provenzal usada con relativa frecuencia, fundamentalmente nas cantigas de amor (36.26, 110.4, 116.22, 117.15 e 18, 156.2, 978.2, 1062.11, 1408.12), xunto cos verbos cousir e cousecer (véxase Glosario, s.v.), da mesma familia semántica e de amplo uso no corpus trobadoresco. Véxase García-Sabell Tormo (1991: 103-105).

  • 6

    As formas como le[i]xar e que[i]xar (e derivados), con aparente absorción da vogal palatal por parte de /ʃ/, son certamente esporádicas no corpus (só en 371.27; 637.1, 726.1, 791.61319.3, 7 e 14; 1547.20), e son produto de omisións por parte dos copistas: <quexume> A, <queixume> B queixume (238.3); <lexedes> A, <leixedes> BV lexedes (387.9); <quexume> B, <queixume> V queixum’e (785.2); <lexou> B, <leixou> V leixou (989.30), <lexou> B, <leyxou> V leixou (1319.7), <lexad> B, <leixad> V leixad[e] (1365.2).

  • 9

    A hipermetría versal só pode resolverse mediante a expunción do pronome eu, moitas veces adventicio, de modo que se evite a crase ou sinalefa de que, sistematicamente rexeitada na poética trobadoresca (véxase Ferreiro 2009; cfr. nota a 18.23): así se verifica nos apógrafos italianos (B vs. A: 74.5, 85.16, 177.9282.10, 306.9; BV vs. A: 420.14 e 17; V vs. B: 1597.1), mais tamén, por exemplo, nunha ocasión en A (vs. B), en 228.7

    Por outra banda, o radical xeral para os tempos de pretérito de aver é ouv-, como resultado da metátese de wau e fricativización de -b- a partir do radical latino habu-. Ora ben, -b- intervocálico tamén pode desaparecer (Ferreiro 1999: §54c), como mostran diversos resultados que proban esta evolución diverxente nos tempos de pretérito de aver. Para alén de ouer (10.18), así acontece coas formas oer, oera e oesse presentes no corpus, sempre a partir das leccións dos apógrafos italianos, por o Cancioneiro da Ajuda sempre presentar a forma ouver (e afíns): se mi-o logo a tolher oer / mia vezinha (11.27), se vos eu oesse desamor (23.13), mentr’eu vosso desamor oer (23.32), pois eu esto feito oer (29.19), U lhi conven, oera de tornar (45.8), quand’eu de vós oer / desamor (46.23), pois que lh’esto feit’oer (96.8), quen vos oer a desejar (107.18), pois end’o poder oer (561.6), farei eu por vós quanto fazer oer (725.26), poi-la dona seu amig’oer (759.15), pois eu oer / por mia senhor mort’a prender (1064.13). A estas ocorrencias aínda hai que lles acrecentar aqueloutras en que os apógrafos italianos presentan esta variante fronte ao resultado maioritario en A: 66.15 (ouvesse A vs. oess(e) B); 64.465.22, 68.11, 81.18141.6 (ouver A vs. oer B); 363.16 (ouver A vs. oer BV). Véxase tamén notas a 10.18 e 372.4. Cfr. notas a 130.23 e 534.4. Véxase Ferreiro (2016a: 119-127).

Buscar
    Sin resultados